Gastos do coche eléctrico e como conseguir un préstamo

Contámosche todo o que necesitas saber sobre este tipo de vehículos e como conseguir financiamento para que poidas comprar un.

Hoxe en día, moitos valoran se comprar un coche eléctrico é rendible a longo prazo, xa que o seu prezo de compra adoita ser lixeiramente superior ao prezo dun vehículo de gasolina ou diésel. A súa gran vantaxe radica no aforro en combustible e o mínimo impacto que xeran sobre o medio natural. Neste artigo, falámosche sobre como acceder a un préstamo de coche eléctrico e os gastos asociados a este tipo de vehículos. 

Aínda que o prezo dun coche ecolóxico poida resultar, por veces, máis caro ca o dun coche de combustión, o investimento, a longo tempo, achega bastante rendibilidade, xa que facer cen quilómetros con batería eléctrica podes chegar a ser ata cinco veces máis barato ca cun motor de gasolina. Despois de cinco anos, ou unha vez superados os 100.000 quilómetros, o investimento inicial tende a quedar totalmente amortizado; é a partir de aí cando o propietario pode empezar a aforrar en comparación co uso dun coche de combustión. Xa que, na gran maioría dos casos, a compra dun coche comporta a intención de facer uso do vehículo durante máis de cinco anos, un coche eléctrico non pode ser mellor opción.

Báner Superior Coche Báner Superior Coche
Encontra o financiamento que necesitas para o teu coche
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Gastos

Un gasto importante que se debe ter en conta á hora de comprar un destes vehículos é o custo da instalación do punto de recarga na praza de garaxe, que oscila entre os 500 e os 1.000 euros. Porén, este investimento pódese subvencionar con algunhas das axudas que ofrece o Estado. No caso dunha vivenda unifamiliar, non é necesario realizar a devandita instalación, xa que abondaría con conectar unha toma de corrente de 16 amperes cun cable de recarga. De todos os xeitos, se non se quere realizar este desembolso, existen puntos de recarga repartidos polas cidades e, aínda que son escasos, aos poucos estase procedendo á instalación dun maior número deles. 

Doutra banda, é importante incluír o prezo da batería no custo do vehículo, xa que moitos concesionarios optan por excluílo. Se se adquire un vehículo eléctrico sen batería, o custo desta pode ascender a uns 7.000 euros ou, como alternativa á compra, pódese alugar por aproximadamente 100 euros ao mes.

Aforro

As institucións e os concellos de moitas cidades puxeron en marcha unha serie de medidas para incentivar a compra deste tipo de vehículos e, así, diminuír a contaminación nos grandes núcleos urbanos. En municipios como Madrid ou Barcelona, o estacionamento na zona SER é gratuíto para os coches eléctricos. Os seus condutores tamén poden dispor libremente do carril VAO —destinado a autobuses e coches con varios pasaxeiros— aínda que o coche teña un único ocupante, o que supón toda unha vantaxe á hora de conducir en grandes cidades en hora punta. 

Adquirir un coche ecolóxico tamén ofrece varias rebaixas fiscais. O imposto de matriculación, que se calcula en función das emisións de CO2 do vehículo, será bastante máis barato e incluso gratuíto para os coches menos contaminantes. Doutra banda, o imposto de circulación pode presentar rebaixas de ata un 75 % en función das características do vehículo.

Os gastos de mantemento son moito menos custosos para os vehículos ecolóxicos, xa que non dispoñen dalgúns dos elementos que necesitan mantemento nos coches de combustión, como as correas de distribución, os filtros, o embrague ou o aceite. Todo iso supón aproximadamente un 20 % de aforro en comparación co mantemento dun coche convencional.

Por último, calcular o consumo de combustible neste tipo de vehículos é sinxelo xa que se reduce a cero, xa que funcionan exclusivamente con electricidade. Isto xera un aforro considerable ao depender dunha fonte de enerxía máis económica.

Báner Central Coches Ecolóxicos Báner Central Coches Ecolóxicos
Consigue o teu coche híbrido ou eléctrico
Se queres adquirir un vehículo ecolóxico, non perdas as nosas condicións especiais.

Claves sobre os préstamos de coches eléctricos

Xa que o prezo deste vehículo pode ser máis alto ca o dun coche de diésel ou gasolina, contar con financiamento externo pode supor unha grande axuda para a súa compra. Con relación a isto, o estado ofrece unha serie de subvencións que facilitan a súa adquisición. pero son escasas e os fondos resultan bastantes limitados. 

Algunhas entidades bancarias, conscientes da importancia de incentivar un consumo máis ecolóxico, poñen a disposición dos futuros propietarios préstamos destinados especialmente aos coches eléctricos. Estes préstamos, comunmente coñecidos como préstamos ecolóxicos, adoitan ter unha taxa de xuro máis baixa e unhas comisións para pagar, se as hai, que tamén adoitan estar por debaixo daquelas correspondentes aos préstamos convencionais. Polo tanto, se por veces o prezo do coche eléctrico é maior ca o do coche de combustión, o seu financiamento pode resultarnos máis barato. menos cara. 

Para axudarche a conseguir financiamento, o BBVA ofréceche un tipo de préstamo especialmente orientado á adquisición dun coche eléctrico con condicións máis vantaxosas que o noso Préstamo Coche Online BBVA. Deste xeito, queremos axudar a todo aquel que aposte por un consumo responsable co medio natural, contribuíndo a que as nosas cidades estean menos contaminadas, co obxectivo de fomentar a mobilidade ecolóxica e mitigar o impacto do cambio climático.

CTA Coche CTA Coche
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.