Como cambiar a miña conta Bizum desde outro banco?

Explicámosche cales son os pasos que hai que seguir.
TRANSFERENCIAS

 

Por cuestións de seguridade, un número de teléfono* só se pode asociar a unha conta bancaria (IBAN) dunha soa entidade. Para cambiar a túa conta de Bizum doutro banco ao BBVA deberás:

  1. Darte de baixa de Bizum na entidade coa que o teñas activo. Desta maneira desvincularás o teu número de móbil da conta bancaria do banco onde realices a operación e poderaste dar de alta con ese mesmo número de móbil no BBVA (ou en calquera outra entidade, se o prefires). Busca dentro do apartado “Bizum” a opción “Axustes”.
  2. Darte de alta no BBVA. Se non lembras como facelo, preme aquí

* É posible asociar máis dun número de teléfono a unha mesma conta bancaria. Por exemplo, a túa parella e ti podedes dar de alta os vosos números coa mesma conta.