Tipos de coches híbridos e as súas diferenzas

Analizamos os distintos modelos que se poden adquirir.

Os coches híbridos están a se converter nunha das mellores solucións á hora de conducir respectando o ambiente. Algo que é posibles grazas á combinación de dous motores: un máis convencional (de combustión interna) e outro eléctrico (por baterías). Unha forma de conseguir maior autonomía eléctrica ao mesmo tempo que se reduce o consumo de gasolina e, con iso, a contaminación. 

Así, a pregunta é: que tipo de coches híbridos hai e que os diferencia?

Báner Superior Coches Ecolóxicos Báner Superior Coches Ecolóxicos
Préstamo Coche Ecolóxico
Benefíciate de condicións especiais á hora de comprar o teu vehículo.

Principais vantaxes

Independentemente do modelo que escollas, os coches híbridos contan cunha serie de beneficios en comparación cos de gasolina ou diésel. 

Ademais de reducir considerablemente a contaminación, calcular o seu consumo de combustible ofrecerá un valor menor que o dos modelos diésel e gasolina, xeran menos ruído, o seu mantemento é menor e máis barato e son capaces de usar a súa propia enerxía reciclada. A súa única contraprestación é que son máis caros (aínda que existen axudas para reducir o custo).

Tipos de coches híbridos


Como dixemos previamente, os coches híbridos contan con dous motores. O máis habitual é que o motor de combustión interna que inclúen sexa de gasolina, aínda que existen casos en que son diésel. Con base niso, danse tres tipos: en serie, en paralelo e combinado. 

  • En paralelo: son aqueles nos que o motor de combustión e o eléctrico poden traballar tanto por separado como en conxunto para moveren o vehículo. É o sistema aplicado na maioría dos coches actuais e que se coñece tamén como semihíbrido. 
  • En serie: son aqueles que se propulsan unicamente a través do motor eléctrico. O motor convencional, neste caso, cumpre a única función de alimentar o eléctrico, carecendo de conexión mecánica coas rodas. Así, cando a batería que impulsa o coche está completa, o motor de combustión deixa de funcionar. Isto permítelle ao coche unha autonomía maior. 
  • Combinado: son aqueles que traballan con ambos os motores. O motor eléctrico funciona unicamente a baixas velocidades mentres que, a altas velocidades, os dous motores impulsan o vehículo a un tempo, o que reduce en gran medida o consumo de gasolina. 

Ademais deses tres tipos de coches híbridos, tamén é posible clasificar estes coches ecolóxicos segundo se son enchufables ou non. Para iso, hai que ver se é preciso recargar a súa batería a través da rede eléctrica.

Báner Central Coche Báner Central Coche
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Obtén o préstamo en liña que necesitas para comprar o teu coche novo.

Axudas para comprar un coche híbrido

Como apuntamos antes, un dos maiores inconvenientes hoxe en día dos coches híbridos é o seu prezo, maior que o dun convencional. Para paliar isto, o Goberno e as comunidades autónomas lanzaron varias axudas como o Plan VEA, para calquera coche impulsado con enerxías alternativas, ou o Plan MOVES, para os híbridos enchufables e eléctricos. Ademais, algunhas marcas ofrecen descontos que van desde os 1.000 € ata os 6.000 €. 

Desde o BBVA tamén queremos axudar na súa compra. Por iso, se es cliente, contas co Préstamo Coche Ecolóxico, pensado expresamente para quen que quere cambiar o seu vehículo cunhas moi boas condicións. Entra en bbva.es e infórmate.

CTA Coches Ecolóxicos CTA Coches Ecolóxicos
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.