A pensión das clases pasivas do Estado

Características da pensión pública dos funcionarios adscritos ao Réxime das Clases Pasivas do Estado
A pensión pública dos funcionarios adscritos ao Réxime das Clases Pasivas do Estado ten unhas características diferentes ás do resto de traballadores. A primeira diferenza que se pode sinalar é que, mentres que a encargada de xestionar as pensións dos autónomos e traballadores por conta allea é a Seguridade Social, a pensión das clases pasivas recae sobre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas; máis concretamente, a Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas. Pero antes de afondar máis sobre o funcionamento destas pensións, precisemos quen forman parte das denominadas clases pasivas.
Báner Superior Calcula Xubilación Báner Superior Calcula Xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Traballadores incluídos no Réxime das Clases Pasivas do Estado

  • Os funcionarios de carreira de carácter civil da Administración do Estado.
  • O persoal militar de carreira, o das escalas de complemento e reserva naval e o de tropa e mariñeiría profesional que tivesen adquirido o dereito a permanecer nas Forzas Armadas ata a idade de retiro.
  • Os funcionarios de carreira da Administración de Xustiza.
  • Os funcionarios de carreira das Cortes Xerais.
  • Rexistradores da propiedade.
  • Os funcionarios de carreira doutros órganos constitucionais.
  • O persoal interino ao que se refire o artigo 1º do Decreto Lei 10/1965, de 23 de setembro.
  • Os funcionarios de carreira transferidos ás diferentes comunidades autónomas.
  • Os funcionarios en prácticas pendentes da súa incorporación definitiva ao servizo do Estado.

A idade de xubilación das clases pasivas

Para todos os funcionarios anteriormente mencionados, a idade ordinaria e obrigatoria de xubilación é de 65 anos. Cómpre mencionar que esta obrigatoriedade é unha característica que non teñen os traballadores por conta allea ou os autónomos, que contan coa posibilidade de prolongar a vida laboral, unha opción que, ademais, está incentivada no cálculo da pensión.

No entanto, do mesmo xeito que o resto de traballadores, os funcionarios tamén se poden acoller á xubilación anticipada, aínda que os requisitos para acceder a ela son diferentes. En concreto, os funcionarios poden solicitar a xubilación anticipada a partir dos 60 anos e tras ter traballado para o Estado un mínimo de 30 anos.

Pola contra, existe un grupo de funcionarios cuxa idade de xubilación forzosa é de 70 anos. Son os seguintes:

  • Profesores universitarios.
  • Maxistrados.
  • Xuíces.
  • Fiscais.
  • Secretarios xudiciais.
  • Rexistradores da propiedade.

A contía da pensión pública e como complementala

Para acceder á pensión pública por xubilación, o funcionario debeu traballar para o Estado, polo menos, 15 anos. Ademais, para poder comezar a cobrar a pensión no momento da xubilación non é preciso estar en activo.

Unha diferenza con respecto ao resto de réximes da Seguridade Social é que nas clases pasivas non existe un período de carencia específica esixido para poder acceder á pensión. No caso de traballadores suxeitos a esoutros réximes, será preciso acreditar un mínimo de dous anos de cotizacións no intervalo dos quince anos inmediatamente anteriores ao acceso á xubilación.

Entrando en detalle, a pensión pública por xubilación que reciben as clases pasivas depende do corpo e da categoría do funcionario, así como dos anos que este cotizase.

A contía da pensión ordinaria determínase aplicando ao haber regulador que corresponda, segundo o corpo ou a categoría do funcionario, a porcentaxe establecida en función do número de anos completos de servizos efectivos ao Estado. O 100% do haber regulador alcánzase cun mínimo de 35 anos de cotizacións. Os haberes reguladores fíxanse anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para coñecer exactamente cal será esta contía, pódese acceder a unha ferramenta de simulación de pensións públicas que pon á súa disposición a web do Ministerio de Facenda, dentro da sección dedicada ás clases pasivas.

Ademais, os funcionarios tamén contan co Plan de Pensións de Emprego da Administración xeral do Estado. Este plan púxose en marcha no ano 2004 co obxecto de complementar as pensións públicas dos funcionarios. Para iso, o Estado estivo achegando a estes plans de pensións ata o ano 2012. Desde entón, as achegas estatais están conxeladas e o crecemento do plan depende exclusivamente das achegas que fagan os partícipes a nivel persoal.

Precisamente por este motivo, os plans de pensións comezaron a ser un produto de aforro e investimento tan atractivo incluso para os funcionarios, xa que servirán de complemento perfecto á pensión por xubilación.

Báner Central Plan de Pensións Báner Central Plan de Pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Cara á fin das clases pasivas

Desde o 1 de xaneiro de 2011, todos os funcionarios que se incorporen á función pública farano adscritos ao Réxime Xeral da Seguridade Social, quedando en situación de extinción paulatina o Réxime Especial de Clases Pasivas.

Esta normativa, que entrou en vigor co Real Decreto Lei 13/2010, pon aínda máis de manifesto a necesidade de que tamén os traballadores públicos planifiquen a súa xubilación con previsión para, unha vez xubilados, poder manter o seu nivel de vida.

A miña Xubilación A miña Xubilación
Coa colaboración do Instituto BBVA de PENSIÓNS:
Plans de Pensións - Tamén podería interesarche Plans de Pensións - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de Pensións - Ferramentas Plans de Pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?