Descuberto tácito en conta, que é?

Explicámosche en que consiste e como evitalo
O descuberto tácito en conta prodúcese cando o cliente dun banco queda sen saldo na súa conta e entra en números vermellos. Isto significa que o diñeiro existente na túa conta non é suficiente para facer fronte a un determinado pagamento e a túa entidade bancaria admite o descuberto tácito e adianta o diñeiro necesario para cubrir esa débeda, aínda que por facelo cobra unha comisión e/ou uns xuros que dependen da contía da débeda contraída. Esta situación pódese desencadear cando non se fixo unha boa previsión da relación entre cobramentos e pagamentos. Ou tamén cando se producise algún imprevisto, como o atraso no cobramento da nómina ou a existencia dun pagamento que non se esperaba.
Para coñecer a contía dos xuros e comisións que pode xerar o descuberto tácito en conta, haberá que recorrer ao contrato de apertura da conta. Nel recóllense as condicións xerais deste e outros supostos.

Comisións frecuentes do descuberto tácito en conta

Aínda que cada entidade bancaria aplica diferentes xuros e comisións ante un descuberto tácito en conta, algúns dos máis frecuentes son:

  • Xuros debedores. Son os que se aplican sobre os números vermellos. Calcúlase multiplicando o saldo negativo polo número de días de descuberto tácito e polo tipo de xuro debedor que se pactase.
  • Comisión de descuberto tácito. É a comisión que se cobra por entrar en descuberto tácito. Para calculala, tómase o maior saldo debedor do período de liquidación e aplícaselle unha porcentaxe, que en ningún caso poderá dar lugar a unha TAE superior a 2,5 veces o xuro legal do diñeiro nos descubertos tácitos en conta con consumidores.
  • Comisión pola reclamación do descuberto tácito. Se o descuberto tácito en conta se alonga uns días, a entidade bancaria pode repercutir esta comisión fixa polas xestións realizadas para reclamar ao cliente ese saldo negativo.
A comisión ou xuro cobrarase cando se produza a liquidación da conta no prazo que se pactase coa entidade na que se ten a conta (un mes, tres meses…). A maioría de entidades bancarias ofrecen un sistema de avisos para que o cliente estea ao tanto do momento en que a súa conta entra en números vermellos.
Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Movementos previstos, a mellor forma de protexerse

Unha das mellores maneiras de te protexeres ante a posibilidade de sufrir as comisións e xuros dun descuberto tácito en conta é consultar os teus movementos previstos en BBVA Bconomy. Con esta nova funcionalidade, poderás levar un control sinxelo dos teus gastos e ingresos. “Movementos previstos” informa sobre o balance entre ingresos e gastos que terás o mes seguinte, con base no histórico dos teus saldos e movementos no BBVA (con datos desde 2007). Ademais de pagamentos que teremos que afrontar con certeza, como o recibo do IBI, do seguro ou a mensualidade da hipoteca ou o alugueiro, a funcionalidade ten en conta as compras ou as retiradas de efectivo que efectuamos, ofrecéndonos un diagnóstico moi aproximado e valioso do saldo que se espera que teñamos a un mes vista. Unha información moi útil para tomar decisións coa maior cantidade de información posible.

Por outra banda, na app do BBVA desenvolvemos un chatbot que tamén pode axudarte a xestionar as túas finanzas. Imaxina un asistente persoal dispoñible as 24 horas e deseñado para controlar ao máximo o teu orzamento mensual. Tes dúbidas sobre conceptos financeiros? Queres recibir promocións personalizadas en función do teu perfil? Non te preocupes, o noso chatbot encargarase de todo para que a túa vida sexa un pouco máis sinxela.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas