Seguro para animais domésticos

Descubre os distintos tipos de cobertura dos seguros para mascotas.
Os cans, gatos e outros animais domésticos son para os seus donos un membro máis da familia, alguén a quen coidar e que ofrece a cambio cariño, fidelidade e compañía. Por este motivo, moitos fogares deciden contratar un seguro para animais domésticos que lles garanta os coidados do seu mellor amigo e poida cubrir tamén as responsabilidades derivadas do comportamento destes. Así, os seguros para mascotas contemplan tanto as necesidades do animal como as da familia coa que convive e, ao mesmo tempo, cobren posibles continxencias ou inevitables situacións de perigo en que os animais de compañía se poden ver involucrados aínda sen sabelo.
Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

O comportamento do animal e a responsabilidade civil

Por moi domesticados que estean os animais, sempre existe un certo risco de que poidan causar danos a outras persoas, ben sexan danos persoais derivados do comportamento agresivo do animal, ben sexa en forma de danos causados á propiedade allea. Por este motivo, moitos donos de mascotas deciden contratar un seguro de responsabilidade civil que cubra os gastos que poidan derivar deste tipo de comportamentos. Existen seguros obrigatorios para aqueles supostos contemplados na lei como “animais potencialmente perigosos”, os cales están suxeitos a regulacións municipais e autonómicas xa que se considera que poden supor un perigo para a comunidade. Aínda que a lexislación varía entre unha comunidade e outra, hai oito razas de cans que se consideran potencialmente perigosas en todo o territorio nacional: o Pit Bull Terrier, o Staffordshire Bull Terrier, o American Staffordshire Terrier, o Rottweiler, o Dogo Arxentino, o Fila Brasileiro, o Tusa Inu e o Akita Inu. Os gatos e outras mascotas comúns non están incluídos dentro desta categoría, polo que non é obrigatorio contratar un seguro de responsabilidade civil para estes animais. Canto ás mascotas exóticas, hai que dicir que están sometidas a lexislación específica, que regula as obrigas relacionadas coa súa posesión e coidados.

Cobertura de gastos veterinarios

Unha das razóns pola que moitos dos fogares onde hai unha mascota deciden contratar un seguro é para poder cubrir os gastos derivados das posibles enfermidades do animal. Estes seguros poden incluír consultas, probas, intervencións cirúrxicas e gastos relativos ao postoperatorio, pero non adoitan incluír vacinas ou atención preventiva. O que si é común en moitos seguros deste tipo é a posibilidade de contactar cun asesor veterinario durante as 24 horas do día para realizar consultas sobre a saúde do animal e os seus coidados.

Outro tipo de incidencias que cobren os seguros para animais de compañía

Ademais dos gastos veterinarios ou os derivados da responsabilidade civil, moitas pólizas tamén cobren outras posibles incidencias relacionadas coas mascotas, como poden ser o roubo, o extravío, os tratamentos dentais ou o sacrificio e incineración do animal. Ademais, os seguros máis completos ofrecen servizos de transporte ou gardaría e pódense facer cargo dos gastos de aloxamento do animal nunha residencia especializada en caso de que o seu dono estea doente ou hospitalizado e non o poida atender. Para contratar un seguro veterinario, é preciso que o animal estea en boas condicións de saúde e cumprise coas recomendacións de vacinación oficial. Se a mascota ten enfermidades previas á contratación do seguro, é vello, ou se a súa enfermidade ou accidente está causada por descoido ou neglixencia do dono, a compañía aseguradora non se fará cargo dos gastos derivados do coidado da súa saúde.
Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Como se calcula a prima dun seguro para animais domésticos

Para calcular a prima e as condicións dun seguro para animais domésticos, as compañías aseguradoras teñen en conta factores como a idade, a raza e o valor do animal ou o seu pedigree. Tamén consideran o tipo de animal de que se trata e distinguen entre animais comúns ou exóticos. Por último, tamén hai compañías que utilizan o peso do animal como un factor engadido no cálculo da prima. Hai que ter en conta que os seguros dos animais domésticos están deseñados principalmente para cans e gatos, e que os animais exóticos, os cabalos ou outras especies que non se consideran como de compañía non están contemplados por este tipo de seguros e pertencen a unha categoría distinta.

En resumo, un seguro de animais domésticos permite cubrir moitos dos gastos imprevistos relacionados co comportamento e o coidado das mascotas e dá aos seus donos a garantía de que os seus compañeiros favoritos sempre estarán ben atendidos. Entra en bbva.es para consultar a información sobre os diferentes seguros para animais domésticos que no BBVA pomos á túa disposición e protexe a túa mascota como se fose un máis da familia.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.