Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
Paga os teus recibos dun xeito cómodo e sinxelo, sen ser do BBVA.
Facer os teus pagamentos co BBVA non che custará nada
0 € de comisións
Non che cobraremos por pagar os teus recibos de forma dixital.
Ti elixes
Podes facelo desde a app (só clientes), desde a web ou desde unha oficina ou caixeiro BBVA.
Sen ser cliente
Se decides usar a web, só precisas ter o teu usuario.
Como podes pagar os teus recibos?
Sen horarios nin esforzo, desde a túa área privada
Se xa es cliente, accede a Pagamento de recibos non domiciliados desde a túa área privada en bbva.es ou na app.
Se non es cliente e xa te rexistraches no espazo usuario do BBVA, accede desde a túa área privada en bbva.es. Moi pronto tamén o poderás facer desde a app.
Se aínda non estás rexistrado no espazo usuario nin es cliente, podes rexistrarte gratis e sen compromiso. Neste espazo, ademais, atoparás distintas funcionalidades e ferramentas para as túas xestións do día a día.
Tamén podes pagar os teus recibos non domiciliados en calquera oficina e caixeiro automático do BBVA, sen necesidade de facerte cliente nin de rexistrarte como usuario.
Descubre outras cousas que podes facer creando o teu usuario, sen ser cliente
Ter todos os teus bancos nun mesmo lugar
Podes agregar todas as contas, tarxetas e produtos que teñas noutras entidades. Así poderás xestionar e controlar mellor o teu diñeiro.
Coñecer o prezo dunha casa
Da túa ou desa da que namoraches e queres mercar. Tamén podes analizar un barrio e descubrir se che convén máis alugar ou comprar.
Compartir gastos con quen ti queiras
Fixeches un plan con familiares ou amigos e toca facer contas? Coa app podes crear grupos para compartir os gastos con eles, sexan ou non clientes do BBVA.
Aínda non tes o teu usuario? Podes crealo gratis en menos dun minuto