Acceder á xubilación anticipada entre os 61 e os 63 anos

Explicámosche as opcións para xubilarse anticipadamente a esas idades e as consecuencias que tería na pensión

As últimas reformas do sistema de pensións, de 2011 e 2013, atrasaron paulatinamente a idade de xubilación ata os 67 anos en 2027, e de maneira paralela endureceron as condicións para xubilarse anticipadamente de maneira voluntaria: pasou dos 61 anos da normativa anterior, aos 63 anos e oito meses en 2019.

A normativa de 2013, que reforma o sistema de pensións español, endureceu as condicións para acceder á xubilación anticipada. Actualmente, para acceder á xubilación anticipada voluntaria, cómpre acreditar unha carreira mínima de cotización de 35 anos. Cando a xubilación anticipada é forzosa tense que acreditar un mínimo de 33 anos cotizados (antes eran 30 anos).

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Así mesmo, non será posible xubilarse anticipadamente antes de dous anos da idade legal de xubilación. Desde 2011, a idade de xubilación atrásase dous meses cada ano, ata acadar os 67 anos en 2027. Así, en 2019 a idade legal de xubilación é de 65 anos e 8 meses. Iso significa que a idade legal para a xubilación anticipada voluntaria é de 63 anos e oito meses.

No caso de xubilación anticipada forzosa a consecuencia dun despedimento, cómpre ter un mínimo de catro anos menos da idade legal de xubilación. En 2019, polo tanto, é posible xubilarse anticipadamente de maneira forzosa aos 61 anos e oito meses.

No caso de xubilación anticipada forzosa, o traballador terá que estar inscrito nas oficinas de emprego seis meses antes da solicitude. O despedimento debe terse producido a causa dunha situación de crise ou peche da empresa que impida que se manteña a relación laboral.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

A pensión será máis baixa por xubilarse anticipadamente de forma voluntaria

É importante ter en conta que canto antes se xubile un traballador menor será a pensión que reciba. Así, por cada ano que o traballador adiante a xubilación de forma voluntaria, a pensión sufrirá un coeficiente corrector que dependerá do número de anos cotizados:

  • A pensión recortarase un 8 % (2 % por trimestre) por cada ano adiantado, con ata 38 anos e seis meses cotizados.
  • Un 7,5 % anual (1,875 % por trimestre) para quen cotizase entre 38 anos e seis meses e 41 anos e seis meses.
  • Un 7 % anual (1,75 % por trimestre) cunha cotización entre 41 anos e seis e meses e 44 anos e seis meses.
  • E un recorte do 6,5 % por cada ano adiantado (1,625 % por trimestre) para quen cotizase máis de 44 anos e seis meses.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?