Renting de coches eléctricos, todo o que necesitas saber

Contámosche todos os detalles desta opción de alugamento de vehículos sustentables.

Os servizos de renting triunfan fronte ás opcións máis tradicionais de adquisición de vehículos. Moitos negocios e particulares optan por esta modalidade de alugamento para poderen contar cun vehículo sen se teren que preocupar polos seus gastos de mantemento. Ademais, o renting permite ter acceso aos últimos modelos de vehículos no mercado, unha opción moi interesante agora que se están lanzando tantos vehículos eléctricos e innovadores con grandes vantaxes canto ao consumo. 

Neste sentido, escoller o renting de coches eléctricos non só ofrece a tranquilidade de ter todos os gastos cubertos, senón que supón tamén un aforro importante en carburante. Neste artigo poderás encontrar toda a información que necesitas sobre as opcións de alugamento a longo prazo para vehículos eléctricos.

Báner Superior Rénting 2 Báner Superior Rénting 2
BBVA Autorenting
Aproveita as nosas ofertas e unha ampla proposta de coches de alta gama.

As vantaxes do renting

Na actualidade, aproximadamente un 20 % dos vehículos matriculados en España pertencen á modalidade de renting. Cada vez son máis as empresas e particulares que apostan por adquirir o seu vehículo mediante este tipo de contrato, polas moitas vantaxes que proporciona ao usuario. 

O renting permite ao cliente dispor dun vehículo mediante un contrato de alugamento a longo prazo que determina a quilometraxe máxima que pode realizar o vehículo cada ano. A cambio, o cliente paga á empresa de renting unha cota mensual que tamén cobre os gastos de mantemento, seguro e impostos do vehículo (entre os que se inclúen o seguro e o imposto de circulación, a reparación de avarías, o cambio de pneumáticos, etc.) 

O renting pode supor un grande aforro para o usuario, tanto a longo como a curto prazo, xa que non require un investimento inicial nin o pagamento do custo íntegro do vehículo. As empresas ou particulares que necesiten dispor dun coche pero que non conten cos miles de euros necesarios para a súa compra, poden optar por un renting cunha cota fixa mensual de varios centos de euros. Ademais, esta cota fixa ten a vantaxe de que permite planificar con exactitude os gastos mensuais do vehículo xa que, salvo os relacionados con combustible, limpeza, estacionamento en garaxe e, tamén, pagamento de multas, están todos incluídos dentro dela. 

Alén do aforro económico, este tipo de servizos evita que se teñan que destinar horas de traballo ao mantemento e xestión dos seus vehículos.

O renting de coches eléctricos, a mellor opción

Os vehículos de renting supoñen certo aforro para os usuarios que necesitan dispor de vehículos novos ou que se queren beneficiar das vantaxes fiscais que esta modalidade ofrece a autónomos e particulares. Se ademais escollen un vehículo eléctrico, o aforro pode ser aínda maior, xa que o gasto do consumo eléctrico destes coches é menor que o do carburante dos vehículos de combustión. Os coches eléctricos de renting son, ademais, unha maneira cómoda de poder dispor destes vehículos innovadores cuxo prezo, máis elevado que o dos seus irmáns de combustión, supón unha barreira para moitos usuarios. 

En xeral, cando un condutor compra un coche eléctrico, espera que o seu investimento inicial quede totalmente amortizado (debido ao baixo custo de mantemento e ao aforro en carburante) pasados cinco anos desde a data de adquisición ou unha vez realizados os primeiros 10.000 quilómetros. Tendo en conta os grandes avances que se están a dar neste tipo de vehículos e a velocidade coa que se suceden os cambios, é probable que, unha vez transcorridos cinco anos, chegasen ao mercado novos modelos máis eficientes que deixen moi atrás o vehículo adquirido. Xa que os contratos de renting teñen unha duración de entre tres e cinco anos, son unha boa opción para cambiar de vehículo cada pouco tempo, e poder gozar sempre da tecnoloxía máis innovadora e as últimas melloras en vehículos eléctricos. 

Báner Central Rénting 2 Báner Central Rénting 2
Descubre o autorénting para empresas de O BBVA
O vehículo que necesitas a unha cota competitiva e con grandes vantaxes

Por último, outra vantaxe do renting de coches eléctricos que non hai que desdeñar é o do aforro no cambio de batería, un gasto que está incluído no contrato de alugamento do vehículo. Trátase dun desembolso importante que teñen que afrontar todos os propietarios destes vehículos nun momento ou noutro, e que pode ascender ata os 7.000 euros. 

Da man de BBVA Autorenting, podes escoller calquera tipo de vehículo (de gasolina, diésel ou ecolóxico) comercializado nun concesionario oficial do territorio español. Se queres aproveitar todas as vantaxes dos coches eléctricos sen necesidade de investir unha gran cantidade inicial nin preocuparte dos seus gastos de xestión e mantemento, entra en bbva.es e infórmate sobre todas as nosas opcións de renting hoxe mesmo.

CTA Rénting 2 CTA Rénting 2
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.