Como reempregar unha transferencia

Contámosche como podes aforrar tempo reempregando unha transferencia realizada previamente.

Explicámosche como reempregar unha transferencia e así aforrar tempo e incomodidades.

Se queres realizar unha transferencia a un destinatario ou a unha conta que xa utilizases antes, podes reempregar a operación e evitar, así, volver introducir os datos necesarios para emitir a transferencia. 

Para reempregar unha transferencia terás que seguir os seguintes pasos: 

  1. Accede a bbva.es e identifícate co teu usuario e contrasinal. 
  2. Sitúa o rato sobre a conta desde a que queres facer a transferencia.
  3. Seleccionar o botón “Quero” e, a continuación, a opción “Realizar transferencias / traspasos”.
  4. Elixir a opción “Transferencias” ou “Traspaso entre as miñas contas”
  5. Facer clic no botón “Reempregar transferencias realizadas”.
  6. Selecciona a transferencia do “Histórico de transferencias realizadas”. Para realizar este paso poderás usar dous métodos de busca:
    • Utilizar o buscador para buscar polo nome do destinatario, ou ben polo concepto que especificaches na anterior transferencia. 
    • Buscar na listaxe de transferencias realizadas por data, importe, beneficiario ou concepto. 

Unha vez seleccionado o destinatario, poderás confirmar ou editar todos os datos en cada un dos pasos para realizar a transferencia que se enumeraron no apartado anterior.