Cambiar de seguro dun coche a outro

Descubre todas as claves que debes coñecer antes de cambiar de seguro.
Na actualidade, existe unha gama tan ampla de seguros de coche que ás veces resulta complicado escoller o máis apropiado. Se callar, o que nun momento parecía a opción máis segura e económica, ao final acaba por ofrecer unhas coberturas incompletas que acaban supondo un gasto maior. Se ves que a túa cobertura actual non é adecuada e estás pensando en cambiar o seguro dun coche a outro seguro diferente, existe unha serie de factores que debes ter en conta. A seguir explicámosche algunhas das claves que che axudarán a tomar a decisión para cambiar ou non de seguro.
Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Cales son os seguros de coche máis habituais?

Existen dous tipos básicos de seguros de coche: os seguros a terceiros e os seguros a todo risco. Cada un deles ten distintas modalidades e complementos que resultan nunha oferta moi heteroxénea. Os seguros a terceiros ofrecen as coberturas básicas obrigatorias pola lei, é dicir, son seguros de responsabilidade civil que cobren os danos causados ao outro vehículo e aos seus ocupantes, ademais dos danos aos pasaxeiros do vehículo causante do accidente. Porén, os seguros a todo risco inclúen tamén a protección do propio vehículo asegurado e do seu condutor, independentemente de se foi este o responsable do accidente.

Como é lóxico, cantas máis coberturas ofrece un seguro, maior é tamén o seu prezo, polo que un seguro a terceiros adoita ser máis barato que un a todo risco. Non obstante, existe outro factor que tamén afecta ao prezo do seguro: a franquía. Os seguros con franquía son unha opción moi popular xa que poden supor un aforro para o tomador. Neste tipo de seguro, o contratante comprométese a aboar unha determinada contía ou porcentaxe dos gastos en caso de sinistro. A cambio, o prezo do seguro é inferior e, se o tomador non se ve involucrado en demasiados accidentes, o aforro é significativo. Isto fai que a elección de seguros con franquía sexa bastante habitual, especialmente entre condutores con maior experiencia.

Pode un seguro a terceiros contar con máis coberturas?


Aínda que os seguros máis habituais son os seguros a terceiros ou a todo risco tradicionais, moitas aseguradoras inclúen certas coberturas adicionais nos seus seguros a terceiros ou crean modalidades intermedias, como os seguros a terceiros ampliados. Tanto o Seguro de coche BBVA e como o Seguro de moto BBVA, por exemplo, inclúen a asistencia xurídica e a asistencia en viaxe mesmo nas modalidades máis básicas de seguros a terceiros.

Así mesmo, é frecuente que as aseguradoras ofrezan aos asegurados a posibilidade de engadir coberturas adicionais para deseñar un seguro á súa medida. Algunhas das coberturas máis comúns son o seguro de accidentes do condutor, a asistencia xurídica, a asistencia en viaxe, a reparación de vidros e a protección en caso de roubo ou incendio. Polo tanto, ao cambiares o seguro de coche a terceiros podes optar por unha opción ampliada ou personalizada que inclúa algunhas destas coberturas.

Interésame a cobertura de accidentes do condutor?

A cobertura de accidentes do condutor é unha das coberturas máis solicitadas polos usuarios. O obxectivo desta cobertura é protexer o condutor asegurado mesmo se este é o culpable dun sinistro, xa que esta prestación non está incluída nos seguros a terceiros básicos.

As características concretas deste seguro de accidentes poden variar considerablemente dunha aseguradora a outra. En xeral, esta cobertura garante unha indemnización por danos físicos permanentes ou por falecemento e tamén se fai cargo dos gastos de asistencia sanitaria e dos traslados urxentes ao hospital. Nalgúns casos, este seguro non só está vinculado ao condutor, senón tamén ao seu vehículo, polo que pode asumir tamén gastos de reparación deste último.

O motivo polo que esta cobertura resulta de grande utilidade é que en España os gastos médicos asociados a un accidente de tráfico non están cubertos pola Seguridade Social, polo que son as aseguradoras ou, en caso de non ter contratada esta cobertura, o mesmo condutor os que se teñen que facer responsables destes. Por esta razón, se vas cambiar de seguro é importante comprobares que inclúe a cobertura do condutor e cales son as súas condicións concretas.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

E a asistencia no seguro de coche?

Outras coberturas estrela son a asistencia en estrada e a asistencia en viaxe. Aínda que con frecuencia se utilizan estes termos indistintamente, a asistencia en estrada fai referencia á axuda destinada ao vehículo e a asistencia en viaxe é a ofrecida aos pasaxeiros. Estas coberturas son de grande utilidade non só en caso de accidente, senón tamén en caso de avaría do vehículo.

A asistencia para o vehículo adoita incluír tanto a reparación in situ do vehículo, se por exemplo se trata dunha picada nas rodas, como o remolque ou rescate en caso de accidentes ou avarías máis graves.

A asistencia para os pasaxeiros proporciona a estes un medio para regresaren ao seu domicilio ou continuaren a viaxe e, en función do completa que sexa a cobertura, pode incluír tamén o seu aloxamento ou manutención nun hotel. Igualmente, contémplase dentro desta cobertura a asistencia sanitaria e o traslado ao hospital do condutor e dos pasaxeiros en caso ser preciso.

Do mesmo xeito que acontece con outro tipo de coberturas, as condicións específicas desta asistencia poden ser moi distintas en función do seguro. Non obstante, estas prestacións poden ser un dos factores que debes considerar ao cambiares de seguro, xa que contar con elas pódete sacar de máis dun apuro.

No Grupo BBVA dispós de numerosas opcións para cambiar dun seguro de coche a outro distinto. Non só terás a asistencia xurídica e a asistencia en viaxe incluídas en todas as modalidades, senón que ademais poderás escoller entre unha ampla gama de seguros e varios paquetes de ampliación opcionais. Visita bbva.es e cambia de seguro hoxe mesmo.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.