Seguro para cans obrigatorio, en que consiste

Todo o que tes que saber sobre os seguros para cans.
No momento no que adquires un can, sabes que a túa calidade de vida pode mellorar de forma considerable. No entanto, moitas das alegrías e bos momentos que acompañan a chegada deste compañeiro á túa vida pódense ver escurecidas por situacións inesperadas nas que a túa mascota se vexa involucrada, sobre todo se pertence a unha raza perigosa. Nese sentido, algúns animais deben contar cun seguro para cans obrigatorio que se faga cargo das responsabilidades coas que debe cumprir o dono por posibles imprevistos vinculados ás accións do animal. Neste artigo podes encontrar información sobre todas as obrigas vinculadas a esta normativa e como cumprilas.
Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Que é a responsabilidade civil e como afecta aos donos de mascotas

A responsabilidade civil pode definirse en termos xerais como a obriga de reparar os danos ou prexuízos ocasionados a outra persoa derivados da actuación propia ou daquilo do que se deba responder.

O Código civil no artigo 1905 dispón: “O posuidor dun animal, ou o que se serve del, é responsable dos prexuízos que causar, aínda que fuxa ou se extravíe. Só cesará esta responsabilidade en caso de o dano provir de forza maior ou de culpa do que o sufrise.”

Nun contrato de seguro de responsabilidade civil o asegurador fica obrigado, dentro dos límites establecidos pola lei e no propio contrato, a cubrir o risco do nacemento, a cargo do asegurado, da obriga de indemnizar a un terceiro os danos e perdas causados por un feito previsto no contrato de cuxas consecuencias sexa civilmente responsable o asegurado.

Ao obrigar os donos de cans a contrataren un seguro para mascotas, asegúrase, conforme ás condicións do contrato, que se poida facer fronte ás compensacións que poidan derivar desta responsabilidade civil. Desta forma, os posibles prexudicados polas accións do animal poden recibir unha compensación económica que cubra os gastos médicos ou persoais derivados de feridas corporais, así como dos posibles danos materiais causados pola mascota. Ademais, este tipo de seguros cobre tamén os gastos de asistencia e asesoramento xurídico derivados dos procedementos legais en que poida verse involucrado o dono do animal debido á conduta deste.

Hai que ter en conta que para que o seguro se faga cargo dos gastos derivados da responsabilidade civil, o dono do animal debe tamén cumprir co resto das obrigas descritas na normativa. Estas obrigas inclúen, entre outras, inscribir a mascota no Rexistro de animais potencialmente perigosos, comunicar a súa perda ou extravío ou utilizar correas e bozos homologados cando o can se encontre nun espazo público.

Quen ten obriga de contratar un seguro para cans

Nas comunidades de Madrid e o País Vasco é obrigatorio contratar un seguro para cans, sexa cal for a súa raza. No resto de España só é obrigatorio contratar un seguro de responsabilidade civil para cans no caso de que estes estean clasificados como “potencialmente perigosos”. Trátase dunha categoría que conta con distintas definicións en función de cada comunidade autónoma, pero que inclúe sempre, como mínimo, as oito razas recollidas no Real decreto 287/2002, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Os cans incluídos nesta categoría son o Pit Bull Terrier, o Staffordshire Bull Terrier, o American Staffordshire Terrier, o Rottweiler, o Dogo Arxentino, o Fila Brasileiro, o Tusa Inu e o Akita Inu.

Ademais destas razas, tamén se pode considerar potencialmente perigoso —e, polo tanto, suxeito ao seguro obrigatorio— outro tipo de animais da especie canina cuxas características se correspondan coas determinadas no Real decreto mencionado anteriormente. Pola súa parte, cos animais de comportamento agresivo ou que xa tiveron episodios violentos no pasado, o potencial perigo terá que ser apreciado pola autoridade competente e, nese caso, os donos teñen a obriga de contrataren un seguro de responsabilidade civil.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Outras coberturas dos seguros para cans

Ademais dos seguros de responsabilidade civil, moitas compañías aseguradoras ofrecen seguros para mascotas que cobren non só os danos a terceiros, senón outra serie de gastos relacionados cos coidados do animal. Dependendo do seguro que se contrata, esta cobertura pode incluír compensacións en caso de extravío ou roubo, custos veterinarios do animal (incluído o sacrificio deste) ou o pagamento dunha residencia canina no caso de que o dono deba ser hospitalizado e non se poida facer cargo da mascota. Algúns seguros inclúen tamén, dentro da cobertura veterinaria, teléfonos de atención ao cliente onde o dono do can pode recibir asesoramento dun veterinario.

Para contratar este tipo de seguros con cobertura máis ampla, é preciso que o animal cumpra cunha serie de condicións: ser menor de nove anos e estar en perfecto estado de saúde, ademais de contar con toda a documentación pertinente en termos de regulación obrigatoria (censo, microchip, vacinas ao día, libro de orixe no caso de que teña pedigree, etc.).

Se o teu can pertence á categoría de animais potencialmente perigosos, ou simplemente se estás interesado en contratar un seguro para mascotas, recomendámosche que descubras os distintos seguros para mascotas que pomos á túa disposición. Escolle a cobertura que máis se adapte ás túas necesidades e ás características do teu animal de compañía.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.