Distintas formas de aforrar

Descubre as diferentes opcións coas que podes aforrar.
Aforrar debe ser un obxectivo prioritario de todos os fogares. A crise de 2008 fixo patente a importancia de poder contar cun bo colchón para afrontar as situacións imprevistas ou os momentos de incerteza económica. Ademais, está demostrado que, de forma global, o capital acumulado ofrece un rendemento superior á taxa de crecemento económico: o diñeiro xera máis diñeiro e é importante coñecer distintas formas de aforrar. As bondades do aforro a longo prazo compensan sobradamente o esforzo. Neste artigo ofrecémosche uns pequenos consellos para reducires o gasto e recomendacións para investires os aforros e facelos crecer.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Tres consellos para reducires o gasto e aumentares o aforro

O aforro é algo que comeza no día a día, e unha planificación adecuada unida a pequenos xestos pode supor unha diferenza significativa no diñeiro que se aforra ao final do mes. Continúa lendo para coñecer distintas formas de aforrar.

  • Establece un orzamento: o máis importante para comezar a aforrar é fixar un orzamento en que inclúas os ingresos e os gastos. Deste modo, podes facer un seguimento dos movementos da túa conta e identificar en que apartados podes aumentar o aforro ou reducir o gasto.
  • Fixa un obxectivo mensual de aforro: os expertos recomendan aforrar polo menos o 30 % do soldo. Sabemos que isto non sempre é posible e que depende, en boa parte, das circunstancias persoais. Por iso, a nosa recomendación é fixar un obxectivo de aforro realista e que permita cubrir os gastos fixos e necesidades básicas. Ademais, é importante adaptar o aforro a novas circunstancias. Por exemplo, é boa idea aforrar a gratificación anual ou as pagas extra. Tamén adaptar o esforzo de aforro se se producen incrementos salariais.
  • Ponlle nome ao teu obxectivo de aforro: así que decidas que cantidade do soldo podes aforrar cada mes, ponlle nome. O nome pode ser unha meta que queiras cumprir así que alcances o obxectivo, como comprar un coche novo, pagar a universidade dos teus fillos ou facer unha viaxe familiar. Ter presente este obxectivo pódeche axudar a aforrar. A motivación tamén fai milagres.

Produtos de aforro e investimento para lograr as metas


Unha vez acumulado un certo capital, é importante investilo con prudencia e coñecemento, para conseguir que este xere un rendemento e non perda valor en comparación co custo da vida. A inflación é o peor inimigo de calquera aforrador. Estas son as características de varios produtos de investimento que te poden axudar a facer crecer o teu diñeiro:

  • Contas bancarias: o produto de aforro máis sinxelo é a conta de aforro. Neste tipo de contas, o cliente deposita unha cantidade determinada de diñeiro que vai xerando un xuro de forma mensual, trimestral ou anual. A entidade que ofrece o produto é a que fixa o xuro e as comisións que o cliente debe pagar, por tanto, é posible encontrar diferentes condicións dependendo do banco ao que se acuda. Este produto é un dos máis líquidos e seguros, xa que o titular da conta pode dispor do diñeiro no momento que desexe e este está, pola súa parte, garantido polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) ata unha cantidade de 100.000 € por titular e entidade.
  • Depósitos bancarios: os depósitos bancarios son outra opción moi parecida á das contas de aforro canto a seguridade, xa que tamén están garantidos polo FGD. Porén, a súa liquidez é lixeiramente diferente á das contas de aforro. Os depósitos realízanse a un prazo determinado, finalizado o cal, a entidade devolve o principal e os xuros. Tamén é posible percibir os xuros durante a vida do depósito. Tanto os depósitos bancarios como as contas de aforro son opcións que moitos españois escollen para obteren un rendemento dos aforros porque, a pesar de que ofrecen unha rendibilidade menor que outros produtos, proporcionan moita seguridade.
  • Fondos de investimento: outra opción pola que moitos optan á hora de aforrar é a dos fondos de investimento. Trátase de institucións de investimento colectivo, que aglutinan o aforro de moitos partícipes para investilo de forma conxunta. Desta forma, conséguense economías de escala que permiten alcanzar mercados a custos que de forma individual non sería posible. A xestión queda delegada nos profesionais da entidade xestora. A rendibilidade e o risco destes produtos de investimento dependen das condicións establecidas polo fondo, pero, en xeral, son unha opción de aforro que permite obter unha maior rendibilidade que os depósitos ou contas bancarias. A pesar de non estaren garantidos polo FGD, tamén ofrecen un alto nivel de seguridade, xa que non se encontran dentro do balance das entidades de crédito. Isto quere dicir que, se a entidade de crédito quebra, os fondos non se verán afectados. Encóntranse supervisados pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.
  • Plans de pensións: os plans de pensións son un vehículo de aforro previsional a longo prazo cun funcionamento moi similar ao dos fondos de investimento: os aforradores realizan achegas que, pola súa parte, son investidas de forma colectiva. No entanto, estes dous produtos diferéncianse principalmente pola súa liquidez. Unha participación nun fondo de investimento permite dispor do diñeiro investido de forma practicamente inmediata, mentres que unha participación nun fondo de pensións só permite aos aforradores disporen do diñeiro en caso de xubilación, falecemento do titular, enfermidade grave ou desemprego de longa duración, entre outros supostos. Recentemente, incrementouse a liquidez destes produtos, xa que desde 1 de xaneiro de 2025 poderán rescatarse participacións con polo menos 10 anos de antigüidade. Para compensar esta liquidez restrinxida, as achegas están fiscalmente incentivadas, o que permite reducir a factura do IRPF grazas ao aforro que vaiamos depositando neles, cuns determinados límites. O obxectivo destes produtos é axudar aos cidadáns a xeraren un aforro complementario á pensión cando se xubilen.

En definitiva, existen numerosas formas de aforrar: aínda que o aforro comeza na casa, contratar produtos de aforro e investimento é a mellor maneira de facer crecer o excedente de capital. No BBVA sabemos que cada persoa ten necesidades de aforro diferentes e por iso ofrecemos aos nosos clientes unha gran variedade de opcións, desde contas ata depósitos bancarios, así como fondos de investimento ou plans de pensións. Visita bbva.es ou achégate a calquera das nosas sucursais para obter toda a información que necesites sobre os nosos produtos.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.