07/09/2026 Análise semanal
Os mercados chegan a setembro nunha situación particularmente interesante. Despois dun ano moi positivo para os activos de risco, o curto prazo presenta suficientes obstáculos para xustificar unha maior cautela durante as vindeiras semanas. Pero cómpre distinguir entre o que pode xerar volatilidade temporal e o que realmente pode mudar a dirección do ciclo. E, por agora, pensamos que os grandes soportes fundamentais que impulsaron os mercados durante os últimos anos continúan intactos.
02/09/2026 Análise semanal
Neste episodio do pódcast de mercados de Banca Privada BBVA, Axel Cardín e Álvaro Manteca propoñen un exame particular de setembro: cinco materias que determinarán en grande medida o comportamento dos mercados durante os próximos meses.
31/08/2026 Análise semanal
O índice MSCI ACWI, que representa a renda variable global, marcou un mínimo de 550 puntos o día 12 de outubro dese ano. Hoxe está por riba dos 1.150 puntos. En menos de catro anos, a bolsa mundial duplicou de sobra o seu valor.
O mundo "arranxouse" nese preciso momento? Empezou a ir todo ben? Nada máis afastado da realidade. O mercado comezou a escalar entón o muro da preocupación e non deixou de facelo desde entón. Neste pódcast, imos facer unha viaxe a través de 10 crises que se produciron nestes últimos catro anos, pero que non puideron acabar cun dos movementos alcistas máis sólidos das últimas décadas.
24/08/2026 Análise semanal
Durante moitos anos vivimos nun mundo onde parecía que sobraba diñeiro. Os gobernos podían endebedarse a tipos extraordinariamente baixos, as empresas financiaban case calquera proxecto con facilidade e millóns de familias chegaron a contratar hipotecas a tipos que hoxe parecen difíciles de imaxinar. En Europa mesmo chegamos a convivir con tipos de xuro negativos: prestar diñeiro a algúns gobernos significaba aceptar que devolverían menos do que lles entregaramos. Afixémonos tanto a aquela situación que acabamos considerándoa normal. Porén, esa época terminou e cada vez é máis evidente que o verdadeiramente excepcional foron aqueles anos.
17/08/2026 Análise semanal
O noso organismo funciona a partir dun balance enerxético. A diferenza entre as calorías que inxerimos e as que consumimos determina, ao longo tempo, a evolución das nosas reservas enerxéticas.
As nosas finanzas persoais responden a unha lóxica sorprendentemente similar. A diferenza entre o que ingresamos e o que gastamos determina a nosa capacidade de aforro e, co tempo, a acumulación de patrimonio.
12/08/2026 Análise semanal
Durante este verán falouse moito d´A Odisea, unha das películas máis esperadas do ano. E, tendo en conta as diferenzas, a metáfora describe bastante ben o que viviron os mercados durante as últimas semanas.
10/08/2026 Análise semanal
Nos mercados tendemos a asumir que o éxito consiste en identificar a gran tendencia do futuro antes que ninguén. No entanto, a historia recente dun coñecido fondo especializado en intelixencia artificial lémbranos que, ao investir, ter razón pode non ser suficiente.
04/08/2026 Análise semanal
Nas últimas semanas soubemos dalgunhas operacións que ilustran ata que punto a intelixencia artificial está a entrar nunha nova fase. O exemplo máis recente atopámolo en Nvidia, que volveu situarse no centro da atención cunha nova batería de acordos destinados a acelerar o desenvolvemento do sector.
27/07/2026 Análise semanal
Os próximos días poden converterse nunha das semanas máis importantes do verán para os mercados. Despois de varias semanas marcadas pola incerteza xeopolítica e polas dúbidas sobre a rendibilidade dos investimentos en intelixencia artificial, os investidores terán agora a oportunidade para comprobar se os principais piares que sustentaron as bolsas durante este ano seguen intactos.
20/07/2026 Análise semanal
A tempada de resultados do segundo trimestre comeza en Europa cunhas expectativas que non viamos desde hai anos. Tras un longo período en que o crecemento dos beneficios quedou moi por detrás do rexistrado nos Estados Unidos, as empresas europeas afrontan esta campaña coa posibilidade de lograren o maior avance nas súas ganancias desde comezos de 2023.
13/07/2026 Análise semanal
A composición da riqueza nos Estados Unidos experimentou unha transformación estrutural sen precedentes. Por primeira vez desde que se rexistran datos estatísticos, o 34% do patrimonio total dos fogares estadounidenses está investido en renda variable. Este fito non só representa unha marca histórica, senón que certifica o destronamento formal do sector inmobiliario como o principal vehículo do aforro familiar, que viu como o seu peso relativo se contraía ata o 26% da riqueza nacional.
06/07/2026 Análise semanal
Esta semana, os Estados Unidos celebraron o 250 aniversario da súa independencia. Máis alá do simbolismo histórico, a efeméride ofrécenos unha magnífica escusa para facer un exercicio que os investidores realizamos con demasiada pouca frecuencia: deixar de mirar a última semana, o último dato de inflación ou a próxima reunión da Reserva Federal e ampliar o horizonte temporal.
Podcast
02/07/26 Análise mensual
Os investidores comezaron a abandonar algúns valores tecnolóxicos, o mercado comeza a esixir resultados onde antes abondaba coas expectativas.