Bases de cotización: Que son?

Coñece a túa base de cotización e fai dende hoxe números para non perder poder adquisitivo na pensión

O sistema de pensións en España baséase no principio de contributividade, polo que todos os traballadores, realicen unha actividade por conta propia ou por conta allea, están obrigados a cotizar ao réxime correspondente da Seguridade Social.

Os traballadores por conta allea adscríbense ao réxime xeral e os traballadores autónomos ao RETA (réxime especial de traballadores autónomos). 

A base de cotización fai referencia á remuneración mensual que recibe un traballador dado de alta na Seguridade Social. Ten carácter bruto e inclúe as pagas extra rateadas. Existen unhas bases de cotización máximas e mínimas estipuladas por lei. No caso dos traballadores autónomos, a elección de base é libre por parte do propio traballador dentro dos límites legais. A partir dos 47 anos, os autónomos xa non gozan de liberdade de elección de base.

Coñece en que se traduce exactamente a base de cotización no teu caso e, se consideras que pode ser insuficiente no futuro, comeza desde hoxe a traballar por mellorala.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Aspectos técnicos da base de cotización

O concepto legal das bases de cotización está definido detalladamente no art. 147 da Lei xeral da Seguridade Social, aprobada polo Real decreto lexislativo 8/2015 do 30 de outubro. Segundo se pode ler aquí, a base de cotización trata dunha cantidade constituída pola remuneración total que recibe un traballador, calquera que sexa a súa forma ou denominación (tanto en metálico coma en especie). Esta lei, ademais, establece que na base de cotización se consideran rateadas as pagas extra, en caso de traballadores por conta allea, así como outras retribucións engadidas derivadas de vacacións non gozadas.

No caso concreto do traballador por conta propia ou autónomo, a fixación das bases de cotización depende da vontade de propio traballador, aínda que o ideal é que sexa directamente proporcional aos ingresos xerados e sempre dentro duns límites. En 2017, estes límites encóntranse entre unha base de cotización mínima de 893,10 € por mes e máxima de 3.751,20 €. O autónomo, polo tanto, decide canto destinar dos seus ingresos á Seguridade Social.

Algo diferente é, no entanto, o escenario no caso dos traballadores asalariados ou por conta allea: sabías que non todo o que podes gañar como empregado debe ficar reflectido na base de cotización? Existen algúns conceptos que non se computan na base de cotización. Estes son:

  • Asignacións para gastos de locomoción do traballador.
  • Asignacións para gastos normais de manutención e estancia.
  • Indemnizacións por falecemento e as correspondentes a traslados, suspensións e despedimentos.
  • Asignacións destinadas para satisfacer gastos de estudos dirixidos á actualización, capacitación ou reciclaxe do persoal ao seu servizo.
  • Horas extraordinarias. 

Noutras palabras, por base de cotización enténdese a remuneración mensual bruta dun traballador, xa sexa por conta propia ou allea, e en función dela estipúlanse porcentualmente as cotas da Seguridade Social. Existen uns topes mínimos e máximos para as bases de cotización nas diferentes categorías profesionais que, establecidos por lei, son modificados anualmente. 

Podes encontrar as bases de cotización polas que se rexe o exercicio fiscal de 2017 premendo nesta ligazón.

Para que existe a base de cotización?

Unha porcentaxe da base de cotización é o que deben tributar tanto empresario como traballador á Seguridade Social. Ese pagamento realízao de maneira autónoma o traballador por conta propia e a empresa, en nome do empregado asalariado. Pero cal é a importancia da base de cotización? 

A base de cotización serve para valorar o acceso a prestacións da Seguridade Social, tales como a prestación por desemprego (paro), unha xubilación contributiva ou incapacidades temporais e permanentes. É dicir, non poderá esperar elevados subsidios de paro ou unha pensión decente aquela persoa cuxa base de cotización sexa ínfima. 

Ten en conta, sobre todo se es traballador asalariado, que todo aquilo que cobras fóra da base de cotización (un plus de transporte, axudas de custo, comisións ou pagamentos fóra de nómina) non contabiliza para unha futura prestación. É certo que durante a vida laboral aforrarás por iso na cotización á Seguridade Social; agora ben: o día de mañá poderalo lamentar. Os suplementos non terán ningún impacto na contía da túa futura pensión ou na túa prestación por desemprego, polo que se acontece algunha continxencia, como desemprego ou incapacidade, perderás, sen ningunha dúbida, poder adquisitivo. 

Existe por lei a obriga de reflectir a base de cotización na nómina, que adoita indicarse na parte inferior de cada extracto. As bases de cotización pódense obter tamén na sede electrónica da Seguridade Social, onde se pode solicitar esa relación ou ben en liña (por exemplo, co certificado dixital), ou ben de maneira postal. Non deixes, polo tanto, de informarte desde agora mesmo e comezar a facer números.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Como garantir unha pensión ante unha base de cotización demasiado baixa?

Canto maiores son as cotizacións durante a vida laboral, maiores son as prestacións en caso de desemprego, xubilación ou incapacidade. Agora ben, este non é o escenario habitual na maioría dos casos. Por iso, moitas veces pode ser interesante asegurar unha parte dos ingresos nun plan de pensións privado que, dado algún dos tres supostos xa mencionados arriba, sirva para sufragar ou complementar os ingresos mensuais. Esta é, por exemplo, unha boa alternativa para aqueles traballadores que dispoñen de ingresos extra ou de suplementos.

Que non che pase desapercibida a túa base de cotización, estuda ben as simulacións da túa pensión e, en consecuencia, pensa acerca das posibilidades para que os teus ingresos na xubilación non queden minguados á metade. E se este é o teu desexo, talvez a mellor solución poida ser un plan de pensións que teña flexibilidade á hora de xestionar as achegas.

En bbva.es podes botar unha ollada a este tipo de produtos. Grazas a un excelente simulador, podes acceder a primeiras estimacións que che servirán para coñecer de primeira man canto diñeiro che vai quedar o día de mañá se lle engades á base de cotización unha pequena achega económica todos os meses.

A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?