Solicitude de xubilación, como se tramita

Contámosche como se tramita a solicitude de xubilación e os pasos para obter a pensión cando a vida laboral chega á súa fin

A xubilación, así como a contía da pensión, os requisitos para obtela e o funcionamento desta foron sempre asuntos de interese, pois todo iso determinará a nosa calidade de vida no futuro, cando a nosa etapa laboral finalizou. Aínda que pareza algo afastado, é importante coñecer os pasos que hai que seguir e o procedemento requirido para poder acceder aos beneficios e vantaxes que nos corresponden, unha vez que chega ese momento. Descubre como se tramita a solicitude de xubilación e evita calquera contratempo que a burocracia poida ocasionar.

Coñecer como funciona o proceso servirache para aforrar tempo e problemas, aínda que a solicitude non require dun procedemento excesivamente complexo. Toda persoa incluída en calquera réxime da Seguridade Social que cumpra as condicións de idade, período mínimo de cotización e feito causante (o suceso que dá lugar á xubilación) terá dereito a solicitala. Para iso, tan só é necesario conseguir o impreso de solicitude proporcionado pola Seguridade Social e cubrilo achegando a información estipulada, como datos persoais, fiscais e de cotización.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Documentación que hai que presentar

No referente á documentación, necesitarás o teu DNI en vigor, e só o libro de familia se se solicita o “complemento a mínimos” (cando se trata dunha pensión inferior á mínima e acredítanse requisitos para ser complementada e hai un cónxuxe a cargo ou cando se aspira a bonificacións por partos e/ou coidado de fillos). O proceso de solicitude pode completarse en liña no web da Seguridade Social (Tu Seguridad Social) ou na súa sede electrónica se dispós de DNI electrónico. Así mesmo, terás que proporcionar unha conta bancaria en que se aboará a túa pensión.

Malia todo, tamén é posible acudir a calquera Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) mediante cita previa. Pode facerse igualmente a través de correo certificado, aínda que esta é unha opción cada vez menos utilizada. Actualmente, o prazo medio de espera para que a solicitude se faga efectiva é duns 19 días, aínda que legalmente pode chegar ata os 90 días.

A pensión pode ser solicitada desde tres meses antes de causar o dereito e en calquera momento posterior, aínda que os efectos económicos da pensión terán unha retroactividade máxima de tres meses.

Requisitos necesarios para solicitar a xubilación

Obviamente, para poder completar o proceso e a solicitude de xubilación, deben cumprirse unha serie de requisitos que nos permitan acceder a ela. Son principalmente tres:

  • Idade: é esencial contar coa idade requirida en cada caso, do contrario non sería posible. A devandita idade vén incrementándose progresivamente desde 2013, cando eran necesarios 65 anos, e seguirá facéndoo ata 2027, cando se requirirán 67. Non obstante, será posible seguir xubilándose aos 65 anos sen penalización sempre que se acredite un período mínimo de cotización, que desde 2027 será de 38 anos e 6 meses. No caso de xubilación anticipada, aplicarase un coeficiente redutor que dependerá dos anos cotizados polo traballador e do número de trimestres que anticipe a xubilación.
  • Período mínimo de cotización: débese cotizar durante un mínimo de 15 anos, e polo menos dous deles deben pertencer aos 15 anos inmediatamente anteriores a causar o dereito. No caso de traballadores a tempo parcial, estes requisitos axeitaranse á parcialidade que acreditasen ao longo de toda a súa vida profesional. Por exemplo, quen cotizase sempre a media xornada, deberá acreditar 7,5 anos cotizados e 1 ano cotizado respectivamente. Ademais, o número de anos cotizados determinará tamén a contía da nosa pensión. Con 15 anos cotizados obtense o 50 % da base reguladora (aspecto que marca o valor da pensión), mentres que a cifra vai aumentando progresivamente ata o 100 % se se cotizou durante 35 anos e medio. A nova normativa tamén traerá consigo que sexa necesario cotizar durante máis tempo para alcanzar ese 100 %, polo que tamén se producirá un incremento progresivo cada ano ata requirirse polo menos 37 anos cotizados en 2027 para acceder ao 100 % da base reguladora
  • Feito causante: é o suceso ou situación que permite ter dereito á xubilación. Para os traballadores en alta e en non alta, será o día do cesamento da actividade, mentres que para os traballadores en situación asimilada á alta considerarase o día de presentación da solicitude; agás en excedencia forzosa (o día do cesamento no cargo) e no caso de traslado fóra do territorio nacional (o día do cesamento no traballo).
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Planear a xubilación

Pese aos requisitos necesarios, acceder á xubilación non é obrigatorio, polo que tampouco o é a súa solicitude nun momento exacto. Isto quere dicir que a podemos planear en función da nosa situación e circunstancias fiscais, e atrasala ou optar a ela cando nos sexa máis vantaxoso. Tendo en conta que cómpre un número determinado de anos cotizados para obter o 100 % da base reguladora, é posible que, por veces, sexa beneficioso pospor a xubilación, en lugar de solicitala inmediatamente cando cumprimos os requisitos. Ademais, está incentivado seguir traballando máis alá da idade ordinaria de xubilación con ata un 4 % por cada ano completo cotizado.

Unha boa planificación pode ser a diferenza entre unha pensión máis modesta e outra máis alta, o que determinará a nosa calidade de vida para sempre. Por iso, trátase de algo importante que debemos organizar e avaliar con total minuciosidade.

Neste sentido, un plan de pensións pódese converter no complemento ideal para garantir un futuro mellor e asegurar a nosa estabilidade tras a xubilación. O tránsito á xubilación supón un impacto nas nosas finanzas persoais, xa que a contía da pensión non equivale ao salario previo a retirarse. En España, de media, a pensión supón un 80 % do último salario, pero todo apunta a que nun futuro próximo esta “xenerosidade” irase reducindo. No BBVA existe un amplísimo catálogo de plans de pensións que se adaptan ás necesidades de todo tipo de investidores. Sexa cal for a túa situación, o teu perfil de risco e as túas circunstancias fiscais, encontrarás o plan axeitado para ti. Ademais, tamén te podes beneficiar do simulador de xubilación incluíndo o plan escollido, o que che axudará a planificares a túa xubilación e a estableceres unha estratexia grazas á valiosa información que obterás.

O proceso de solicitude de xubilación é simple e rápido. Cando se cumpren os requisitos, acceder a esta nova etapa vital non comportará excesivas complicacións, aínda que é importante anticiparse aos acontecementos para garantir o mellor futuro posible. Lembra que podes visitar bbva.es en calquera momento e coñecer as diferentes opcións e posibilidades que se encontran á túa disposición. A túa xubilación vaicho agradecer.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?