Xubilacións e pensións, así está a lei

Contámosche todo o que necesitas saber sobre os últimos cambios que se introduciron no sistema de pensións.

Ao longo das últimas décadas, a sostibilidade do sistema de pensións español comezou a enfrontarse ao reto que implica o continuo avellentamento da poboación. Tampouco axudaron outras variables como a caída dos soldos e o aumento das taxas de desemprego.

Co obxectivo de garantir o bo funcionamento do sistema, foi posta en marcha unha serie de normativas e mecanismos que foron modificando progresivamente os requisitos asociados á xubilación. A reforma plasmada na Lei 27/2011, que comezou a aplicarse en 2013, introduciu cambios paramétricos nos requisitos de acceso á xubilación e no modo de cálculo da pensión, que se están aplicando gradualmente ata 2027. Neste artigo, explicámosche cales son as claves de xubilacións e pensións.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Idade de acceso á xubilación

En 2013, con motivo da entrada en vigor da devandita lei, iniciouse un dos mecanismos que máis repercutiron sobre o futuro dos traballadores actuais: o aumento gradual da idade de xubilación. De acordo co establecido por esta lei, a idade de acceso á xubilación irase incrementando paulatinamente de maneira anual ao longo dun período de transición que culminará en 2027; a partir de entón, a idade legal de acceso á xubilación situarase nos 67 anos. Non obstante, aqueles traballadores que acrediten un período mínimo de cotización de 38 anos e 6 meses poderán acceder á xubilación a unha idade ordinaria de 65 anos.

En 2019, aqueles traballadores que queiran acceder á xubilación ordinaria deben alcanzar os 65 anos e 8 meses de idade. Pola súa parte, a cotización mínima para poderse xubilar aos 65 sitúase nos 36 anos e 9 meses. Ambas as cantidades irán aumentando dous e tres meses ao ano, respectivamente, ata 2027.

Base reguladora das pensións

Da mesma maneira que a idade de acceso á xubilación, a forma de cálculo da base reguladora, determinante da contía da pensión, tamén se viu sometida a cambios. A base reguladora calcúlase en función das cotizacións dos anos previos á xubilación. Esta variable, que historicamente se obtiña a partir dos últimos 15 anos cotizados polo traballador, sufrirá un aumento progresivo ata abarcar os 25 anos de cotización en 2022. Actualmente, en 2019, este parámetro calcúlase a partir das bases de cotización dos últimos 22 anos traballados.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Acceso á pensión completa

Fóra da base reguladora, existe outro parámetro que determina o importe das pensións que perciben os traballadores xubilados: o período de cotización. Esta variable fai referencia ao número de anos que cotizou un traballador ao longo da súa vida laboral e aplícase en forma de porcentaxe sobre a base reguladora correspondente. Na actualidade, o período mínimo de cotización esixido para poder acceder ás prestacións da Seguridade Social mantense en 15 anos, outorgando un 50 % da base reguladora ao traballador. Non obstante, o período esixido para poder percibir o 100 % da pensión está, de igual modo que as variables previamente mencionadas, en fase de incremento gradual. Así, aqueles traballadores que se xubilen en 2019 poderán acceder á pensión completa sempre que conten cun mínimo de 35 anos e medio cotizados, mentres que, en 2027 e anos sucesivos, se esixirá un período mínimo de cotización de 37 anos.

Preocúpache o futuro das xubilacións e das pensións? No BBVA temos a solución. Os plans de pensións do BBVA son a maneira máis cómoda e segura de xerar aforros para a xubilación. Se non sabes cal é o plan máis adecuado para ti, non dubides en botar unha ollada ao noso simulador de plans de pensións, unha ferramenta que che axudará a calcular a túa pensión anual estimada e a decidir cal é o produto que mellor se adapta ás túas necesidades. Visita bbva.es ou achégate a calquera das nosas oficinas e descubre como planificar a túa xubilación de maneira intelixente

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?