Como e cando poden acceder á xubilación os discapacitados

Explicámosche todo o que necesitas saber sobre este tipo de xubilación
Desafortunadamente, as persoas que sofren algunha discapacidade téñeno máis difícil á hora de accederen ao mercado laboral e, polo tanto, é complicado para eles cotizar os anos necesarios para conseguir unha pensión pública digna. Por este motivo, o sistema dálles certas facilidades para o poderen lograr.

Que ocorre se me xubilo anticipadamente?

Para comezar, dirémosvos que as persoas discapacitadas en España se poden xubilar anticipadamente, aínda que este dereito depende do grao de discapacidade acreditada:

  • Discapacidade igual ou superior ao 65%: A xubilación de discapacitados de máis do 65% regúlase polo RD 1539/2003; os traballadores por conta allea incluídos no réxime xeral e algúns réximes especiais, que realicen unha actividade retribuída e durante esta acrediten un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%. teñen dereito a unha redución na idade de xubilación nun período equivalente ao que resulte de multiplicar por 0,25 o tempo efectivamente traballado. Haberá que multiplicar por 0,50 nos casos en que o traballador ademais acredite a necesidade doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria. Verédelo mellor cun exemplo: se un traballador con esa discapacidade traballou durante 10 anos, a idade ordinaria de xubilación rebaixarase en 2,5 anos (64,5 anos) e se, ademais, é dependente doutra persoa, a idade rebaixarase en 5 anos (62 anos).
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións
  • Discapacidade igual ou superior ao 45%: para aquelas persoas con discapacidade entre o 45% e o 65% (a xubilación de discapacitados entre o 45% e o 65% regúlase polo RD 1851/2009) tamén existe unha redución da idade ordinaria de xubilación. Este caso aplícase, e a diferenza do anterior, tanto aos traballadores por conta allea como aos autónomos que acrediten estar en alta ou en situación asimilada á de alta na data da xubilación e que, ao longo da súa vida laboral, traballasen un tempo efectivo de, polo menos, 15 anos e que estean afectados por determinadas discapacidades. Neste caso, a idade mínima de xubilación establécese en 56 anos. O período de tempo en que resulte reducida a idade de xubilación do traballador computarase como cotizado para o exclusivo efecto de determinar a porcentaxe aplicable á correspondente base reguladora para calcular o importe da pensión de xubilación.

Por outro lado, en abril de 2013, aprobouse unha norma que facilita o acceso de discapacitados ás pensións contributivas. Aqueles que, por dificultades de inserción laboral non puideron completar o período de cotización mínimo necesario para teren dereito a unha pensión deste tipo (15 anos), poderán cotizar á Seguridade Social pagando unha cota mensual de 190 € e sen ter que traballar, de forma que ese tempo se sume ao traballado para chegar ao mínimo necesario para cobrar pensión. Esta medida ten como obxectivo que esas persoas cubran ou completen as súas carreiras de cotización e poidan acceder a prestacións de xubilación contributivas (maiores, en xeral, ás non contributivas, que ademais esixen unha discapacidade maior ao 65% e escaseza de recursos, viuvez ou orfandade).

Ademais, calquera persoa maior de idade que non a chegase á idade mínima para a xubilación ordinaria, residente en España que teña recoñecida unha discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral (isto é, parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual igual ou superior ao 33% ou física ou sensorial igual ou superior ao 65%) que estea inscrita nos servizos públicos de emprego como desempregada (mínimo desde hai seis meses), poderase acoller ao convenio especial para as persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Ademais, existen prestacións familiares adicionais para as familias dos discapacitados:

  • Con fillos ou persoas a cargo menores de 18 anos e con discapacidade igual ou superior ao 33%: 1.000 € anuais.
  • Con fillos ou persoas a cargo maiores de 18 anos e discapacidade igual ou superior ao 65%: 4.426,8 € anuais.
  • Con fillos ou persoas a cargo maiores de 18 anos con discapacidades por riba do 75% e axuda necesaria doutra persoa para realizar os actos vitais: 6.640,8 € anuais. Tamén en familias con nais con discapacidade igual ou superior ao 65%, as prestacións poden sumar 1.000 € máis ao ano.

Ademais, os empresarios que contraten persoas cunha discapacidade mínima do 33% desfrutan de recortes na contía necesaria que teñen que achegar por ese traballador na Seguridade Social.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?