Tipos de achegas a plans de pensións

As achegas a plans de pensións poden ser de dous tipos, orientámoste sobre cal delas é máis recomendable

Cando se contrata un plan de pensións, este nútrese das achegas que efectúa o partícipe. Estas achegas, dependendo da súa frecuencia, poden ser de dous tipos: periódicas ou puntuais.

As achegas periódicas son aquelas que se fan regularmente, cunha frecuencia determinada. O normal é que estas achegas se fagan de maneira mensual ou trimestral, pero é posible escoller outras periodicidades. É posible ademais suspender as achegas programadas e retomalas en calquera momento.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Por outra banda, as achegas puntuais son aquelas que se fan de forma esporádica, cando o cliente considera que pode desembolsar unha certa cantidade de diñeiro ou en momentos moi concretos do ano. Precisamente, o habitual para este tipo de achegas é que se concentren en dous momentos nos que os partícipes lembran as bondades fiscais de contribuír a plans de pensións: nos meses de campaña do IRPF e nas últimas semanas do ano, nos que se pecha o exercicio fiscal e se acaban as oportunidades de achegar e desgravar nel.

Destas dúas opcións á hora de achegar ao plan de pensións, cal é a máis interesante para o cliente?

Os beneficios de contribuír de maneira regular ao plan de pensións

Cando un cliente decide comezar a achegar a un plan de pensións, o máis recomendable é facelo de maneira periódica. E non son poucos os motivos.

O primeiro ten que ver co tipo de esforzo económico que supón achegar ao plan de maneira regular e periódica, en pequenas cantidades que non supoñan un grande esforzo para a economía doméstica. O contrario supón desembolsar unha importante cantidade de diñeiro unha ou dúas veces ao ano se se quere manter o nivel de aforro e investimento, o cal non sempre é posible por culpa dos imprevistos económicos.

De feito, as entidades bancarias facilitan a achega periódica ao plan de pensións a través de ingresos automáticos que se realizarán cada mes ou cada trimestre, sen que o cliente deba preocuparse por achegar ao seu plan. Desta maneira, cada achega poderíase computar dentro da economía familiar ou persoal como un gasto máis –en realidade investimento– dentro das contas cotiás. É posible, tamén, programar revalorizacións periódicas das achegas, como por exemplo ordenar que estas se revaloricen automaticamente todos os meses de xaneiro para axustarse á inflación.

Pero a maior vantaxe de facer achegas de maneira regular ao plan de pensións vén coa diversificación do risco. Cabe lembrar que, como produto de investimento, cada achega ao plan de pensións supón a adquisición de participacións do referido plan. E o valor destas, o denominado valor liquidativo, varía de maneira diaria; desta forma, se o cliente só achega unha vez ao ano ao plan comprará todas as súas participacións ao mesmo prezo, e estas poden estar máis caras ou baratas que en meses anteriores. É dicir, aumenta o risco de comprar a un prezo desfavorable.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Porén, coas achegas mensuais ou trimestrais, o risco dilúese coa compra de participacións de diferentes prezos. Conséguese o que se coñece como “prezo medio”, que axuda a diluír os picos de cotización. A longo prazo, esta opción pode resultar máis segura para o investidor.

Por último, cómpre lembrar que as achegas a plans de pensións teñen un límite máximo anual establecido en 8.000 €, que non se debe confundir co límite anual de desgravación, que está fixado na menor das seguintes cantidades: 8.000 € ou o 30 % dos rendementos netos do traballo e actividades económicas.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?