Tipos de xubilación

Explicámosche dunha maneira sinxela as clases de xubilacións que existen

Existen diferentes tipos de xubilación que dependen da idade de acceso, de se se trata ou non de xubilación plena ou dos requisitos que reúnen os traballadores no momento de acceder á xubilación.

Xubilación ordinaria:

Á que se acollen os traballadores que acadan a idade legal que lles corresponde, que no 2017 é de 65 anos e 5 meses para quen cotizase menos de 36 anos e 3 meses e de 65 anos para quen acadase ou excedese ese nivel de cotización.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Xubilación anticipada:

En xeral, existen tres modalidades. Determinados colectivos coma persoas con certas discapacidades ou con profesións consideradas perigosas ou insalubres poden acceder á xubilación anticipada en condicións especiais.

  • Xubilación anticipada por cesamento involuntario: Require proceder dun cesamento involuntario por causas obxectivas de reestruturación empresarial e acreditar polo menos 33 anos efectivos de cotizacións. Permite anticipar a idade até 4 anos.
  • Xubilación anticipada por cesamento voluntario: Esixe atoparse en situación de alta ou asimilada á alta na Seguridade Social e acreditar polo menos 35 anos efectivos de cotizacións. Permite anticipar a idade até 2 anos.
  • Xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista: Pertence á lei anterior, aínda que se poden acoller a esta modalidade aqueles que cesaron de forma involuntaria antes de abril do 2013 e se xubilaron antes do 1 de xaneiro do 2019. Require acreditar polo menos 30 anos de cotizacións e permite anticipar a idade até 4 anos.

Xubilación parcial:

Considérase xubilación parcial a iniciada despois do cumprimento dos 60 anos, simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial e vinculada ou non cun contrato de relevo celebrado cun traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada.

Xubilación flexible:

Considérase como situación de xubilación flexible a derivada da posibilidade de compatibilizar, unha vez causada, a pensión de xubilación cun contrato a tempo parcial, dentro dos límites de xornada establecidos no artigo 12.6 do ET, coa conseguinte minoración daquela en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable. Dende o 17 de marzo do 2013, a xornada que hai que realizar oscilará entre o 50 % e o 75 % da xornada a tempo completa.

Xubilación activa:

Esta modalidade de xubilación permite compatibilizar o 50 % da pensión de xubilación cun traballo a tempo parcial ou completo, por conta allea ou por conta propia. Para poder acollerse a esta modalidade, é necesario acceder á xubilación á idade ordinaria que corresponda e acadar o 100 % da base reguladora.

Xubilación diferida:

É aquela que se produce a unha idade posterior á idade ordinaria que lle corresponde ao traballador. Esta modalidade de xubilación, en prol de favorecer a continuidade da vida laboral, está incentivada en forma de incremento da pensión, que oscila entre un 2 % e un 4 % adicional por cada ano completo cotizado máis alá da idade ordinaria.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Requisitos para xubilarse

Para acceder á pensión contributiva de xubilación deberán acreditarse dous requisitos no momento do feito causante:

  • Acreditar polo menos 15 anos de cotizacións.
  • Acreditar un mínimo de 2 anos de cotizacións no intervalo de 15 anos inmediatamente anteriores a causar o dereito.

No caso de traballadores a tempo parcial, estes requisitos axeitaranse á parcialidade global que acreditasen durante toda a súa vida profesional.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?