Existe unha xubilación anticipada para autónomos?

Se cumpres certos requisitos, poderás gozar da túa merecida pensión antes da idade ordinaria

Querémosche contar as posibilidades que existen de acadar unha xubilación anticipada para autónomos. O réxime en que se integran os traballadores autónomos é máis restritivo á hora de permitir a xubilación antes da idade ordinaria ca o Réxime Xeral, en que se integran os traballadores por conta allea. Concretamente, os autónomos non teñen a posibilidade de acceder á xubilación anticipada por cesamento involuntario da súa actividade. Si que poden, no caso de acreditaren certos requisitos que tamén son esixidos aos traballadores por conta allea, xubilarse antes da idade ordinaria na modalidade de cesamento voluntario.

Como verás, as posibles estreitezas que che pode deparar unha xubilación anticipada se es autónomo merecen ser tidas en conta non só á hora de tomar unha decisión se estás a punto de xubilarte, senón tamén coa maior antelación posible para planificala desde o punto de vista financeiro.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

O marco legal da xubilación anticipada para autónomos

Aínda que poida resultar obvio, é importante lembrar que se un xubilado quere acollerse ao réxime de xubilación flexible é obrigatorio que llo comunique á Seguridade Social. En primeiro lugar, débeo facer para que a entidade rebaixe o importe da súa pensión na cantidade adecuada e, en segundo lugar, para non incorrer en incompatibilidades que

Un traballador por conta propia ou autónomo ten dereito á xubilación, mesmo anticipada, tal e como a poden obter tamén os traballadores por conta allea, sempre que acredite os períodos de carencia esixidos canto a cotizacións. A prestación calcúlase en función dos seus anos cotizados e das bases polas que cotizasen.

Cando poden acceder á xubilación depende de certos factores que analizaremos con posterioridade.

Segundo estipula o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) da Seguridade Social, o traballador autónomo está obrigado a cotizar desde o primeiro día do mes en que inicia a súa actividade. As cantidades que deberá ingresar pola devandita cotización calcúlanse aplicando o tipo que corresponda á base de cotización, neste caso, as bases de cotización mínimas vixentes a partir do 01/07/2017 teñen que encontrarse entre un mínimo de 919,80 € e un máximo de 3.751,20 € mensuais. Existen, naturalmente, certas bonificacións por idade, por ámbito laboral, por sexo, por idade… en resumo, en función de canto se cotizase causarase unha pensión máis ou menos cuantiosa o día da xubilación. Como traballador, sexa por conta propia ou allea, é imprescindible coñecer a base de cotización, xa que só en función dela pódese determinar a pensión que se percibirá.

A pensión que se comeza a cobrar á idade legal de xubilación percíbese íntegra, tendo en conta que para alcanzar o 100 % se require un período mínimo de cotizacións (polo menos 37 anos desde 2027). En España, a última reforma das pensións decidiu ir atrasando –ata 2027– aos 67 anos a idade ordinaria de xubilación (poderá seguir xubilándose aos 65 anos sen penalizacións quen acredite un período mínimo de cotizacións, que desde 2027 será de 38 anos e medio). De aí que xurda a pregunta: canto tempo antes me podo xubilar se son autónomo e quero cobrar íntegra a miña pensión? En 2018, só tras 35 anos e medio cotizados e xubilándote á idade ordinaria poderás cobrar o 100 % da túa base reguladora. Calquera anticipación con respecto á idade ordinaria suporá ver penalizada a pensión.

A xubilación anticipada de autónomos por cesamento voluntario

A xubilación anticipada de autónomos de forma voluntaria pódese dar ata dous anos antes da idade ordinaria que lles corresponda, sempre que se acrediten os seguintes requisitos:

  • 1. Estar en situación de alta ou asimilada á alta na Seguridade Social.
  • 2. Acreditar polo menos 35 anos de cotizacións efectivas. Para estes exclusivos efectos pódese computar un período máximo de 1 ano de servizo militar.
  • 3. Que a pensión resultante non sexa inferior á pensión mínima que ao autónomo lle correspondería por lei ao completar a idade ordinaria.

Canto se vería penalizada a pensión? Depende do total dos anos cotizados que se acrediten e do tempo que se anticipe a xubilación con respecto á idade ordinaria (trimestre ou fracción de trimestre):

  • Coeficiente do 2 por 100 por trimestre cando se acredite un período de cotización inferior a 38 anos e 6 meses.
  • Coeficiente do 1,875 por 100 por trimestre cando se acredite un período de cotización igual ou superior a 38 anos e 6 meses e inferior a 41 anos e 6 meses.
  • Coeficiente do 1,750 por 100 por trimestre cando se acredite un período de cotización igual ou superior a 41 anos e 6 meses e inferior a 44 anos e 6 meses.
  • Coeficiente do 1,625 por 100 por trimestre cando se acredite un período de cotización igual ou superior a 44 anos e 6 meses.

Para os exclusivos efectos de determinar a devandita idade legal de xubilación, considerarase como tal a que lle correspondería ao traballador se seguise cotizando durante o prazo comprendido entre a data do feito causante e a chegada á idade legal de xubilación que en cada caso resulte de aplicación.

Unha vez aplicados estes coeficientes redutores, o importe resultante da pensión non poderá ser superior á contía que resulte de reducir o tope máximo da pensión nun 0,50 por 100 por cada trimestre ou fracción de trimestre de anticipación.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

O esquema da xubilación anticipada de autónomos e as alternativas para unha boa pensión

Xubilarte antes do previsto pode supor certas penalizacións. Agora ben, pode ser unha opción que consideres. Se é así, é importante que o planifiques coa maior antelación posible, para que poidas cubrir a fenda que pode xerar nos teus ingresos unha pensión minorada polos coeficientes redutores.

Existen, non obstante, diferentes maneiras de facer posible unha boa xubilación anticipada se es autónomo, sobre todo se es previsor. Vexamos, por exemplo, dúas alternativas:

  • O plan de pensións. Existen produtos con excelente rendibilidade desde achegas ínfimas, que ademais podes desgravar da renda. Se es autónomo, seguro que sabes o importante que é desgravar gastos, verdade? Pois ben, un plan de pensións pode ser neste sentido unha excelente idea para iso.
  • O seguro de vida. Esta pode ser outra alternativa para asegurarte unha xubilación sen estreitezas. Paraches a pensar nunha posible discapacidade que che impida, sen ser total, cobrar toda a pensión que che correspondería e exercer a túa profesión? En tal caso, sen dúbida, a prestación dun seguro de calidade pode sacarte dun apuro.

Como ves, unha xubilación anticipada de autónomos paga a pena ser sopesada por adiantado. Ten en conta que neste caso dependes de ti mesmo, polo que non estará de máis unha boa planificación. En bbva.es podes botar unha ollada a algúns produtos da gama de plans de pensións cos que planificar desde o día de hoxe unha xubilación sen apuros.

Polo tanto, se es autónomo, toma as rendas da túa xubilación da man dunha institución de prestixio como o BBVA. Unha decisión que sen dúbida agradecerás o día de mañá, tanto se te xubilas a idade ordinaria ou anticipada.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?