Como funciona unha tarxeta de crédito

Axudámosche a entender cal é o funcionamento das tarxetas de crédito

Poucos obxectos resultan máis útiles no noso día a día que unha tarxeta de crédito. Como método de pagamento, este ‘plástico’ é persoal e intransferible de tal xeito que soamente o pode utilizar o titular.

Ademais, unha tarxeta de crédito dános acceso a unha liña de financiamento que nos pode facer a vida moito máis fácil. Vexamos como.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Un crédito cando o necesites

A principal característica dunha tarxeta de crédito é que permite ao seu titular dispor dunha cantidade de diñeiro, aínda que non teña nese momento diñeiro na conta asociada á tarxeta. Isto é posible grazas a que a nosa entidade bancaria nos concede un crédito que vai asociado á tarxeta. É unha liña de crédito á que poderemos acceder de maneira áxil á hora de realizar calquera pagamento coa tarxeta.

No referente ao límite de crédito das tarxetas, existen diferenzas de acordo cos tipos de tarxetas de crédito que hai no mercado, cuxa concesión, principalmente, está ligada á capacidade de pagamento do titular.

Como se devolve o diñeiro

As compras que se realizan cunha tarxeta de crédito vanse acumulando na tarxeta e cárganse na conta asociada do titular de dúas formas diferentes:

  • Ao comezo do mes seguinte: Xeralmente o día 5 cárganse todos os gastos realizados no mes anterior. Con esta modalidade non se pagan xuros.
  • Pagamento adiado: As tarxetas de crédito tamén permiten adiar o pagamento do gastado en cómodos prazos. Esta forma de pagamento ocasiona uns xuros que varían en funcion de cada entidade bancaria.
Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Servizos e beneficios asociados ás tarxetas de crédito

Moitas das tarxetas de crédito que actualmente ofrecen os bancos veñen asociadas a unha serie de beneficios. Por exemplo, hai tarxetas que ofrecen descontos por recargar en diversas gasolineiras mentres que outras devolven unha porcentaxe do importe das compras realizadas coa tarxeta. Doutra banda, algúns destes plásticos teñen un programa de puntos que o usuario pode trocar para conseguir descontos ou produtos do seu interese.

Do mesmo xeito, algunhas tarxetas de crédito teñen vinculada a contratación dun seguro. Estes son os máis habituais:

  • Seguro de viaxe: o normal é que cubran un límite de gasto por roubo, accidente ou calquera outra continxencia que se produza durante a viaxe, incluídos o atraso ou a cancelación da viaxe en avión ou tren.
  • Seguro de roubo ou uso fraudulento: cobre o uso do diñeiro que fose roubado ou duplicado da tarxeta.
CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.