Requisitos da xubilación anticipada

Todo o que necesitas saber para xubilarte antes de tempo.
Estás preto da idade requirida para xubilarte? Son moitos os traballadores que desexan xubilarse de maneira anticipada pero descoñecen os requisitos que deben cumprir para facelo. Hai moitos factores que se teñen que ter en conta á hora de iniciar este proceso. Neste artigo recóllense todas as modalidades de xubilación anticipada, así como os requisitos necesarios para poder solicitala.

Que é a xubilación anticipada?

A xubilación anticipada é unha modalidade de xubilación que permite a certos traballadores que cumpren os requisitos esixidos pola normativa acceder á xubilación antes da idade ordinaria que lles corresponde. Pero coidado! Cada ano débese comprobar cal é a idade fixada xa que se vai incrementando de maneira gradual ano tras ano. En 2027, a idade ordinaria de xubilación será de 67 anos, agás para aqueles que teñan cotizados polo menos 38 anos e 6 meses, aos que se lles aplicará unha idade ordinaria de 65 anos.

Existen diversos tipos de xubilación anticipada e, en consecuencia, distintos requisitos segundo a modalidade á que se acolla o solicitante. Son a xubilación anticipada por cesamento involuntario e a xubilación anticipada por cesamento voluntario. Todos os elementos relacionados coa xubilación regúlaos a Lei 27/2011 do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social. Os novos requisitos para xubilarse entraron en vigor en 2013, ano en que foron publicados no Boletín Oficial do Estado. A continuación, aparecen resumidos os tipos de xubilación mencionados e os requisitos esixidos en cada caso.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Xubilación anticipada por cesamento involuntario

É o resultado do despedimento do traballador, quen é expulsado de maneira prematura do mercado de traballo por causas obxectivas de reestruturación empresarial. Neste caso, os requisitos para anticiparse 4 anos á idade de xubilación establecida son os seguintes:

Estar en alta ou en situación asimilada á alta na Seguridade Social na data de acceso á xubilación.

  • Cotizar polo menos 33 anos, aos que se poderá computar o servizo militar ou outro tipo de prestación social co tope dun ano.
  • Que o contrato de traballo desa persoa se extinguise por algunha das causas contempladas no artigo 6 do Real Decreto Lei 5/2013, do 15 de marzo.
  • Estar ou ter estado inscrito como demandante de emprego durante un período mínimo de seis meses, inmediatamente anteriores á data de solicitude de xubilación.

É importante ter en conta que os autónomos non poden acollerse a esta modalidade de xubilación anticipada.

Xubilación anticipada por cesamento voluntario

É aquela á que se acolle o traballador por vontade propia, sen ser resultado dun despedimento ou outro cesamento forzoso. Neste caso, o interesado pode adiantarse 2 anos á idade de xubilación legal se cumpre os seguintes requisitos:

  • Estar en alta ou en situación asimilada á alta na Seguridade Social na data de acceso á xubilación.
  • Cotizar polo menos 35 anos, aos que se poderá computar o servizo militar ou outro tipo de prestación social co tope dun ano.
  • Que o importe resultante da pensión non sexa inferior á pensión mínima que, pola súa situación familiar, lle correspondería ao traballador ao cumprimento da idade ordinaria.

A esta modalidade de xubilación anticipada poden acollerse tanto traballadores por conta allea como por conta propia. Hai outros casos especiais que permiten a certos traballadores adiantarse á idade legal de xubilación:

  • As persoas que tivesen condición de mutualista ata o 1 de xaneiro de 1967 poderán acceder á xubilación a partir dos 60 anos. Dentro deste caso inclúense outros grupos:
  • Os traballadores de RENFE, se formaban parte da empresa antes do 14 de xullo de 1967.
  • Os traballadores de FEVE, das Compañías Concesionarias de Ferrocarrís de uso público e de "Ferrocarriles Vascos, S. A.", ingresados nas devanditas empresas antes do 19 de decembro de 1969.
  • Os traballadores comprendidos no campo de aplicación do Réxime Especial da Minaría do Carbón ata o día 1 de febreiro de 1969 e que cotizaran nalgunha das Mutualidades Laborais do Carbón ata o 31 de xaneiro de 1969.
  • Os traballadores comprendidos no campo de aplicación do Réxime Especial dos Traballadores do Mar ata o día 1 agosto de 1970.
  • As persoas que fosen despedidas antes do 1 de abril de 2013 e non se volvesen a dar de alta na Seguridade Social poden acollerse ao sistema vixente ata 31 decembro de 2018, o que lles permite xubilarse aos 61 anos.

Se o interesado acaba decantándose pola xubilación anticipada, tamén ten que ter en conta os recortes que sufrirá a súa pensión durante toda a súa xubilación. A redución calcúlase tendo en conta o tempo que se anticipe a xubilación sobre a idade ordinaria establecida por lei e os anos cotizados pola devandita persoa. Tamén dependerá da modalidade de xubilación anticipada á que se acollan.

En consecuencia, a xubilación anticipada só convén a aquelas persoas que, ao facer os cálculos do diñeiro que van percibir coa súa pensión, teñan suficiente para cubrir os seus gastos e necesidades, cotizasen todos os anos requiridos ou vaian percibir xa a pensión máxima que establece a lei.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Como calcular a pensión que te corresponde por xubilación anticipada

A contía da pensión a percibir pódese calcular aplicando o coeficiente redutor que corresponda. Esta contía reducirase en función de cada trimestre ou fracción de trimestre que lle falte ao traballador para cumprir a idade legal de xubilación e do período de cotización que se acredite.

  • Deste xeito, se se cotizaron menos de 38 anos e 6 meses, o coeficiente redutor aplicado será do 2 %;
  • Se é igual ou superior a 38 anos e 6 meses pero inferior a 41 anos e 6 meses, do 1,875 %;
  • Se se cotizaron entre 41 anos e 6 meses e 44 anos e 6 meses será do 1,75 %;
  • Cando se cotizasen máis de 44 anos e 6 meses será do 1,625 %.

Ademais, unha vez aplicados os referidos coeficientes redutores, o importe resultante da pensión non poderá ser superior á contía que resulte de reducir o tope máximo de pensión nun 0,50 por 100 por cada trimestre ou fracción de trimestre de anticipación.

En BBVA.es podes encontrar moita máis información sobre xubilación anticipada e todos os factores que debes valorar á hora de tomar esta decisión. Ademais, existen numerosos plans de pensións que te poden axudar a rendibilizar ao máximo o teu diñeiro, independentemente de se te vas xubilar ou xa estás xubilado. Tamén tes á túa disposición

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?