O ciclo de vida incorpórase na gama BBVA Mi Objetivo

Descubre todas as características destes fondos de investimento con ciclo de vida aplicado
A gama de fondos de investimento de ciclo de vida BBVA Mi Objetivo busca adaptarse a distintos horizontes temporais, normalmente ligados a un fito vital, unha necesidade ou un obxectivo de aforro concreto. Os fondos de investimento de ciclo de vida desta gama teñen tres horizontes temporais: 2021, 2026 e 2031. Nos tres casos, o investimento é global e diversificado, combinando distintas clases de activos financeiros e adaptándose ás condicións do mercado e, sobre todo, ao seu horizonte temporal definido. Así, conforme se achega a data fixada, a exposición a activos de máis risco e con maiores posibilidades de rendibilidade vai decrecendo, ao tempo que gañan peso na carteira activos máis conservadores e que ofrecen máis seguridade aos rendementos que se esperan obter. Así, nos tres casos cando se alcanza a data fixada, o volume máximo que investirán en renda variable será o 10 % do total. Esta gama benefíciase das vantaxes fiscais dos fondos de investimento.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Os tres fondos da gama

  • BBVA Mi Objetivo 2021, FI. O máximo que investirá inicialmente en activos financeiros de renda variable será do 30 % (principalmente de mercados desenvolvidos). A súa exposición a mercados emerxentes será, como máximo, do 10 % do total dos activos. Dentro da escala de risco, BBVA Mi Objetivo 2021 sitúase actualmente nun nivel 2 de 7 (considerado risco baixo-medio).
  • BBVA Mi Objetivo 2026 FI: No caso deste fondo de ciclo de vida, os activos de renda variable poden alcanzar a metade da carteira ao inicio do investimento. O investimento en mercados emerxentes pode ser, como máximo, do 15 %. Dentro da escala de risco, BBVA Mi Objetivo 2026 sitúase actualmente nun nivel 3 de 7 (considerado risco baixo-medio).
  • BBVA Mi Objetivo 2031 FI: A exposición inicial a bolsa pode alcanzar un máximo do 70 %, mentres que a exposición a mercados emerxentes se situará nun 20 % como tope máximo. Dentro da escala de risco, BBVA Mi Objetivo 2031 sitúase actualmente nun nivel 4 de 7 (considerado risco medio).

Nos tres casos, a parte da carteira que non estea investida en renda variable destinarase principalmente a renda fixa, tanto pública como privada. Como mínimo o 90 % terá calidade crediticia media ou alta e, en todo caso, non inferior á do Reino de España. É dicir, un máximo do 10 % podería estar investido en emisores de calidade inferior, sen cualificación ou de países emerxentes.

Polo seu carácter global poderá ter a carteira investida en divisas distintas ao euro.

O investimento mínimo inicial en todos estes fondos de ciclo de vida é de trinta euros. Pola súa filosofía, orientada ao aforro que busca conseguir un obxectivo concreto, unha forma adecuada de investir neles é mediante achegas periódicas.

O investimento nos fondos da gama BBVA Mi Objetivo pode liquidarse en calquera momento, xa que non teñen comisión de reembolso.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Que son os fondos de ciclo de vida?

Tamén coñecidos coma fondos con data obxectiva, os fondos de ciclo de vida xestiónanse en función dun horizonte temporal prefixado, para que ao investidor lle resulte máis fácil cumprir o obxectivo de aforro que se marcou. Por iso, nos primeiros compases do investimento terán maior exposición en activos de risco como a renda variable, na procura dunha maior rendibilidade. E, a medida que se achega o final do prazo de investimento, vaise reducindo progresivamente o risco con investimentos en renda fixa (por exemplo, bonos) e liquidez, en busca de preservar os aforros obtidos.
CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.