Apple Pay: a túa tarxeta BBVA no teu iPhone

Engade a túa Tarxeta BBVA ao teu dispositivo Apple e poderás pagar con el en tendas, apps e webs.

Paga en calquera lugar a través do teu iPhone.

Paga as compras que realices en calquera establecemento, app e web desde o teu iPhone, iPad, Apple Watch e Mac grazas a Apple Pay.
  • Pagamento cómodo e fácil.
  • Operatividade desde calquera dispositivo Apple.
  • Máxima seguridade ao non gardar os datos proporcionados.

Como funciona Apple Pay?

  • En iPhone
    • Unha vez rexistrada a tarxeta para poderes usar Apple Pay, terás que utilizar unha función ou outra segundo a versión de iPhone que teñas:
      • Co iPhone 6 ou superior utiliza Touch ID (1): pon o dedo no sensor e achega o dispositivo ao lector.
      • Co iPhone X utiliza Face IDE: fai dobre clic no botón lateral, mira á pantalla e achega o iPhone ao lector.

    (1) Apple Pay funciona co iPhone 6 ou posterior en tendas, apps e sitios web, a través de Safari; co Apple Watch en tendas e apps (require un iPhone 6 ou superior); co iPad Pro, iPad (5ª xeración), iPad Air 2 e iPad mini 3 ou posteriores en apps e sitios web a través de Safari; e co Mac (2012 ou posterior) en sitios web a través de Safari usando un iPhone ou un Apple Watch con Apple Pay activado. Para veres a lista de dispositivos compatibles con Apple Pay, consulta esta páxina.

Como pagar con Apple Pay?

  •  A continuación explicámosche as diferentes formas que tes de pagar con Apple Pay:
    En Apple Watch
    • Inicia a app Apple Watch no teu iPhone, selecciona Wallet e Apple Pay.
    • Selecciona Engadir tarxeta de crédito ou débito e segue as instrucións que aparecerán en pantalla.
    • Cando queiras utilizar o teu Apple Watch para pagar, simplemente fai dobre clic no botón lateral e achégao ao lector.
    Pagamento a través de Internet
    Así que rexistres a túa tarxeta en Apple Pay, utilizar esta aplicación para pagar na mesma app e ou en sitios web é moi sinxelo: no primeiro caso non tes máis que seleccionar Apple Pay no momento de pagar e identificarte con Face ID ou Touch ID. Se estás utilizando Safari no teu iPhone, iPad ou Mac basta con que o selecciones, sen ter que crear contas nin completar formularios interminables.

O teu banco no móbil coa app do BBVA

Funcionalidades relacionadas