Un xubilado pode traballar e cobrar a pensión?

Descubre que opcións teñen os xubilados que queren cobrar a pensión sen deixar de traballar.
Aínda que traballar e cobrar a pensión de xubilación poden parecer accións incompatibles, non sempre o son, xa que existen opcións que permiten ás persoas xubiladas continuar traballando. De feito, nun contexto de crecente esperanza de vida, cada vez existen máis medidas que velan pola viabilidade do sistema de pensións. Continúa a ler para descubrires como un xubilado pode traballar mentres cobra a pensión.
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

As excepcións á regra


Cada vez é máis frecuente o caso de traballadores que compatibilizan a pensión, ou parte dela, cun traballo por conta propia ou allea. Pode tratarse, por exemplo, de persoas cunha pensión reducida e que necesiten ingresos extra para manteren o seu nivel de vida. Ou de empresarios que queiran seguir mantendo o seu negocio despois de superada a idade de xubilación. Ou, tamén e cada vez máis, de traballadores que se queren seguir sentindo activos e achegando o seu gran de area á sociedade co seu traballo. Trátase dunha opción que, en certa medida, beneficia a Seguridade Social, polo que a lexislación prevé unha serie de circunstancias nas que as persoas xubiladas poden seguir traballando ao tempo que cobran unha parte ou a totalidade da pensión.

Para poder aproveitar esta situación, é preciso cumprir unha serie de requisitos que varían en función da actividade laboral, dos ingresos ou da situación do pensionista e que che explicamos a continuación.

Xubilación activa

Esta modalidade permite, unha vez causada a pensión de xubilación, compatibilizar o cobramento desta cun traballo por conta propia ou allea sen límite de xornada. Só se cotizará polas continxencias profesionais e por incapacidade temporal, así como un 8 % en concepto de solidariedade, 6 % o empresario e 2 % o traballador. Para acceder a esta modalidade é preciso xubilarse á idade ordinaria alcanzando o nivel de cotizacións que permitise cobrar o 100 % da base reguladora.

A regra xeral é que se compatibiliza a actividade co cobramento do 50 % da pensión de xubilación. As cotizacións realizadas durante a xubilación activa non xeran dereitos para o recálculo da pensión, que pasaría a cobrarse íntegra así que se accedese á xubilación definitiva. Non obstante, os traballadores autónomos con polo menos un traballador ao seu cargo poderán cobrar o 100 % da pensión durante a xubilación activa.

Xubilación parcial

Considérase xubilación parcial a iniciada despois de facer 60 anos, simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial e vinculada ou non cun contrato de remuda celebrado cun traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada. A redución de xornada pode estar comprendida entre o 25 % e o 85 %, dependendo da modalidade de xubilación parcial. Cando se accede a unha idade inferior á idade ordinaria de xubilación, é obrigatorio celebrar un contrato de remuda.

Xubilación flexible

A xubilación flexible permite aos xubilados que xa accederon á xubilación reincorporárense á vida laboral como traballadores por conta allea sempre que a xornada que realicen sexa de entre un 50 % e un 75 % do que sería a xornada habitual para o posto de traballo que desempeñan. Antes de iniciar a actividade, é preciso que o pensionista comunique esta situación á Seguridade Social, que aplicará unha redución da pensión proporcional á porcentaxe da xornada laboral realizada. Os traballadores que se acollan a esta medida, continuarán cotizando ata decidiren retirarse definitivamente, momento en que volverán percibir a pensión íntegra, que se recalculará tendo en conta as cotizacións realizadas durante este período de xubilación flexible.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Pensionistas que traballen por conta propia con ingresos inferiores ao SMI

A Lei xeral da Seguridade Social prevé tamén a posibilidade de compatibilizar o 100 % da pensión de xubilación co traballo realizado por conta propia, sempre que os ingresos anuais provenientes deste traballo non superen o importe do salario mínimo interprofesional establecido para ese ano. Estes pensionistas non están obrigados a cotizaren á Seguridade Social, aínda que si teñen que cumprir coas obrigas fiscais propias dos autónomos.

Aínda que non todos os traballadores que se acollen a un dos casos expostos o fan por motivos puramente económicos, é certo que contar con ingresos extra unha vez atinxida a idade de xubilación permite máis liberdade á hora de tomar unha decisión deste tipo. Unha das formas de garantir estes ingresos extra é investindo nun plan de xubilación durante a vida laboral.

Os plans de xubilación contan con importantes vantaxes fiscais e ofrecen moita flexibilidade canto á cantidade e frecuencia das achegas, polo que son adecuados para todo tipo de ingresos e perfís de aforro. No BBVA pomos á túa disposición distintos plans de pensión que che permiten planificar a xubilación en función da túa idade e dos teus obxectivos de aforro. Visita bbva.es ou achégate a unha das nosas oficinas para coñecelos e saber como te podemos axudar a afrontar a xubilación con seguridade.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?