Están as pensións exentas de IRPF?

Contámosche que pensionistas están exentos de presentar a declaración da renda

Os pensionistas, do mesmo xeito que o resto de cidadáns que reciben unha renda, están suxeitos a tributar por ela e a presentar a súa declaración anual do IRPF se exceden os mínimos establecidos. É dicir, do mesmo xeito que un salario normal, a pensión pública por xubilación está suxeita ao pagamento de impostos en consideración de rendementos do traballo.

Porén, existen situacións nas que o pensionista non está obrigado a presentar a declaración do IRPF ou cuxa pensión está exenta de tributar. Vexamos estas excepcións.

Por norma xeral, todos os cidadáns que perciban menos de 22.000 euros anuais están exentos de presentar a declaración da renda.

Báner Superior Calcula Xubilación Báner Superior Calcula Xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Este límite descende a 12.000 euros cando existe máis dun pagador e o diñeiro procedente deste segundo pagador supera os 1.500 euros anuais. Por exemplo, considérase que un pensionista ten dobre pagador se, por un lado recibe a súa pensión pública por parte do Estado e ademais, obtén unhas rendas derivadas do seu plan de pensións.

Cabe sinalar que as pensións estranxeiras tributan de maneira normal na maioría de casos, pois a obriga de tributar existe no país de residencia. Para evitar tributar dúas veces, España mantén convenios de dobre imposición con numerosos países. Ademais, as rendas derivadas destas pensións estranxeiras supoñen un segundo pagador no caso de que o pensionista tamén estea recibindo unha renda do Estado español, polo que se establece o límite para dous ou máis pagadores mencionado anteriormente.

Que pensións están exentas de tributar?

  • Pensións de incapacidade permanente ou grande invalidez, quer sexan pensións da Seguridade Social quer dun seguro privado. Existe un límite á exención de impostos por este concepto, que se sitúa na prestación máxima que recoñeza a Seguridade Social; toda cantidade superior a esta tributará como de maneira normal, como rendementos do traballo.
  • Pensións de orfandade.
  • Auxilio por defunción.
  • Pensión a favor de familiares por incapacidade absoluta do seu titular.
  • Prestacións derivadas de actos de terrorismo.
  • Prestación familiar por fillo a cargo.

Como tributan as rendas recibidas de plans de pensións?


O importe procedente do rescate dun plan de pensións tributa como rendementos do traballo do mesmo xeito que o fan as pensións públicas.

No entanto, os plans de pensións teñen unha importante vantaxe fiscal no momento da achega: as cantidades depositadas no plan de pensións poden ser desgravadas en IRPF, cun límite anual que será a menor das seguintes cantidades:

  • 8.000 euros.
  • O 30% dos rendementos netos do traballo e actividades económicas.
Báner Central Plan de Pensións Báner Central Plan de Pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Ademais, os contribuíntes cuxo cónxuxe acredite rendementos netos do traballo e/ou actividades económicas inferiores a 8.000 euros anuais, poderán achegar ao plan deste un máximo de 2.500 euros anuais e desgravar adicionalmente esa cantidade.

Para os efectos da declaración de IRPF, é importante sinalar que o rescate de dereitos consolidados de plans de pensións é engadido aos ingresos por salarios ou retribucións por traballo que se percibisen nese exercicio, incluída a pensión pública que se vaia percibir polo resto do exercicio. Nese sentido, e se nos propuxésemos rescatar elevadas cantidades do noso plan de pensións, sería conveniente valorar a posibilidade de dar a orde de rescate no seguinte exercicio fiscal, para os efectos de minorar a factura fiscal de IRPF no exercicio actual.

CTA Simuladoras Pensións CTA Simuladoras Pensións
Plans de Pensións - Tamén podería interesarche Plans de Pensións - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de Pensións - Ferramentas Plans de Pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?