Que vantaxes fiscais teñen os coches híbridos?

Estas son as axudas, e outros beneficios, que podes obter coa adquisición deste tipo de vehículos.

Os coches híbridos están ocupando cada vez máis espazo no parque automobilístico español. As súas melloras tecnolóxicas fan que o seu rendemento sexa maior ao tempo que se reduce o seu gasto, ademais de conseguir que contaminen menos, que sexan máis silenciosos e que sufran menos avarías mecánicas (o que implica que se necesita menos mantemento). 

A contrapartida a estes beneficios encóntrase no seu prezo, xa que son máis caros ca os modelos de diésel e gasolina. Por iso, e para animar os condutores a comprar, desde o Goberno e as comunidades autónomas están a se impulsar vantaxes fiscais para estes coches híbridos.

Báner Superior Coches Ecolóxicos Báner Superior Coches Ecolóxicos
Préstamo Coche Ecolóxico
Benefíciate de condicións especiais á hora de comprar o teu vehículo.

Vantaxes fiscais dos coches híbridos

Os coches híbridos son os máis vendidos dentro dos ecolóxicos grazas, en gran medida, á mestura entre o convencional e o respectuoso co medio natural. Neste artigo, e para todos aqueles que aínda non se decidisen, expómosche as vantaxes fiscais coas que conta todo comprador deste tipo de vehículos. 

Unha das máis importantes é a redución no imposto de matriculación, que se calcula en función das emisións de CO2 do vehículo. Ao ser un coche híbrido e contaminar menos, xérase un aforro importante á hora de pagalo. O mesmo ocorre co IRPF aínda que, neste caso, só é aplicable a un tipo: o híbrido enchufable. Os seus donos poden reducir o importe ata nun 30 %. 

A última vantaxe fiscal para os propietarios de coches híbridos está no imposto de circulación. Iso si, ao ser unha taxa municipal, depende do municipio en que vivas. Segundo as súas ordenanzas, haberá unhas vantaxes maiores ou menores.

Axudas para reducir o seu prezo de venda

Ademais destas vantaxes fiscais, e para incentivar a compra deste tipo de coche ecolóxico, o Goberno dispón dunha serie de axudas que reducen considerablemente o prezo de compra final do vehículo

Plans como o VEA ou o MOVES contan con grandes orzamentos para que os condutores poidan adquirilo a menor custo. A isto únense as reducións das propias marcas, que poden atinxir os 6.000 euros.

Os privilexios de conducir un coche híbrido

Ter un coche híbrido para moverse pola cidade pode ter moitas vantaxes. Por exemplo, nas zonas de estacionamento regulado do SER contan con importantes reducións á hora de aparcar. É máis, nalgunhas delas (como sucede en Madrid) os híbridos enchufables cunha autonomía mínima de 40 quilómetros poden facelo de forma gratuíta e sen limitación horaria. 

Tamén poden circular libremente polas cidades os días que estea activado calquera protocolo de contaminación ou facer uso do carril bus-VAO sen que haxa copiloto.

Báner Central Coche Báner Central Coche
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Obtén o préstamo en liña que necesitas para comprar o teu coche novo.

Vantaxes nos préstamos

Desde o BBVA tamén queremos axudar os nosos clientes a compraren un coche ecolóxico. 

Por iso, se es do BBVA, podes pedir o Préstamo Coche Ecolóxico e aproveitarte dun tipo de xuro especial. Entra en bbva.es e infórmate.

CTA Coches Ecolóxicos CTA Coches Ecolóxicos
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.