Como pedir un préstamo

Convén saber que implica pedir un préstamo e cales son os principais requisitos para acceder a el.

Pedir un préstamo é unha maneira moi común de afrontar certos gastos que exceden a nosa capacidade de pagamento. Comprar un coche, reformar a casa, organizar unha voda, custear os estudos… son moitas as ocasións en que os nosos aforros quedan curtos para pagar estes gastos ou, directamente, preferimos solicitar o diñeiro ao noso banco para ir devolvéndoo aos poucos, sen gastar dunha soa vez ese colchón que fomos aforrando ao longo dos anos.

Sexa como sexa, á hora de acudir a un banco deberiamos saber con exactitude que cantidade de diñeiro necesitamos e cal é a nosa capacidade de pagamento, xa que son dous factores importantes que a entidade bancaria terá en conta para concedernos ou non o préstamo.

Aínda que o normal, é que solicitemos o préstamo á entidade onde temos a nosa conta de uso habitual. Porén, sabías que BBVA ofrece un préstamo a non clientes sen a necesidade de abrir conta? Consulta máis sobre o Préstamo Rápido aquí.

Báner Superior Préstamo Rápido Báner Superior Préstamo Rápido
Préstamo Rápido sen documentos
Se non es cliente, podes solicitar de 3.000€ a 20.000€ de maneira 100% en liña.

As claves sobre como pedir un préstamo persoal

Para elixir o préstamo que mellor se adapta ás nosas necesidades debemos prestar atención a tres claves principais:

O capital que pedimos

É o total do diñeiro que se solicita. A maioría de entidades bancarias ofrecen préstamos a partir dos 1.000 ou 1.500 €, mentres que o límite ao financiamento depende, en gran medida, do perfil do cliente que o solicita.

O xuro que temos que pagar

É o prezo do diñeiro que nos prestan, o que cobra o banco por deixarnos unha determinada cantidade de diñeiro e correr o risco de falta de pagamento. Vén representado nunha porcentaxe á que se refiren como TAE e TIN. Vexamos rapidamente estes dous conceptos:

  • O acrónimo TIN (TXN) fai referencia ao tipo de xuro nominal, o prezo que o banco cobra por prestarnos diñeiro. Calcúlase de acordo cunha porcentaxe sobre o capital prestado ao cliente. Esta porcentaxe aplícase sobre o capital pendente de devolución en cada momento. Dentro do TIN non veñen incluídas as posibles comisións que teña o préstamo.
  • A TAE é a taxa anual equivalente e, do mesmo xeito que o TIN, representa o que custa o préstamo pero esta vez incluíndo as comisións e demais gastos que poden vir asociados á concesión do préstamo.

Polo tanto, á hora de analizar o xuro do préstamo e de comparar entre un banco e outro, a TAE é o dato en que nos deberiamos fixar.

O período de amortización

O terceiro factor máis importante á hora de solicitar un préstamo é o tempo en que o imos devolver, o chamado período de amortización. O máis normal é que este prazo vaia dos dous aos dez anos, aínda que estes períodos poden variar dun banco a outro.

É importante elixir con coidado en que tempo imos devolver o préstamo xa que, aínda que un prazo de amortización máis longo fará as cotas mensuais máis pequenas, co tempo, tamén nos levará a pagar máis xuros. Pola contra, un prazo de devolución máis reducido incrementará esa cota mensual pero fará que o noso préstamo sexa máis barato.

En que se fixa un banco para concedernos un préstamo?

Cando unha entidade bancaria nos presta diñeiro está confiando na nosa capacidade para devolver a cantidade prestada, así como os xuros que previamente se estableceron. É dicir, o banco corre un risco e necesita asegurarse de que como clientes, imos poder restituír o diñeiro recibido. Por iso, o principal criterio para analizar calquera solicitude de préstamo son os nosos ingresos mensuais.

O máis importante é dispor dunha fonte regular de ingresos e que estes sexan suficientes como para permitirnos pagar as cotas mensuais. Por iso, utilízase o coeficiente ou ratio de endebedamento, unha porcentaxe que oscila entre o 35 % e o 40 % máis alá desta non sería seguro prestar unha cantidade determinada de diñeiro a un cliente. Ou o que é o mesmo, se a cota mensual que temos que pagar representa máis dese 35 % ou 40 % do noso soldo mensual, o banco non considerará seguro ofrecernos un préstamo nesas condicións.

Ante esta situación, teriamos que modificar algún dos parámetros anteriormente mencionados para conseguir o noso financiamento: solicitar menos diñeiro, intentar buscar un banco que nos pida un xuro menor ou acollernos a un período de amortización maior.

Si é certo que aínda que os nosos ingresos sexan o factor determinante na concesión dun préstamo, non son o único punto que os bancos teñen en conta para estudar a nosa solicitude. Tamén se valora o número de titulares que solicitan o préstamo, xa que dúas nóminas (ou fontes de ingresos demostrables) ofrecen maior garantía de pagamento que unha soa.

Outra clave que pode decantar a balanza ao noso favor é o noso historial como clientes e pagadores. Se ao longo da nosa vida fomos respondendo con puntualidade a todos os pagamentos doutros préstamos ou créditos, o banco tenderá a confiar máis en nós. Dito isto, non fai falta sinalar que o acceso a calquera préstamo bancario estaranos vetado se caemos nunha listaxe de morosos.

Por último, dispor de bens ao noso nome, como unha casa ou un vehículo, sempre supón un apoio para a nosa solicitude.

Báner Central Préstamo Rápido Báner Central Préstamo Rápido
Queres un préstamo?
Solicitao de maneira rápida e 100% en liña. Sexas ou non sexas cliente do BBVA.

As comisións máis habituais nos préstamos

Á marxe dos xuros que paguemos polo noso préstamo, a maioría dos produtos de financiamento que ofrecen os bancos teñen algunha comisión asociada. As máis comúns son as seguintes:

  • Comisión de apertura: é unha pequena porcentaxe do total do préstamo que se paga ao inicio.
  • Comisión de cancelación anticipada total ou parcial: págase unha porcentaxe do capital pendente de devolver no momento da cancelación do préstamo.

Cando imos solicitar un préstamo debemos saber con exactitude cal é o noso límite de endebedamento, a cota mensual máxima que nos podemos permitir pagar sen pasar ‘estreitezas’ económicas. En función deste dato podemos comezar a explorar diferentes opcións e, como en calquera outra decisión, é importante comparar as diferentes alternativas que nos ofrecen.

CTA Préstamo Rápido CTA Préstamo Rápido
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.