Subrogación

Unha subrogación dunha hipoteca (préstamo hipotecario) é un tipo de novación, é dicir, un acordo polo que se modifican as condicións do contrato de préstamo co fin de substituír a persoa ou entidade (subrogación persoal ou subxectiva) ou a cousa obxecto do contrato (subrogación real ou obxectiva). Mentres que as subrogacións obxectivas (substituír o ben hipotecado) son moi escasas, as subrogacións subxectivas teñen maior utilidade práctica, e distínguense dous tipos:

  • A subrogación de debedor ou entre particulares, que supón un cambio de titular debedor do préstamo hipotecario. Este tipo de subrogacións é habitual cando unha persoa compra unha vivenda que xa está hipotecada. O banco realizará un estudo de riscos para admitir ou denegar a solicitude de subrogación do novo debedor.
  • A subrogación de acredor ou entre entidades, que supón o cambio de banco por decisión do cliente debedor do préstamo. Consiste basicamente en alcanzar un acordo co banco para cambiar o préstamo hipotecario a outro banco que pode ofrecer mellores condicións dalgún tipo, como beneficios na modificación nas condicións da operación, no prazo de amortización, etc.

Tamén che podería interesar

  • Sen comisións nin condicións para gozar destas vantaxes.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual da tarxeta de débito.
    • E, por suposto, sen necesidade de domiciliares a nómina ou recibos.

    Gratis, sen comisións nin condicións e sen papelame.

    Só para novos clientes.

  • Para mozos de entre 18 e 29 anos.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual na túa tarxeta de débito.
    • Sen necesidade de nómina.

    Sen comisións só por usar a túa tarxeta unha vez ao mes (sacar diñeiro, pagar as túas compras, etc.).