Diferenza entre un préstamo e un crédito

Aínda que a súa finalidade é a mesma, o seu funcionamento dun crédiito e un préstamo ten algunhas diferenzas que convén coñecer.

As entidades bancarias están especializadas en facilitar financiamento aos seus clientes e, entre as diversas opcións que se ofrecen no mercado, os préstamos e liñas de crédito son dous dos produtos máis utilizados tanto por clientes regulares coma por empresas. No entanto, ás veces non se diferencian un préstamo e un crédito cando, en realidade, supoñen maneiras distintas de acceder ao financiamento que necesitamos.

A diferenza máis relevante para o cliente é que, mentres que nun préstamo se accede a todo o diñeiro solicitado dunha soa vez no momento da concesión do préstamo, nun crédito ese diñeiro pódese ir solicitando en función das necesidades que teñamos. Nun exemplo sinxelo, á hora de conseguir un préstamo ‘rompemos’ o peto e conseguimos todo o diñeiro que necesitamos; e de maneira diferente, cun crédito imos sacando diñeiro aos poucos, só cando teñamos que dispor del e sen necesidade de utilizar todo o diñeiro dispoñible.

Báner superior simulador Báner superior simulador
Encontra o financiamento que necesitas
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

A forma de acceder ao diñeiro determina tamén os xuros que se pagan. A diferenza entre un préstamo e un crédito, aquí, é que no primeiro se pagan xuros por todo o capital que nos prestaron; polo contrario, nun crédito páganse xuros polo diñeiro que utilizamos, non polo total de diñeiro que o banco puxo á nosa disposición, aínda que si que pode existir unha comisión de saldo non disposto, isto é, do diñeiro que non utilizamos.

Ademais, no que atinxe ao prazo de amortización, tamén existen diferenzas entre os préstamos e os créditos. Os préstamos teñen un prazo maior, xeralmente de anos, polo que tamén teñen xuros máis elevados.

Un préstamo e un crédito tamén difiren na forma en que o cliente devolve o diñeiro que recibiu. No préstamo, unha vez amortizado todo o capital a través do pagamento das cotas mensuais, dáse por concluída a operación sen posibilidade de acceder a máis diñeiro, non sendo que se formalice un novo préstamo. O crédito funciona de maneira contraria, polo xeral renóvase cada ano para continuar a permitir que o cliente use esa liña de financiamento cando o necesite. Por exemplo, unha maneira de acceder a unha liña de crédito é adquirir unha tarxeta de crédito
Báner central simulador Báner central simulador
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Viaxar, comprar mobles novos ou ampliar os teus estudos é máis fácil cos préstamos en liña.
É importante sinalar que aínda que pon a disposición do cliente un determinado capital, a diferenza da mecánica entre préstamos e créditos fainos adecuados para situacións distintas: os préstamos son máis útiles cando se vai realizar unha compra importante ou cando se necesita unha cantidade de diñeiro que coñecemos con antelación, mentres que o crédito funciona como un apoio puntual para gastos aos que non chegamos de maneira normal.
CTA calcula CTA calcula
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.