Como funciona a herdanza dun plan de pensións

Contámosche quen pode herdar un plan de pensións e como funciona a súa fiscalidade

Un plan de pensións é un mecanismo de aforro destinado a complementar a pensión de xubilación da Seguridade Social. Trátase dun plan privado e voluntario que en ningún caso substitúe a retribución económica das pensións públicas. Aínda que, en principio e por norma xeral non se pode acceder aos seus fondos ata a xubilación, unha das excepcións é o falecemento do partícipe. Por isto, é necesario explicar quen herda o plan de pensións e como tributa o diñeiro acumulado nel.

Para entender o funcionamento da herdanza dun plan de pensións, é fundamental diferenciar as tres persoas que interveñen neste:

  • Promotor do plan de pensións: calquera empresa, sociedade, entidade, etc, que promove a creación do plan ou participa no seu desenvolvemento.
  • Partícipes: as persoas físicas en cuxo beneficio e interese se crea o plan. É dicir, a persoa cuxa xubilación, incapacidade, dependencia e/ou falecemento cobre o plan de pensións.
  • Beneficiarios: as persoas con dereito a percibir as prestacións do plan. Nas continxencias de xubilación, incapacidade ou dependencia o beneficiario coincide co partícipe. Porén, na eventualidade de falecemento o beneficiario será a persoa ou persoas que o partícipe designase.

É na última continxencia indicada, a que atinxe ao falecemento do partícipe, na que aparece a cuestión da herdanza dun plan de pensións.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Quen pode ser beneficiario da herdanza dun plan de pensións?

Se o partícipe do plan de pensións falece, os dereitos consolidados do plan pasan a corresponder a aquela persoa que designase previamente mediante o boletín de designación expresa de beneficiarios. Ao facer o contrato do plan de pensións o partícipe pode elixir como beneficiarios máis dunha persoa. Nese caso, tamén ten a potestade para definir unhas porcentaxes de herdanza distintas para cada un dos beneficiarios.

Se ocorrese que o partícipe non nomease ningún beneficiario á hora de contratar o plan de pensións, estes serían os designados expresamente no testamento, se os houbese. Hai que destacar que en concorrencia de designación expresa e testamento, prevalecerá a designación coa data máis recente. Se tampouco houber unha designación expresa no testamento, os beneficiarios do plan de pensións pasarían a ser os que se indiquen nas especificacións ou regulamento do plan que, habitualmente, coinciden cos herdeiros legais. É dicir, cónxuxe e descendentes. En última instancia, herdeiros testamentarios ou ab intestato do partícipe.

Como funciona a fiscalidade da herdanza dun plan de pensións?

Antes de aclarar o modo en que os beneficiarios terán que tributar os fondos do plan de pensións, é necesario explicar que ocorre co imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do partícipe do plan falecido. Para o caso do falecido calcularase a cota que hai que ingresar ou a cantidade que hai que devolver que corresponda desde o día 1 de xaneiro ata a data do falecemento.

Agora ben, o beneficiario da herdanza do plan de pensións, no caso de que se cobren os dereitos consolidados, debe saber que as prestacións derivadas dese plan, en ningún caso, tributan no imposto de sucesións. A cantidade recibida polo cobramento do plan considérase sempre rendemento do traballo no imposto sobre a renda das persoas físicas. Polo tanto, os beneficiarios deberán tributar por eses rendementos na súa declaración ao tipo marxinal que lle corresponda, xa que estes pasan a elevar a súa base impoñible xeral.

No caso de que o beneficiario fose unha persoa xurídica, a prestación do plan de pensións herdado comportaríase como unha renda máis que se integraría no seu resultado contable anual. Aquí non se aplicaría o imposto sobre a renda das persoas físicas, senón que se tributaría de acordo coas normas do imposto de sociedades.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Que documentación deben presentar os beneficiarios da herdanza do plan de pensións?


Para poder rescatar os fondos do plan de pensións, os beneficiarios terán que entregar a seguinte documentación:

  • Solicitude de prestación por falecemento. Se houber máis dun beneficiario, sería necesario que cada un deles presentase unha solicitude.
  • Fotocopia do DNI do beneficiario.
  • Fotocopia do DNI do falecido.
  • Certificado orixinal de defunción do partícipe do plan de pensións.
  • Documentación que acredite os beneficiarios como tales: último boletín de designación de beneficiarios, testamento ou declaración de herdeiros, certificado de últimas vontades, escritura de herdanza, libro de familia e, se é o caso, caderno particional.
A miña xubilación A miña xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?