Oferta pública de adquisición (OPA)

A OPA é unha operación que se realiza no mercado de valores a través da cal unha sociedade expresa publicamente o seu desexo de adquirir unha parte ou a totalidade dos títulos dunha compañía que cotiza en bolsa. A operación vai dirixida a todos aqueles que posúan accións da compañía, aos que se ofrece un prezo determinado de adquisición para cada un dos títulos. O obxectivo da OPA é a toma de control da sociedade obxecto da oferta. Pode ser amigable (de acordo cos directivos da empresa “opada”) ou hostil (sen acordo).