Renting de coches, segunda man ou novos?

Descubre as vantaxes que presenta cada unha destas modalidades de renting.

Aínda que en moitos casos necesaria, a adquisición dun coche constitúe un gran desembolso a longo prazo tanto para particulares como para empresas, xa que a súa mera conservación leva asociada unha serie de gastos ineludibles. Co obxectivo de reducir estes custos, cada vez son máis as persoas que optan por métodos alternativos á hora de accederen a un vehículo. Neste sentido, o renting de coches posicionouse como unha das opcións máis fiables e vantaxosas dos últimos anos. 

En consecuencia do aumento no número de usuarios de vehículos de renting, as empresas dedicadas a este tipo de alugamento comezaron a diversificar a súa oferta, incluíndo modalidades que, ata hai só uns anos, non se contemplaban neste ámbito. Así, hoxe en día, os particulares e as empresas teñen a posibilidade de optaren entre o renting de coches novos ou o renting de coches de segunda man que teñan entre 6 e 24 meses. Neste artigo, contámosche as vantaxes que presenta cada unha destas opcións.

Báner Superior Rénting 2 Báner Superior Rénting 2
BBVA Autorenting
Aproveita as nosas ofertas e unha ampla proposta de coches de alta gama.

Que é o renting de coches?

O renting é un tipo de alugamento de coches a longo prazo cuxa duración adoita oscilar entre os 2 e os 5 anos. Mediante a contratación deste servizo, a empresa de renting pon a disposición do usuario un modelo da súa elección, a cambio dunha cota mensual que se mantén invariable durante todo o período de duración do acordo. 

A gran vantaxe que presenta este tipo de contratos de alugueiro radica na asunción dos principais gastos asociados ao uso do vehículo por parte da empresa provedora; deste modo, os usuarios encóntranse exentos de faceren fronte ás cotas do seguro, aos impostos de matriculación e circulación e aos arranxos e revisións que poida requirir o vehículo. Así mesmo, no caso das empresas e os autónomos, o alugamento dun coche mediante un contrato de renting comporta certas vantaxes fiscais: xa que, a diferenza da adquisición dun coche, o renting é considerado un gasto en lugar dun investimento, o importe correspondente ás cotas do alugueiro pode ser totalmente deducido no imposto sobre sociedades e no IRPF. A pesar de non ter a posibilidade de dispor desas vantaxes fiscais, o renting tamén constitúe unha opción para os particulares ou traballadores por conta allea que queiran dispor libremente dun coche sen necesidade de adquirilo en propiedade. 

Unha vez finalizado o acordo, os usuarios poden optar por devolveren o vehículo, por subscribiren un novo acordo para accederen a un vehículo distinto ou por pactaren a compra do coche que foi utilizado durante o contrato de renting.

Renting de coches novos

Como é evidente, a principal vantaxe que presenta o renting de coches novos fronte ao renting de coches de segunda man radica na posibilidade de estrear un coche novo cada vez que se subscribe un contrato destas características. Independentemente de que a empresa provedora se faga cargo dos gastos asociados ás reparacións e ao vehículo de substitución que se proporciona en caso de necesidade, os coches novos xeran, por norma, menos problemas mecánicos que os coches usados e ofrecen unha experiencia moito máis cómoda e agradable para o cliente. 

Así mesmo, a maioría das empresas de renting ofrece aos futuros usuarios a posibilidade de establecer unha serie de requisitos e preferencias no relativo ás características do vehículo antes de proceder á adquisición deste. Desta forma, o renting dun coche novo implica o alugamento dun vehículo especialmente seleccionado en función das necesidades do usuario.

Báner Central Rénting 2 Báner Central Rénting 2
Descubre o autorénting para empresas de O BBVA
O vehículo que necesitas a unha cota competitiva e con grandes vantaxes

Renting de coches de segunda man

En termos xerais, os coches de segunda man que as empresas de renting poñen a disposición dos seus clientes proceden de contratos de renting previos e contan con poucos anos de antigüidade e unha quilometraxe non moi elevada. Ademais, co obxectivo de garantir o bo estado do vehículo, as empresas realizan controis minuciosos do funcionamento e os aspectos externos (carrozaría e interiores) do coche antes de o poren en alugueiro, ofrecendo aos usuarios a posibilidade de accederen ao historial e ás certificacións mecánicas e visuais deste antes de tomaren a decisión. Desta forma, o renting dun coche de segunda man ofrece todas as garantías asociadas a un coche novo, pero a un prezo considerablemente inferior. 
CTA Rénting 2 CTA Rénting 2
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.