Xubilación parcial: que é e que requisitos existen

Explicámosche como funciona esta modalidade de emprego que permite traballar a tempo parcial e cobrar a un tempo unha parte da pensión de xubilación

A xubilación parcial é un réxime de vinculación coa Seguridade Social bastante especial e que, con certeza, pode presentar grandes vantaxes para as persoas que teñan a posibilidade de solicitala. É especial porque consiste nunha xubilación, iniciada como mínimo unha vez feitos os 60 anos, que se desenvolve de maneira simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial. Tamén existe a modalidade de xubilación parcial sen contrato de remuda, pero os requisitos para acollerse a ela son máis esixentes.

Desta maneira, o beneficiario cobra unha porcentaxe da pensión de xubilación que lle correspondería e, ao mesmo tempo, recibe un salario pola súa actividade laboral.

A pensión de xubilación parcial que recibe o beneficiario é compatible, como dicimos, co traballo a tempo parcial na empresa habitual. Pero non só iso, senón tamén con calquera outra actividade parcial que se desenvolvese antes da xubilación, desde que non se aumenten as horas laborais. Ademais, tamén se poden percibir simultaneamente outras prestacións da Seguridade Social como a pensión de viuvez ou a prestación por desemprego.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Requisitos para solicitar a xubilación parcial

Sen contrato de remuda

A idade mínima esixida será a idade ordinaria de xubilación que en cada caso resulte de aplicación (anos reais, sen aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación) e o contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial.

A redución de xornada estará comprendida entre un mínimo dun 25 % e un máximo do 50 %, ou do 75 % para quen resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5, da LXSS.

Esíxese un período mínimo de cotización de 15 anos. Polo menos 2 deles deberán estar comprendidos no intervalo de 15 anos inmediatamente anteriores a causar o dereito, e non se esixe unha antigüidade mínima na empresa.

Con contrato de remuda

O solicitante da xubilación parcial con contrato de remuda deberá ter un contrato de xornada completa e debeu cotizar, como mínimo, 33 anos á Seguridade Social. Para calcular o período de cotización non se terá en conta a parte proporcional de pagas extras, pero si o período de prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutiva –se a houber– con límite máximo dun ano. Se se trata dun traballador cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, o período obrigatorio de cotización para solicitar a xubilación parcial rebáixase ata os 25 anos.

Ademais do período de cotización, o traballador debeu desenvolver os últimos 6 anos da súa actividade laboral na mesma empresa que lle concederá a xubilación parcial. Enténdese que computa a antigüidade acreditada na empresa anterior en dous casos:

  • Se o cambio de traballo se debeu a unha sucesión de empresa, segundo os termos previstos no artigo 44 do Estatuto dos traballadores.
  • Se se trata de dúas empresas distintas pero pertencentes ao mesmo grupo empresarial.

O último requisito que debe cumprir o solicitante da xubilación parcial é a súa idade mínima. Neste caso hai que diferenciar os empregados que son mutualistas dos que non o son:

  • Se teñen a condición de mutualistas: poden solicitala aos 60 anos.
  • Se non teñen a condición de mutualistas: o requisito de idade aplícase de forma gradual desde 2013 ata 2027 en función dos períodos cotizados. Mentres que en 2013 abondaba con ter 61 anos e un mes e ter cotizados 33 anos e 3 meses, en 2027 para xubilarse parcialmente será necesario ter 63 anos e ter cotizados 36 anos e 6 meses. No actual 2017, requírese ter 61 anos e 6 meses, cunha cotización de 34 anos e 3 meses.

Características do contrato laboral por xubilación parcial

O contrato laboral que se establece unha vez aceptada a xubilación parcial do traballador, se o beneficiario é menor da idade ordinaria de xubilación, deberá ser asinado simultaneamente cun contrato de remuda. Ademais, debe formalizarse segundo o modelo oficial e identificar o traballador que se xubila de forma parcial e o novo traballador substituínte; isto serve para establecer de maneira oficial a vinculación entre ambos os empregados.

Á hora de fixar a súa dedicación, a redución de xornada con respecto á que desempeñaba o traballador antes da xubilación parcial poderá ser desde o 25 % ata o 50 %. Será posible alcanzar o 75% de redución sempre que o contrato de remuda sexa a xornada completa e por tempo indefinido.

Finalmente, no que atinxe á cotización á Seguridade Social do xubilado parcial, desde 2014 increméntase gradualmente un 5 % con respecto á cotización establecida para 2013 do 50 %, co obxectivo de alcanzar o 100 % da base de cotización que correspondese por xornada completa en 2023. No actual 2017, un xubilado parcial cotiza o 70% da súa base de cotización.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Contía económica que se percibe da Seguridade Social

O diñeiro que se percibe da Seguridade Social chámase pensión de xubilación parcial; é o resultado de aplicar a porcentaxe de redución da xornada laboral ao importe da pensión de xubilación total que lle correspondería ao beneficiario segundo os anos de cotización que acredite.

Agora ben, neste tipo de prestación económica hai que ter en conta dous aspectos á hora de calcular o diñeiro que se recibirá cada mes:

  • O importe da pensión final non poderá ser inferior á contía que resultaría de aplicar a porcentaxe de redución da xornada ao importe da pensión de xubilación mínima vixente para os maiores de 65 anos no momento do cálculo.
  • Non se aplicarán coeficientes redutores en función da idade para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de xubilación parcial.

Por outro lado, se unha vez establecida a pensión de xubilación parcial, o beneficiario adquire un incremento da redución da súa xornada laboral, a contía da pensión modificarase aplicando a nova porcentaxe de redución ao importe xa recoñecido.

Se se dá o caso de que o beneficiario da pensión se encontra en situación de pluriemprego, para calcular a base reguladora correspondente só serán tidas en conta as bases de cotización do traballo realizado ata ese momento e que é o obxecto da redución de xornada.

O xubilado parcial terá a condición de pensionista para os efectos do recoñecemento e percepción de prestacións sanitarias, tanto médicas como farmacéuticas, así como das prestacións de servizos sociais. Isto permitirá, entre outras cousas, solicitar o rescate dun plan de pensións pola continxencia de xubilación, que se entenderá producida.

Suple desde agora mesmo as posibles carencias co BBVA

A fórmula de xubilación parcial pode resultar moi atractiva para aquelas persoas que estean próximas á idade ordinaria de xubilación e que se queiran adaptar á futura etapa de inactividade laboral dunha maneira paulatina e gradual. No entanto, sempre está presente a dúbida de poder manter o tren de vida habitual coa pensión de xubilación da Seguridade Social.

Por iso, o BBVA conta cun amplo catálogo de plans de pensións en función da idade e do perfil de investidor do interesado. Entra en bbva.es e infórmate de como un plan de pensións BBVA pode ser a mellor ferramenta para evitares preocupacións e axustes de orzamentos cando che chegue a idade de xubilación.

A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?