Base reguladora: Que é

Explicámosche que é e como funciona este factor determinante para saber canta prestación da Seguridade Social che corresponde

Cando se sofre un accidente que incapacita temporal ou totalmente para a práctica do exercicio laboral, así como cando se alcanza a idade de xubilación, todas as persoas que traballaron e cotizaron polo menos o período mínimo esixido en cada caso á Seguridade Social teñen dereito a recibir un salario en forma de pensión. Agora ben, non todos os traballadores reciben a mesma compensación económica, senón que esta depende de canto contribuísen ao sistema previamente.

Pero que é exactamente a base reguladora? Trátase dun baremo que, como dicimos, é utilizado para calcular as prestacións que cada traballador ten dereito a percibir da Seguridade Social. Este determínase en función das bases de cotización do beneficiario durante un determinado período de tempo e a contía da pensión consistirá nunha porcentaxe desta base reguladora.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

A base de cotización

Antes de entrar en detalle sobre que é a base reguladora, é importante entender o concepto de base de cotización. Este vén recollido no artigo 147 da Lei xeral da Seguridade Social e, sen entrar en detalles, pode ser definido como a remuneración mensual bruta dun traballador, sexa por conta allea ou propia. Sobre esa cantidade mensual calcúlanse as cotas correspondentes que cada traballador debe achegar á Seguridade Social para se poder beneficiar dos seus servizos.

Por que é importante coñecer o concepto de base de cotización? Por algo moi simple: o cálculo da base reguladora ten a súa orixe nas bases de cotización do traballador e a relación é directa. Xa que a base reguladora é unha media de determinadas bases de cotización, canto máis elevadas fosen estas, maior será a base reguladora (e maior a prestación que se percibirá). O cálculo da base reguladora dependerá da continxencia para a que estea sendo calculada. As normas son diferentes para o caso dunha pensión de xubilación que para unha pensión de incapacidade ou unha prestación por desemprego.

Como se calcula a base reguladora en cada situación laboral?

Por norma xeral, e como se dixo anteriormente, a base reguladora calcúlase dividindo o importe da base de cotización do traballador durante o mes anterior á prestación entre o número de días aos que se refire a cotización. Cando se trata dun traballador con salario mensual, os días entre os que se divide son 30; se ten un soldo diario, 28, 29, 30 ou 31 días, dependendo do mes que corresponda.

No entanto, aínda que estes parámetros son os que se aplican por norma xeral, existen diferentes formas de calcular a base reguladora en función do status no momento de percibir unha prestación económica:

  • Traballadores con pluriemprego: compútanse as bases de cotización de todas as empresas das que o afectado reciba unha nómina de acordo á aplicación do tope máximo vixente para os efectos de cotización.
  • Traballadores contratados a tempo parcial: divídese a suma das bases de cotización a tempo parcial acreditadas, sempre cun máximo de tres meses antes da incapacidade, entre o número de días naturais comprendidos no antedito período de cotización.
    • Se o pagamento da prestación é asumido directamente pola entidade xestora ou colaboradora debido a unha extinción do contrato, a contía da prestación será o equivalente á que correspondería por desemprego.
  • Traballadores con contratos para a formación e aprendizaxe, ou de persoal profesional investigador en formación:
    • Se se trata dun contrato para a formación e a aprendizaxe, a base reguladora é a base mínima de cotización do réxime xeral da Seguridade Social.
    • Se se trata de persoal profesional investigador en formación, a base reguladora é a base mínima correspondente ao grupo 1 do réxime xeral da Seguridade Social.
  • Traballadores dos sectores de artistas e profesionais taurinos: Divídese entre 365 a cotización anual total anterior ao feito causante da baixa. Se non se chega a ese período de tempo, calcúlase coa media diaria do período de cotización que se acredite.
  • Traballadores incluídos no sistema especial para traballadores por conta allea agrarios: a contía da base reguladora non poderá ser superior á media mensual da base de cotización que corresponda aos días efectivamente traballados durante os 12 meses anteriores á baixa médica.
  • Traballadores incluídos no sistema especial para empregados do fogar: divídese a base de cotización correspondente ao mes anterior á baixa entre 30.

Base reguladora en caso de incapacidade temporal ou desemprego

Neste caso, a base reguladora calcúlase aplicando a norma xeral: dividir a base de cotización entre os días do período cotizado (28, 29, 30 ou 31, segundo o caso). Porén, hai que ter en conta que non se cobra o 100% da cantidade resultante, senón que a Seguridade Social estipula a porcentaxe que corresponde nos seguintes casos:

  • Enfermidade común ou accidente non laboral:
    • 60 % da base reguladora correspondente desde o día 4 ata o día 20 do mes, ambos incluídos.
    • 75 % da base reguladora correspondente a partir do día 21, incluído.
  • Accidente de traballo ou enfermidade profesional: 75% da base reguladora desde o primeiro día que se ten dereito ao cobramento.
Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Base reguladora en caso de xubilación

Para calcular a prestación económica que corresponde a cada traballador, o primeiro que se fai é ter en conta as bases de cotización á Seguridade Social dos anos previos á xubilación. Despois disto, calcúlase a base reguladora. En 2017 calcúlase dividindo a suma das bases de cotización dos 240 meses inmediatamente anteriores ao mes previo ao feito causante entre 280. Desde 2022, o cociente será de 300 dividido entre 350, pois computaranse os últimos 25 anos.

Finalmente, á base reguladora resultante sonlle aplicados uns parámetros en función dos anos totais cotizados polo traballador:

15 anos cotizados: 50% da base reguladora.

35 anos e 6 meses cotizados: 100% da base reguladora.

• Desde 2027 esixiranse polo menos 37 anos de cotizacións para alcanzar o 100 % da base reguladora.

Coñecer que é e como se calcula a base reguladora é fundamental para facer números e comezar a organizar o futuro en función da prestación económica que nos corresponderá. Se che preocupa que non cotizases o suficiente cando chegue o momento da xubilación e, polo tanto, temes ver diminuído o teu nivel adquisitivo, podes recorrer a un plan de pensións BBVA.

Ao entrares en bbva.es poderaste informar do plan de pensións máis adecuado para ti en función da túa idade e do teu perfil como investidor. En moi pouco tempo poderás solicitar un instrumento coa garantía do BBVA e co que asegurarás a túa pensión de xubilación. Ademais, tendo en conta que un dos motivos contemplados pola lei para rescatar o fondo dun plan de pensións é un caso de invalidez grave, un plan de pensións BBVA tamén che garantirá a súa cobertura en caso de incapacidade.

A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?