Onde investir os aforros

Contámosche cales son as mellores opcións para investir os teus aforros e comezar a tirar un maior rendemento ao teu diñeiro.
Unha pregunta recorrente para aqueles que teñen certa cantidade de diñeiro excedente é como investir ese aforro. Gardar o diñeiro nunha conta corrente non beneficia en absoluto. Todo o contrario, este vese deteriorado pola alza do custo da vida. A inflación é o inimigo silencioso dos aforradores, pois erosiona o poder de compra ano a ano e os seus efectos no longo prazo poden ser devastadores. Para evitar esta diminución do valor dos aforros, existe un amplo abano de posibilidades que permiten obter rendemento destes, desde fondos de investimento ata contas que xeran xuros. Neste artigo explicámosche distintas vías de investimento para poderes escoller a que mellor se axuste ás túas necesidades.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.


Aínda que non se teñan moitos aforros, é posible apostar polo investimento sen correr grandes riscos. No entanto, antes de investir sempre é importante analizar como se quere facelo e con que produtos, polo que resulta imprescindible contar coa maior información posible. Unha boa opción é a contratación dun asesor de investimentos xa que, a maioría das veces, a falta de información sobre o produto que se contrata é o principal factor de risco.

Antes de investir, convén dar resposta a certas cuestións:

  • Para que vou investir?
  • Canto vou investir?
  • É unha achega única ou vou facer achegas periódicas?
  • De que prazo dispoño?
  • É importante a liquidez?
  • Que vehículos son os máis favorables fiscalmente para os meus intereses?

Fondos de investimento

Os fondos de investimento permiten achegar o mundo dos mercados financeiros a pequenos aforradores, desde importes reducidos e con comisións axustadas. Os fondos de investimento establécense co diñeiro que invisten todos os seus partícipes, é dicir, trátase de institucións de investimento colectivo (IIC), e están xestionados por profesionais que deciden en que tipo de activos investir, en función da política de investimento do fondo e das expectativas de comportamento dos mercados. Os fondos proporcionan diversificación, unha calidade moi interesante para reducir riscos. Esta diversificación ten como resultado unha maior flexibilidade para adaptarse aos cambios do mercado e aproveitar as oportunidades que este presenta. Os fondos de investimento contan coa vantaxe adicional de estaren exentos de impostos sempre que se reinvistan ou se transfiran a outro fondo, polo que as plusvalías poden acumularse e só se tributan no momento da liquidación das participacións. Isto outorga unha gran flexibilidade para que un investidor vaia adaptando a súa carteira ás novas circunstancias sen preocuparse de cuestións tributarias.

Mercado de divisas

Os intercambios de divisas realízanse de forma electrónica por intermediación dos servizos que ofrecen distintos corredores ou plataformas electrónicas. Os cambios do valor das divisas poden supor unha grande oportunidade de negocio ou investimento sempre que a divisa adquirida mostre unha evolución favorable e se venda a un prezo superior ao que se obtivese. Debido aos moitos factores que afectan a este mercado, de alta volatilidade, este tipo de investimento é aconsellable para investidores con certa experiencia e con amplos coñecementos de mercado.

Depósitos e contas remuneradas

As contas remuneradas son unha grande opción se o que se quere é obter rendibilidade sen correr ningún risco, xa que achegan unha porcentaxe sobre a cantidade total do diñeiro investido na conta. Ademais, con este tipo de contas é posible ingresar ou retirar diñeiro cando se queira, polo que é a opción máis recomendable para os que necesiten unha liquidez moi elevada.

Por outro lado están os depósitos bancarios. Cando se inviste nun depósito bancario, deposítase o diñeiro no banco por un prazo determinado establecido por contrato. Este contrato tamén estipula un xuro exacto, polo que o investimento non depende de índices externos ou da evolución dos mercados. Cando vence o prazo estipulado, recupérase a cantidade total investida máis os xuros xerados polo depósito nese tempo. Tamén é posible que os xuros se vaian aboando pouco e pouco durante a vida do depósito.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Porén, a rendibilidade que ofrecen ambos os produtos está directamente ligada á situación dos tipos de xuro. En contextos como o actual, de tipos moi reducidos, a rendibilidade que ofrecen é moi reducida ou directamente nula.

Escollas o produto que escolleres para investir, sempre é conveniente contratalo contando con toda a información dispoñible. En BBVA Invest ofrecémosche un servizo de asesoramento personalizado sobre as opcións de investimento que mellor se axustan ás túas preferencias e necesidades financeiras. O noso equipo de expertos axudarache a tirar o maior rendemento aos teus aforros e a lograr o teu obxectivo. Entra en bbva.es e proba BBVA Invest. Descubre como gañar máis diñeiro cos teus aforros.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.