Que plan de pensións me interesa máis

Factores como a idade e o perfil de risco son necesarios para saber cales son os mellores plans de pensións para cada situación

Hoxe en día son xa moitas as persoas que consideran a posibilidade de contratar algún plan de pensións para complementar a súa pensión pública na xubilación. Debido á súa crecente demanda, cada vez é máis variada a súa oferta. Por isto, antes botar para adiante e pórse a asinar papeis é necesario facerse a seguinte pregunta: que plan de pensións me interesa máis?

Á hora de saber como escoller un plan de pensións, hai que ter en conta que só pode ser rescatado baixo unha serie de continxencias ou supostos excepcionais moi determinados, tales como a xubilación, o falecemento, unha enfermidade grave ou unha situación de desemprego, entre outras. Ademais, a partir do ano 2025 tamén se permitirá no caso de que as achegas teñan, polo menos, 10 anos de antigüidade. Isto implica que unha vez que contratemos un plan de pensións, as súas características e comisións vannos acompañar durante moitos anos. Por iso é fundamental estudar os catálogos das entidades bancarias e elixir o plan de pensións óptimo para nós.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Tipos de plans de pensións segundo a súa política de investimento

Para saber que plan de pensións escoller, hai que coñecer que existen seis categorías de plans de pensións en función do seu tipo de política de investimento que establece a Asociación de Institucións de Investimento Colectivo (INVERCO). Tipos de plans de pensións:

  • Garantidos: contan cunha garantía externa que asegura o capital e un rendemento determinado. Son produtos ideais para aquelas persoas que queren asegurar un aforro de cara á xubilación –aínda que sexa con ganancias limitadas– sen correr riscos ou cando a xubilación estea moi próxima. Hai que ter en conta que a garantía se establece a unha data determinada e o traspaso do plan de pensións ou o cobramento da prestación antes do vencemento da garantía pode supor minusvalías para o partícipe ou beneficiario.
  • Renda fixa a curto prazo: a política de investimento establece que os activos do fondo de pensións invístense en produtos de renda fixa cunha duración inferior aos dous anos, como por exemplo en letras do Tesouro. Ofrecen unha rendibilidade estable que non adoita variar demasiado nin carrexar sobresaltos. Porén, o feito de ser a curto prazo obriga a investir en produtos con tipos de xuro baixos que reportan moi pouca rendibilidade ao partícipe ou beneficiario do plan.
  • Renda fixa a longo prazo: o investimento céntrase en activos de renda fixa cunha duración superior aos 2 anos como os bonos e as obrigas. Esta maior duración, ofrece maior rendibilidade, pero tamén maior risco debido ás flutuacións dos tipos de xuro.
  • Renda fixa mixta: invisten en activos de renda fixa e renda variable, pero só un máximo do 30 % dos fondos para a renda variable. Ante un escenario de tipos baixos estes produtos que incorporan unha parte da carteira con maior risco poden ser ideais para intentar conseguir unha rendibilidade extra que asegure o mantemento do poder adquisitivo.
  • Renda variable mixta: neste caso, a porcentaxe dos fondos do plan de pensións que se inviste en renda variable oscila entre o 30 % e o 75 %. Aumenta a rendibilidade, pero tamén o risco.
  • Renda variable: invisten en activos de renda variable máis do 75 % do capital do plan de pensións. Por iso, este tipo de política de investimento só é recomendable se nos quedan bastantes anos para a xubilación, xa que está claro que a rendibilidade pode ser elevada pero, tamén, que pode haber anos de perdas que necesitaremos compensar.

Plans de pensións BBVA segundo a idade do contratante

O BBVA organizou o seu amplo catálogo para intentar ofrecer os mellores plans de pensións, atendendo ao perfil de risco e á idade do interesado en contratar.

Saber que plan de pensións me interesa máis é tan doado como entrar na web do BBVA, seleccionar o meu rango de idade, decidir se son un investidor conservador, moderado ou decidido e ler as características dos plans que encaixan coas miñas respostas. Así poderás saber cal é o mellor plan de pensións para a túa situación:

Se tes menos de 50 anos e te consideras conservador canto ao investimento, podes escoller entre os plans de pensións “BBVA Plan Multiactivo Conservador” ou “BBVA Plan Renta Fija Internacional Flexible 3-0”; o primeiro inviste en renda fixa mixta e o segundo en renda fixa.

Se, polo contrario, te consideras un investidor moderado, podes escoller entre “BBVA Plan Multiactivo Moderado” e “BBVA Plan Renta Fija Internacional Flexible”. O primeiro plan de pensións inviste en activos do mercado internacional, mentres que o segundo inviste en activos de renda fixa.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Se o teu é o risco, tes ata catro plans de pensións distintos entre os que elixir: “BBVA Plan Multiactivo Decidido”, que inviste no mercado internacional de maneira diversificada; “BBVA Plan Renta Variable, FP”, similar ao anterior pero apostando por activos de renda variable europea principalmente; “BBVA Plan Jubilación 2030” e “BBVA Plan Jubilación 2040”, son dous plans de pensións denominados de ciclo de vida que establecen unha data de xubilación aproximada (2030 e 2040) e cuxa xestión se irá adaptando desde activos de maior risco ao principio a unha xestión máis conservadora a medida que se achega a data establecida de xubilación.

Se tes entre 50 e 60 anos e es un investidor conservador, poderás optar por “BBVA Plan Renta Fija Internacional Flexible 3-0”. Porén, o teu abano de posibilidades amplíase a dúas alternativas se es moderado e ata a catro distintas se es un investidor decidido.

Como comentabamos anteriormente, se a túa xubilación está próxima a 2025 ou 2030, os plans de pensións “BBVA Plan Jubilación 2025” e “BBVA Plan Jubilación 2030” pódenche interesar para te esqueceres da súa xestión, xa que estes modifican a súa política de investimento para facela máis conservadora a medida que se achega a idade de xubilación (2025 ou 2030) e evitar sobresaltos ao final.

En caso de teres máis de 60 anos, tamén terás que decidir que tipo de investidor es. “BBVA Plan Mercado Monetario” para os máis conservadores, “BBVA Plan de Renta Fija Internacional Flexible 3-0” para aqueles investidores moderados e “BBVA Plan Multiactivo Conservador” para asumir certo risco a cambio dunha rendibilidade esperada maior.

Por último, debes saber que o BBVA non che pecha as portas dos plans de pensións se xa estás xubilado, máis ben todo o contrario. Na web do banco podes atopar un catálogo de cinco produtos diferentes agrupados polo mesmo criterio que os anteriores.

Co simulador de plans de pensións BBVA poderás calcular a túa futura pensión pública, coñecer as achegas necesarias para cubrir o nivel de vida desexado na xubilación e escoller o produto que mellor se adecúe ás túas preferencias de risco e idade. Comprende como escoller un plan de pensións e non o dubides, contrata un plan e asegura un complemento para a túa xubilación.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?