Xubilación parcial

A xubilación parcial é aquela que se inicia antes de cumprirse a idade ordinaria de xubilación, mediante a cal mantemos parte da nosa actividade laboral.

A xubilación parcial pode adoptar dúas modalidades: Con contrato de remuda (a empresa estará obrigada a contratar outro traballador que complete as horas que o xubilado parcial deixa sen cubrir) e sen contrato de remuda. Tamén é posible compatibilizar a pensión de xubilación cunha actividade a tempo parcial unha vez que xa se accedeu á xubilación, no que se coñece como xubilación flexible.

Polo xeral a xornada laboral resultante para o traballador que desexa acollerse a unha xubilación parcial vese reducida entre un 25 % e un 50 %.

O xubilado parcial recibe unha pensión correspondente ao que se reduce a súa xornada laboral, do mesmo xeito que cobra a parte proporcional das horas traballadas.

Cando se pasa da xubilación parcial á plena hai que recalcular o importe da pensión, xa que se teñen en conta as cotizacións efectuadas durante o tempo que durou a xubilación parcial.

Para calcular a base reguladora da pensión téñense en conta as bases de cotización correspondentes ao tempo parcial de traballo como xubilado parcial. Estas bases contabilizaranse ao 100 % da contía que lle correspondería se seguise traballando a xornada completa.

A pensión non se vería reducida cos coeficientes redutores por non alcanzar a idade ordinaria de xubilación (65 anos e 4 meses en 2016), que si se aplicarían cunha xubilación anticipada (total).

Para facer efectiva a xubilación parcial deben darse as seguintes condicións:

  • Ter un contrato a tempo completo.
  • Ter unha antigüidade na empresa de, polo menos, 6 anos.
  • A redución da xornada debe ser dun 25 % a un 50 %, que se poderá incrementar ao 75 % se a persoa contratada para a remuda é contratada a tempo completo e con contrato indefinido.
  • Ter como mínimo un período de cotización de 33 anos. 

O contrato de remuda debe formalizarse cunha persoa desempregada ou que estivese traballando nesa mesma empresa cun contrato temporal, ou polo menos, o tempo que lle falte á persoa substituída para alcanzar a idade ordinaria de xubilación.

Tamén che podería interesar

  • Comeza a planificar a túa xubilación cos plans de pensións do BBVA e goza de vantaxes fiscais.