Que é o SOVI?

O SOVI supón o pagamento dunha pensión a aqueles traballadores que non teñen dereito ao actual Sistema de Seguridade Social

O Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) era a forma de protexer o traballador antes do actual sistema da Seguridade Social. A pesar da súa antigüidade e a súa obsolescencia na gran maioría dos casos, aínda se segue aplicando nos supostos de vellez, invalidez ou viuvez daqueles traballadores que cotizaron antes de 1967. 

Até o 2005, as pensións do SOVI estaban sometidas a un estrito réxime de incompatibilidades. Porén, o artigo 4 da Lei 3/2005 do 18 de marzo estableceu o seguinte: «As pensións do SOVI son compatibles coas prestacións económicas de carácter extraordinario que se outorguen aos cidadáns de orixe español desprazados, durante a súa minoría de idade, ao estranxeiro no período comprendido entre o 18-07-1936 e o 31-12-1939, como consecuencia da Guerra Civil española e, que pasaron a maior parte da súa vida fóra de territorio nacional». 

Tamén en 2005, concretamente coa publicación da Lei 9/2005 do 6 de xuño, permitiuse a compatibilización das pensións do SOVI coas pensións de viuvez do sistema da Seguridade Social actual.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Contía económica das pensións do SOVI e procedemento de solicitude

As pensións do SOVI supoñen unha prestación económica imprescritible, vitalicia e de contía fixa. A cantidade que se ten que percibir no 2017 está establecida en 408,10 € mensuais en 14 pagas, a condición de que non existan concorrencias con outras prestacións ou se trate da pensión por viuvez, en cuxo caso será sempre a dita cantidade. 

No caso de recibir unha pensión SOVI por vellez ou invalidez, ademais da prestación económica outorgada aos desprazados de orixe española durante a súa minoría de idade coma consecuencia da Guerra Civil, engádense outras prestacións non consideradas concorrentes. Esas prestacións compatibles adicionais tamén están reguladas pola Lei 3/2005 do 18 de marzo e son as seguintes: 

  • As pensións percibidas polos mutilados útiles ou incapacitados de primeiro grao por causa da Guerra Civil. 
  • As pensións extraordinarias derivadas por actos de terrorismo
  • Os subsidios de axuda por terceira persoa.  No caso de que existan concorrencias con outras pensións, o importe que hai que percibir pola pensión SOVI de invalidez ou vellez é de 396,20 € mensuais en 14 pagas. Agora ben, se a suma de todas as pensións concorrentes e a do SOVI correspondente é inferior á contía fixada no 2016 para a pensión concorrente, a pensión do SOVI aumentará entón un importe igual á diferenza resultante.

Doutra banda, se existe concorrencia cunha pensión de viuvez da Seguridade Social, a suma de ambas as dúas pensións non poderá ser superior ao dobre da pensión mínima de viuvez para persoas con 65 ou máis anos. No 2017, a devandita pensión de viuvez está fixada nun mínimo de 637,70 €. De xeito que, se o SOVI máis a pensión en cuestión suman máis de 1.275,40 € mensuais, o importe do SOVI reducirase até alcanzar esa cifra.

A solicitude das pensións do SOVI pódese facer en calquera centro de atención e información da Seguridade Social. Para realizar o procedemento, hai que entregar neles a seguinte documentación:

  • DNI do solicitante. 
  • Tarxeta de identificación fiscal do solicitante. 
  • Libro de familia ou certificado de matrimonio en caso de estar casado. 
  • DNI do cónxuxe e de todos os familiares maiores de 14 anos que convivan co solicitante e que estean ao seu cargo. 
  • Formulario de solicitude que encontrarás na seguinte ligazón

De maneira adicional a estes documentos, se se quere solicitar a pensión SOVI por viuvez, haberá que entregar tamén a seguinte documentación, se se dese algún dos casos:

  • Se é separado ou divorciado: sentenza de separación xudicial ou divorcio. 
  • Se houbese máis dun beneficiario da pensión: declaración de convivencia.

Requisitos para recibir algunha das pensións do SOVI

No caso da pensión do SOVI por vellez, os requisitos son os seguintes: 

  • Ter cumpridos os 65 anos, ou no seu defecto 60 se se trata de vellez por causa de incapacidade. A devandita incapacidade debe ser permanente e impedir de maneira total o desempeño da profesión habitual. 
  • Non ter dereito a ningunha outra prestación ofertada polos réximes que integran o sistema da Seguridade Social actual. Exceptuando, por suposto, a pensión de viuvez da que poida ser beneficiario. 
  • Que se estivese afiliado ao Réxime do Retiro Obreiro ou ter cotizados 1.800 días ao réxime do SOVI antes do 01/01/1967.

Para a pensión por invalidez, será necesario cumprir o seguinte: 

  • Que a invalidez sexa permanente e absoluta para a profesión do solicitante e que sexa a causa do cesamento laboral. 
  • Que non sexa derivada dun accidente de traballo ou enfermidade profesional indemnizable.
  • Acreditar 1.800 días de cotización ao SOVI antes do 01/01/1967. 
  • Non ter dereito a outra prestación da Seguridade Social actual. 
  • Ter cumpridos os 50 anos ou, no seu defecto os 30 se a invalidez é por inmobilidade total das extremidades, cegueira ou alleamento mental incurable.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

En caso de pensión SOVI por viuvez, os requisitos cambian en función de tres supostos:

  • Pensionista do SOVI con falecemento anterior ao 01/01/1967:
    • O causante debe falecer despois do 01/01/1956. 
    • O solicitante:
      • Non ter dereito a ningunha outra pensión SOVI.
      • Ter 65 anos no momento do falecemento. Se ten 50 ou máis, gárdaselle o dereito a percibir a pensión para cando cumpra os 65.
      • Levar 10 anos de matrimonio co falecido.
  • Pensionista do SOVI con falecemento posterior ao 31/12/1966: esixiranse os mesmos requisitos que para a pensión de viuvez da Seguridade Social.
  • Non pensionista do SOVI :
    • Para o causante:
      • Falecemento a partir do 01/01/1956.
      • Que se estivese afiliado ao Retiro Obreiro Obrigatorio ou acreditar 1.800 días cotizados ao SOVI antes do 01/01/1967.
    • Para o solicitante: os mesmos requisitos que para os pensionistas falecidos antes do 01/01/1967.

Todos os beneficiarios do SOVI poden optar polo BBVA para ingresar nun banco de calidade a súa pensión. Facéndoo desfrutarán de interesantes beneficios coma o aforro de comisións bancarias ou tarxetas de crédito gratuítas.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?