Xubilación anticipada da policía local

Se es policía local, sopesa a posibilidade de te xubilares antes dos 65 anos grazas ás últimas reformas da Seguridade Social

O Ministerio de Emprego e Seguridade promoveu recentemente un Real decreto para reducir a idade mínima de xubilación a todos aqueles profesionais cuxos traballos sexan de natureza “penosa, tóxica, perigosa ou insalubre, e acusen así mesmo elevados índices de morbilidade ou mortalidade”. Esta decisión, que se acolle ao artigo 206 do Réxime xeral da Seguridade Social, abre unha porta para a xubilación anticipada da policía local.

En esencia, este tipo de xubilación anticipada para a policía local consiste nun coeficiente para reducir a idade de xubilación. Esa redución é aplicable a todos aqueles membros dos corpos ao servizo de administracións municipais en servizo desde, polo menos, 15 anos.

Coñece neste artigo algúns pormenores desta reforma e, sobre todo se es policía local, descubre como poder facer fronte a unha xubilación anticipada sen perder en ningún momento poder adquisitivo coa túa pensión.

Báner Superior Calcula Xubilación Báner Superior Calcula Xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Os parámetros da reforma

A idade ordinaria esixida para acceder á pensión de xubilación ten que ser, como mínimo, de 65 anos. Segundo lemos no artigo 205 da Lei da Seguridade Social, teñen dereito á pensión de xubilación en 2018 aquelas persoas que cumprisen 65 anos e 6 meses de idade (67 anos desde 2027) ou 65 se se acreditan polo menos 36 anos e 6 meses de cotizacións (38 anos e 6 meses desde 2027) e, polo menos, un período mínimo de cotización de 15 anos. En casos extraordinarios, non obstante, permítese tamén o acceso á pensión de xubilación a quen se encontre en situación de prolongamento de efectos económicos da incapacidade temporal. Agora ben, sabías que existe unha vía para acceder a unha xubilación anticipada no caso de determinados colectivos?

O artigo seguinte da lei, o 206, deixa aberta unha porta para que, por razón da actividade ou en caso de discapacidade, a idade mínima de acceso á pensión de xubilación sexa anticipada por real decreto. Esa valoración analízase en estudos que detallan a sinistralidade nos sectores, así como a penosidade, perigosidade e toxicidade das condicións do traballo. E, en consecuencia, para amortecer este impacto da vida laboral, fíxanse coeficientes redutores da idade de xubilación para adiantar o acceso á pensión.

A reforma, a lei e o significado para os policías locais

Por lei permítese que a certos colectivos –entre eles os policías locais– se aplique unha redución dun coeficiente do 0,20 % aos seus anos cotizados e que, deste xeito, poidan adiantar ata un máximo de 6 anos (naqueles que acrediten 37 cotizados) o acceso á prestación por xubilación. Existe, non obstante, un período de carencia de 15 anos cotizados para poder aplicar ese coeficiente.

A consideración do tempo cotizado funciona da mesma maneira que noutros colectivos, polo que se poden descontar deste aquelas faltas derivadas de incapacidades ou enfermidades (independentemente da súa causa), baixas por maternidade ou paternidade, ou ben por permisos e licenzas retribuídos. Polo tanto, aqueles policías que dentro do Réxime xeral da Seguridade Social cumpran cos requisitos previstos, poderanse acoller ás vantaxes deste plan de xubilación anticipada para policía local.

En España hai preto de 70.000 policías locais de xeito que, para moitos deles, esta decisión –pola que se levaba traballando anos– suporá un alivio das súas cargas profesionais. Segundo se recolle no “Informe en relación coa asignación de coeficientes redutores da idade de xubilación dos membros dos corpos de policía local” (maio de 2016), elaborado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o colectivo dos policías locais ten unha idade media de 43,7 anos, sendo a antigüidade media no corpo de 23 anos. Esta xuventude do corpo, non obstante, non evita que existan altas taxas de sinistralidade por continxencias profesionais, de modo que, pódese dicir, está sobradamente xustificada a consideración deste colectivo para adiantar a súa xubilación.

A redución do coeficiente do 0,20 % que permite a nova lei, ademais, fará que os anos que non se traballen sexan tidos en conta como cotizados e traballados para os efectos de determinar a porcentaxe de base reguladora que corresponde ao traballador.

Este feito, tamén permitirá a rotación no corpo de policía, de xeito que non só se garante así un alivio a aqueles profesionais que exercesen o seu traballo (durante, polo menos, 15 anos), senón que se dá unha oportunidade a novos interesados en formar parte do corpo acelerando o proceso de xubilación. Falamos, polo tanto, dunha reforma necesaria e útil para facer máis atractivo un traballo relevante do que todos saímos gañando.

Báner Central Plan de Pensións Báner Central Plan de Pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

As opcións do BBVA para mellorar a pensión dos policías

A xubilación anticipada dos membros do corpo de policía local, non obstante, trae consigo unha retirada do corpo antes dos 65 anos, polo que, en moitos casos, certas responsabilidades e obrigas poden seguir estando vixentes. O comezo da xubilación, por exemplo, pode coincidir con hipotecas ou débedas pendentes de amortizar ou gastos de todo tipo: os estudos dos fillos, reformas na casa, etc. En calquera destes casos, a redución do poder adquisitivo co cobramento da pensión pode orixinar desaxustes financeiros que poden ser encarados con solvencia se realizamos unha correcta planificación. Pero como? Un plan de pensións pode ser unha boa alternativa para axudar a encarar unha xubilación anticipada.

Realizando todos os meses modestas achegas de maneira constante nun plan de pensións, pódense obter sorprendentes resultados no longo prazo. Este aforro, polo tanto, servirá non só para gozar no día de mañá do superávit que tes hoxe, senón tamén para gañar algo de diñeiro facendo un investimento con sentido. Ademais, xa que podes desgravar no IRPF as achegas a plans de pensións ata un máximo de 8.000 euros anuais (e 2.500 euros anuais adicionais se o teu cónxuxe non ten rendas elevadas), este aforro reducirá no exercicio fiscal a túa carga impositiva. É dicir, este investimento propiciará, incluso, posibles devolucións coa declaración da renda.

En bbva.es podes botar unha ollada a este tipo de plans. Comeza desde agora mesmo a facer números para a túa xubilación anticipada se es policía local e non deixes que ningún imprevisto mine o teu merecido descanso de pensionista.

A miña Xubilación A miña Xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de Pensións - Tamén podería interesarche Plans de Pensións - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de Pensións - Ferramentas Plans de Pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?