Plans de pensións garantidos: como funcionan

Permiten recuperar o 100 % do diñeiro investido no momento do rescate, cumprindo unhas condicións

Dentro das diferentes opcións que existen á hora de escoller un plan de pensións hai unha que está especialmente indicada para perfís conservadores, é dicir, clientes que desexen un risco mínimo para os seus aforros: son os plans de pensións garantidos. Este produto funciona de maneira parecida ao resto de plans de pensións pero ten unha diferenza importante: o titular do plan ten garantido recuperar o 100 % do seu diñeiro investido no momento do rescate, sempre que se manteña o plan ata o vencemento. En caso de rescate anticipado, non aplicará a garantía e o rescate realizarase a valor de mercado da data de rescate.

Ademais, o partícipe pode obter unha rendibilidade sobre o capital achegado, que pode ser fixa ou variable, dependendo do tipo de plan de pensións garantido do que se trate.

Esta garantía de recuperar todo o investimento achegado non existe noutro tipo de plans, e vén acompañada dunha serie de características e particularidades que detallamos a seguir.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

A garantía que ofrecen estes plans de pensións garantidos parte da propia entidade bancaria que os comercializa. No caso de que o plan contratado polo titular non alcance a rendibilidade estipulada, será a propia entidade a que aboe o capital necesario ata recuperar a totalidade do diñeiro achegado polo cliente.

Porén, para que aplique a garantía sobre o plan de pensións garantido, requírese que o cliente manteña a súa posición no mesmo, polo menos, até o momento do vencemento do plan de pensións. Se o titular decide mobilizar ou traspasar o seu plan de pensións a outra entidade bancaria, perde automaticamente a garantía ou protección do seu investimento.

Da mesma forma, os plans de pensións garantidos tampouco aseguran a recuperación do 100 % do capital investido se se cancela o plan de pensións debido a unha das continxencias contempladas pola lei:

  • Invalidez do titular.
  • Dependencia ou gran dependencia.
  • Enfermidade grave.
  • Morte.
  • Desemprego de longa duración.
  • Situación de desafiuzamento da vivenda habitual.

Se algunha destas continxencias ten lugar, o titular do plan de pensións garantido terá dereito a recuperar o seu diñeiro investido así como a posible renda que este puidese xerar ata ese momento, aínda que neste suposto se poden dan perdas, xa que non se aplica a garantía e o rescate prodúcese ao valor liquidativo da data solicitada.

Achegas e tributación do plan de pensións garantido

A diferenza do resto de plans de pensións, nos garantidos realízase unha única achega no momento da contratación, que estará acoutada a unhas datas concretas.

Pola súa parte, estes plans garantidos tributan da mesma maneira que os demais, aínda que existe unha excepción: se no momento do vencemento do plan este non conseguiu a rendibilidade que se garantira e é o banco o que aboa a diferenza, este diñeiro non tributará como rendas do traballo senón como rendemento do capital mobiliario, coas súas correspondentes retencións.

Modalidades do plan de pensións garantido

Pódense atopar dous tipos de plans de pensións garantidos en función dos produtos financeiros nos que este invista:

  • De renda fixa: estes plans de pensións invisten en activos de renda fixa como bonos e letras do tesouro, polo que a rendibilidade corre menos risco do que noutro tipo de produtos, pero tamén adoita ser menor.
  • De renda variable: estes plans de pensións invisten en instrumentos de renda variable como as accións de empresas que cotizan na Bolsa de Valores. Neste tipo de plans de pensión garantidos o posible beneficio é maior que nos de renda fixa, aínda que o investimento tamén asume un maior risco. 

Rescate do plan de pensións garantido

Do mesmo xeito que no resto de plans de pensións, os garantidos ofrecen a posibilidade de recuperar o diñeiro de tres formas distintas:

  • En forma de capital: recíbese un único pagamento no momento do vencemento do plan de pensións.
  • En forma de renda: recíbese unha renda mensual durante o número de meses acordado coa entidade bancaria, ata recuperar a totalidade do diñeiro garantido polo plan.
  • En forma mixta: no momento do vencemento do plan de pensións recupérase unha cantidade determinada de capital para, posteriormente, recibir unha renda de maneira periódica.
  • En forma flexible: na que o beneficiario decide libremente as datas e contías dos cobramentos, sen unha periodicidade determinada.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Comisións e gastos

Existen dous tipos de comisións asociadas aos plans de pensións, xa sexan garantidos ou non:

  • A comisión de xestión, que por lei ten un máximo do 1,5 % anual do valor das contas de posición. Opcionalmente, o límite indicado poderá substituírse polo 1,2 % anual do valor das contas de posición máis o 9 % da conta de resultados.
  • A comisión de depósito, cun límite legal do 0,25 % anual do valor das contas de posición.

De maneira adicional e dependendo da entidade xestora, os plans de pensións garantidos poden ter comisións de subscrición e reembolso, que quedarán en todo caso detalladas no regulamento e a ficha comercial.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?