Comprar accións ou investir nun fondo

Comparamos as características de ambos os activos.
Os investidores dispoñen de diversos métodos para rendibilizar o diñeiro. Existen produtos de aforro e investimento para todo tipo de perfís, polo que a elección non sempre é sinxela. Un dos principais dilemas vén ao decidir entre comprar accións a título persoal (o que se coñece como investimento directo) ou investir nun fondo de investimento. Se ese é o teu caso, a continuación explicámosche as diferenzas entre ambas as formas de investimento para que escollas a que mellor se adapta ás túas necesidades.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Investimento directo e indirecto

A principal diferenza entre a compra de accións e o investimento nun fondo é que as primeiras supoñen un investimento directo, mentres que no caso do segundo as decisións de investimento son deixadas en mans dunha entidade xestora. No primeiro caso, o investidor pode adquirir directamente as accións do seu interese e decidir sobre a compra e a venda destas, aínda que tamén se pode apoiar nun asesor ou entidade financeira para que o axude a xestionar esa carteira de accións. O funcionamento dos fondos de investimento é distinto. Neste caso, un particular contribúe ao patrimonio colectivo do fondo, que é xestionado por un equipo profesional. O investidor pode decidir cando quere subscribir (comprar) ou reembolsar (vender), pero non ten capacidade de decisión sobre a política de investimento do fondo.

Estas características fan da compra de accións unha transacción individual na que o investidor pode tomar as súas propias decisións e mediar directamente, ou pode contar cun servizo de xestión de carteiras. Polo contrario, os fondos son un instrumento de investimento colectivo que contan co apoio das entidades xestora e depositaria e en que as decisións de investimento son en todo caso do equipo xestor, que se axustará á política de investimento do fondo.

Liberdade á hora de investir

Do anterior dedúcese que comprar accións ofrece unha maior liberdade ao investidor. Este pode decidir a cantidade que quere investir, o momento en que inviste, a empresa ou empresas ás que destina o seu investimento, etc. Trátase, polo tanto, dunha boa opción para usuarios con obxectivos claros que coñecen o mercado e están interesados en aproveitar unha oportunidade concreta.

Esta liberdade non existe para os partícipes dos fondos. Se non están de acordo coa política de investimento da entidade xestora, unicamente poden reembolsar as súas participacións ou traspasalas a outro fondo, pero non poden influír de ningún modo nas decisións de investimento.

Coñecemento e análise financeira

Aínda que a liberdade á hora de investir pode parecer un aliciente, o certo é que tamén supón un reto para os investidores inexpertos. Se se quere obter beneficios coa compra de accións, é recomendable contar cuns coñecementos mínimos das finanzas e o funcionamento dos mercados. A ausencia dunha estratexia de investimento pode levar un investidor a sufrir grandes perdas, pois os mercados de renda variable experimentan volatilidades altas. Ademais, a xestión dunha carteira de investimento require tempo: é preciso estar ao día da evolución das accións, a correlación entre as empresas, os resultados de distintos mercados e moitos outros factores que son determinantes para obter un bo rendemento.

Neste sentido, os fondos de investimento presentan unha gran vantaxe, xa que non requiren ningún coñecemento previo. Este produto de investimento é xestionado por un grupo de expertos, polo que o partícipe non necesita estar pendente dos mercados de valores. Canto a coñecementos financeiros, tan só é necesario comprender as características dos distintos fondos e coñecer o seu valor liquidativo, un dato que se publica diariamente e que reflicte o valor das participacións. O funcionamento dos fondos é bastante sinxelo e o único que require por parte do partícipe é realizar un seguimento periódico.

Nivel de risco e rendibilidade

Comprar accións supón un risco alto para investidores sen experiencia. Aínda que os intermediarios profesionais dos fondos de investimento non poden garantir que non se produzan perdas, si que contan con suficientes coñecementos e experiencia como para minimizar os riscos. Ademais, as modalidades dalgúns fondos garanten a devolución do investimento inicial unha vez transcorrido o prazo establecido.

O risco vai da man doutro factor esencial: a rendibilidade. Normalmente, unha maior rendibilidade implica riscos máis elevados, polo que os fondos moitas veces resultan ser unha opción máis segura pero que ofrece beneficios potenciais máis baixos. Non obstante, a compra de accións non se traduce automaticamente nunha maior rendibilidade se esta non vai acompañada dunha estratexia de investimento adecuada ou se as condicións do mercado non son favorables. En todo caso, existen fondos que invisten todo o patrimonio en accións, polo que quen teña un perfil decidido e aspire a rendibilidades elevadas, tamén pode encontrar a súa opción entre este tipo de produtos.

Unha importante vantaxe dos fondos de investimento é a diversificación, unha das claves para reducir riscos. Un fondo de renda variable pode contar con 40 ou 50 accións. Para lograr ese nivel de diversificación a través do investimento directo, deberíase incorrer nuns custos moi elevados e operar con cantidades altas. Nun fondo de investimento pódese participar desa gran diversificación a custos axustados e desde importes moi reducidos.

Custo e fiscalidade

Os custos e as características fiscais de cada produto tamén poden afectar en gran medida á rendibilidade final. O custo de operar en accións dependerá do mercado no que se medie, pero haberá que pagar comisións por cada operación, sexa de compra ou de venda. Os fondos de investimento contan cunha comisión anual de xestión e outra de depósito (xa descontadas no valor liquidativo que se publica diariamente).

Canto á tributación, os fondos de investimento ofrecen maiores vantaxes fiscais, xa que, aínda que ambos tributan como ganancias patrimoniais, no caso dos fondos de investimento o traspaso entre eles non ten ningún tipo de impacto fiscal, pois só tributan no momento da venda.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Axilidade na xestión

A negociación das accións é máis áxil, pois negócianse a tempo real. Os fondos de investimento tardan un tempo en liquidar (2-3 días) e o partícipe non coñece o valor liquidativo que lle aplicarán no momento de dar a orde. Existe unha modalidade de fondos, chamados fondos cotizados ou ETF, que son un híbrido entre accións e fondos, e cotizan a tempo real. Replican índices (bolsa, renda fixa, divisas…).

En definitiva, a decisión de comprar accións ou participar nun fondo depende do perfil do interesado. Ambas as opcións teñen vantaxes e inconvenientes que o investidor ten que valorar antes de se decantar por un tipo de investimento ou outro. No BBVA ofrecemos todo tipo de produtos de aforro e investimento, entre os que se encontran os nosos fondos de investimento e contas de valores. Visita bbva.es ou calquera oficina BBVA para informarte e comezar a tirar partido aos teus aforros hoxe mesmo.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.