Dedución fiscal dun plan de pensións

Unha das vantaxes dos plans son os beneficios fiscais que supoñen as súas achegas para o partícipe

Unha dedución fiscal é unha redución dos ingresos de cada contribuínte que están suxeitos a tributación, é dicir, que hai que incluír na declaración da renda para calcular os impostos que ten que pagar. Unha das vantaxes dos plans de pensións é, precisamente, beneficiarse dunha dedución no IRPF mediante as achegas realizadas ao plan. Pero, en que consiste realmente a dedución dun plan de pensións?

Para responder a esta pregunta, é necesario considerar dous aspectos fundamentais. O primeiro deles é que unicamente se aplican deducións mentres se realizan as achegas: á hora do cobramento, hai que tributar polo ingreso. O segundo aspecto é que existen uns límites legais ás achegas.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Límites ás achegas dun plan de pensións

As achegas anuais realizadas a un plan de pensións réstanse aos ingresos que se declaran para calcular o IRPF. Por exemplo, se unha persoa ten unha nómina de 25.000 € anuais e ingresa ao ano no seu plan de pensións 4.000 €, á hora de calcular o seu IRPF será como se só gañase 21.000 €. Como comentamos anteriormente, existen unhas cantidades máximas anuais que se poden ingresar nun plan de pensións.

Ata 2014 existían achegas máximas diferentes en función da idade do partícipe do plan. Porén, coa reforma fiscal de 2015 a cantidade fixouse para todos os intervalos de idade en 8.000 € anuais. Agora ben, existen unha serie de excepcións que permiten ingresar máis diñeiro e que hai que coñecer, xa que a maior achega ao plan, maior dedución derivada do plan de pensións.

As persoas cuxo cónxuxe non teña ingresos por rendementos de traballo ou reciba unha nómina anual inferior aos 8.000 €, poderán achegar ao plan de pensións da súa parella, adicionalmente ao seu propio, un máximo de 2.500 € anuais.

Doutra banda, para as persoas discapacitadas, entendidas como aquelas que teñen unha minusvalía física ou psíquica igual ou superior ao 65 %, o límite máximo da achega ao seu plan de pensións establécese en 24.250 €. Así mesmo, as achegas realizadas aos seus plans por terceiras persoas poden ser de ata 10.000 €, desde que as sumas de todas as achegas non excedan a cantidade citada de 24.250 €.

Funcionamento da dedución fiscal dun plan de pensións

Como vimos dicindo, a dedución fiscal obtense a través das achegas anuais realizadas ao plan de pensións. Hai que ter en conta que non se trata dunha dedución ao uso como a que se pode obter ao comprar unha casa, senón dunha redución directa da base impoñible do IRPF do partícipe do plan. Deste xeito, o diñeiro que se ingresa no plan redúcese do total do capital que se declara para calcular o IRPF anual. Ao diminuír a base impoñible, redúcense os impostos que hai que pagar.

A forma máis clara de entender como funciona a dedución dun plan de pensións é cun exemplo. Supoñamos que un contribuínte gañou 40.000 € no último ano e achegou ao seu plan de pensións 6.000 €. Antes de descontar as achegas ao plan, a súa base impoñible sería 40.000 € e, polo tanto, tería que pagar no seu tramo do IRPF o 37 %. Porén, ao tributar as achegas, a súa base impoñible quedaría en 34.000 €, polo que tería que pagar o 30 % do IRPF ao estar nun tramo inferior. Non só diminúe a cantidade á que hai que aplicar a porcentaxe de pagamento, senón que nalgúns casos a dedución dun plan de pensións pódese traducir nunha rebaixa do tramo do IRPF.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

A desgravación fiscal, igual que as achegas, tamén ten un límite máximo establecido pola lei. Este é a menor das seguintes cantidades: 8.000 € ou do 30 % dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas. En caso de superar o límite de desgravación, poderase trasladar o exceso á declaración do IRPF dos cinco exercicios seguintes.

Se tes dúbidas sobre a dedución fiscal do teu plan de pensións, en bbva.es tes unha ferramenta gratuíta e dispoñible para calcular cal sería o teu aforro fiscal derivado das achegas. Só tes que introducir a túa achega anual e indicar o tramo do IRPF ao que pertences. Non quedes con dúbidas.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?