Que requisitos hai que cumprir para acceder á xubilación?

Coñece as condicións para percibir a pensión contributiva de xubilación.

Cando a vida laboral chega á súa fin é o momento de recoller os réditos obtidos para gozar dunha nova etapa. Ese é o obxectivo da pensión de xubilación, un dereito ao que poden acceder todas as persoas que estivesen afiliadas á Seguridade Social, sempre que cumpran unha serie de requisitos. É fundamental coñecer con exactitude as claves da lexislación, tendo en conta que diso dependerá a posibilidade de percibir unha pensión e a contía desta. Descubre os requisitos para acceder á xubilación e planifícaa con tempo para obteres as máximas vantaxes e garantires o teu futuro. As condicións que, como norma xeral, deben cumprirse para poder solicitar a xubilación son as seguintes:

  • Idade: un concepto, sen dúbida, fundamental, xa que é necesario contar coa idade estipulada no momento da solicitude para ter dereito a acceder á xubilación. A idade legal de xubilación está aumentando de maneira progresiva desde 2013, cando se requirían 65 anos, ata quedar fixada en 67 anos desde 2027. Non obstante, é posible seguir xubilándose á idade de 65 anos sen penalización se se acredita un período mínimo de cotización, que desde 2027 será de 38 anos e 6 meses. En 2018 esíxese unha idade de 65 anos e 6 meses (65 anos para quen cotizase polo menos 36 anos e 6 meses).
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións
  • Período mínimo de cotización: débese cotizar durante un mínimo de 15 anos, e polo menos dous deles deben pertencer aos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento da xubilación. Ademais, o número de anos cotizados determinará a contía da pensión, alcanzándose o 100 % desta cando se cotizasen polo menos 35 anos e medio (37 anos desde 2027).
  • Feito causante: pode denominarse como a situación ou circunstancia que dá dereito á xubilación. Sería o día en que se produce o cesamento da actividade laboral para aqueles traballadores en alta na Seguridade Social; e o día da presentación da solicitude nas situacións de non alta e nas situacións asimiladas de alta, agás en caso de excedencia forzosa (o día do cesamento no cargo que deu orixe á asimilación) ou traslado fóra do territorio nacional (o día do cesamento no traballo por conta allea).

Situacións que posibilitan a xubilación

Xeralmente, accédese á xubilación co cesamento da actividade laboral cando se cumpriron os requisitos anteriormente indicados. Porén, non sempre é así, xa que existen outro tipo de situacións e circunstancias que poden desembocar na xubilación.

Na denominada xubilación anticipada derivada do cesamento non voluntario no traballo, o traballador accede a ela como consecuencia dun despedimento que se produce pouco antes de acadar a idade requirida, aínda que a contía da pensión vese minguada pola aplicación de coeficientes redutores. Esta modalidade permite anticipar a idade de xubilación ata un máximo de 4 anos.

Outro dos supostos é a xubilación anticipada por vontade do traballador. Neste caso, o cesamento no traballo non vén como consecuencia de ningún despedimento, senón que é o propio traballador quen o decide de forma voluntaria. Para iso, a idade debe ser, como máximo, inferior en dous anos á idade legal esixida para o momento da xubilación e ten que existir unha cotización efectiva de polo menos 35 anos. Nesta modalidade, tamén se aplican coeficientes redutores no cálculo da pensión. Así mesmo, os traballadores que realizan actividades tóxicas ou insalubres e as persoas con discapacidade igual ou superior ao 45 % ou ao 65 % poden acceder a bonificacións de idade e xubilarse anticipadamente sen ver penalizada a pensión.

Dentro de todas as opcións dispoñibles, tamén é posible acollerse á xubilación parcial, que permite reducir a xornada de traballo e cobrar ao mesmo tempo parte da pensión. Existen dúas variantes:

  • Sen contrato de remuda: se o traballador alcanzou a idade estipulada de xubilación, pode beneficiarse deste dereito sen necesidade de formalizar un contrato de remuda e sen importar se se encontra contratado a xornada parcial ou completa. A xornada laboral pode reducirse entre un 25 % e un 50 % e é necesario cotizar durante polo menos 15 anos, dous dos que estarán incluídos nos 15 anos previos á solicitude de xubilación.
  • Con contrato de remuda: outro traballador substitúe a persoa que decide xubilarse, aínda que esta vez a xornada laboral pode chegar a reducirse ata o 75 %. É necesario cotizar durante 33 anos (25 se existe unha discapacidade do 33 % ou superior) e estar contratado a xornada completa. No referente ao requisito de idade, aplícase de forma gradual desde 2013 ata 2027 en función dos períodos cotizados, agás os mutualistas, que poden optar a este tipo de xubilación ao cumprir 60 anos. Así mesmo, débese acreditar polo menos 6 anos de antigüidade na empresa.

Ademais, outra posibilidade é a denominada xubilación flexible, que permite compatibilizar a propia xubilación con traballos a tempo parcial mentres se segue percibindo a pensión. A contía da pensión que se percibe depende do número de horas que se traballe. Por exemplo, se a xornada laboral fose de 4 horas (media xornada), percibiríase o 50 % da pensión. A principal diferenza coa xubilación parcial é que neste caso só se pode acceder a ela se xa se ten a condición de xubilado, pero non anticipadamente, e xa se está cobrando a correspondente pensión de xubilación da Seguridade Social.

Por último, existe a figura da xubilación activa, que permite compatibilizar o 50 % da pensión de xubilación cunha actividade por conta propia ou allea sen límite de horario ou ingresos. Require que se accedese previamente á xubilación a idade ordinaria e que se alcanzase o 100 % da base reguladora.

O cálculo da pensión

Á hora de calcular a pensión obtida tras a xubilación, téñense en conta as bases de cotización e os anos cotizados. A base reguladora é a media das bases de cotización durante un período de tempo determinado (actualizada vía IPC salvo as 24 máis próximas ao feito causante) e será decisiva para establecer o valor da pensión. O período de tempo utilizado para calcular a base reguladora vai seguir aumentando paulatinamente desde os 20 anos vixentes en 2018 ata os 25 en 2022. Son os anos cotizados os que deciden que porcentaxe da base reguladora poderemos acadar. Con 15 anos cotizados obtense o 50 % da base reguladora, mentres que a cifra vai aumentando de forma progresiva ata acadar o 100 % se se cotizou polo menos 35 anos e medio. De acordo coa normativa vixente, será necesario cotizar durante máis tempo para acadar ese 100 % no futuro, xa que se producirá un incremento progresivo cada ano ata requirirse polo menos 37 anos cotizados en 2027.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos
Considerando todos os factores indicados, é esencial planear a xubilación con tempo para determinar que nivel de vida nos vai ofrecer a pensión pública e canto debemos aforrar para levar ese nivel de vida ao punto que desexemos. Un plan de pensións pode converterse no complemento ideal para a xubilación, tendo en conta que os beneficios xerados axudarannos a gozar de maior poder adquisitivo cando finalice a nosa vida laboral. O BBVA ofrece un gran número de plans de pensións para todo tipo de investidores. Entra en bbva.es e empeza a asegurar o teu futuro.
A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?