Desde o 30 de xaneiro de 2026 o seguro de responsabilidade civil é obrigatorio en toda España para os vehículos que entren na categoría de vehículos de mobilidade persoal, é dicir:
Nesta categoría adoitan estar: patinetes eléctricos, monociclos eléctricos, scooter eléctricas ou hoverboards. Se tes dúbidas, podes consultar unha lista con todos os modelos de mobilidade persoal no web da DXT.
Os vehículos de mobilidade persoal (VMP), e en especial o patinete eléctrico, convertéronse na alternativa perfecta para moverse pola cidade. Son un transporte limpo e accesible que axuda a reducir as emisións, aliviar o tráfico e acelerar os traxectos curtos.
Non obstante, o seu auxe tamén trouxo un aumento dos accidentes. Por iso, a nova lei busca garantir que calquera vítima dun accidente con estes vehículos estea protexida e reciba a compensación polos danos sufridos.
Consulta a información dos teus seguros en Espacio Seguros e recibe ofertas exclusivas deseñadas só para ti.