ISIS, International Security Identification Number

Código único alfanumérico, de doce caracteres, que identifica internacionalmente unha emisión ou instrumento financeiro. O código ISIN emprégase amplamente na contratación, compesación e liquidación de valores, tanto a nivel nacional como internacional. Está composto polo código de identificación do país, un número básico asignado pola axencia de codificación pertinente e un díxito de control. En España, os códigos ISIN asígnaos a Axencia Nacional de Codificación de Valores, dependente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).