Achega puntual a un plan de pensións

Descubre as vantaxes de realizar achegas puntuais ao teu plan de pensións.
Chegado o final do ano, moitos investidores pasan revista aos ingresos do exercicio e buscan produtos onde investir o diñeiro aforrado durante o ano co fin de reducir a factura fiscal. E a resposta a esta cuestión encóntrase nos plans de pensións, vehículos de investimento a longo prazo, enfocados principalmente na continxencia da xubilación, que permiten reducir a factura do IRPF a través das achegas que se realizan a eles. É beneficioso realizar achegas puntuais aos plans de pensións ou é mellor establecer unha estratexia de achegas periódicas? Se queres saber as vantaxes de realizar unha achega puntual ao plan de pensións, continúa lendo.
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Tipos de achegas e vantaxes fiscais

Un plan de pensións é un produto de aforro a longo prazo que permite dispor de recursos económicos adicionais tras a xubilación. O capital achegado polos aforradores é investido por unha entidade xestora en función da política de investimento acordado co titular. Tras a súa xubilación, este pode proceder ao rescate das participacións acumuladas e revalorizadas en función do comportamento dos mercados. É dicir, o rescate realizaríase polo valor das participacións nesa data, e poderá realizarse en forma de capital nun só cobramento ou mediante rendas periódicas que se estendan durante varios anos. Tamén, se as especificacións do plan o contemplan, poderase cobrar en forma de rendas vitalicias ou en forma de disposicións.

Os plans de pensións permiten realizar achegas periódicas ou puntuais. No primeiro caso, o titular acorda coa entidade xestora do plan unha serie de achegas regulares, mentres que, no segundo caso, as achegas ao plan se deixan á vontade do partícipe sen unha periodicidade determinada. Por esta razón, moitos dos titulares de plans de pensión realizan as súas achegas puntuais ao final do ano, cando poden calcular con máis exactitude o total aforrado durante o período anterior, os seus ingresos e a cantidade que deberán tributar na súa declaración anual do IRPF. En efecto, unha das maiores vantaxes dos plans de pensións é que as achegas destinadas a estes produtos se deducen da base impoñible do IRPF, coa conseguinte rebaixa fiscal. Esta rebaixa fiscal prodúcese sempre que as achegas anuais se encontren dentro dos límites establecidos pola lei, que se fixan, en territorio común, na menor das seguintes cantidades: 8.000 euros anuais ou do 30 % da suma dos rendementos netos do traballo e/ou actividades económicas.

Flexibilidade das achegas puntuais

Unha das vantaxes máis importantes das achegas puntuais é que permiten acomodar as achegas aos eventos ou imprevistos que poidan xurdir ao longo do ano e tomar a decisión de investir só ao final do ano fiscal.

Moitas persoas sofren altibaixos nos seus ingresos, como aquelas cuxo soldo ten unha parte de retribución variable elevada ou as que desenvolven actividades económicas cuxo rendemento flutúa entre uns anos e outros. Nestes casos, un programa de achegas periódicas pode resultar desaxeitado para as circunstancias económicas do titular. Porén, como a principal vantaxe fiscal dos plans de pensións é a redución das achegas da base impoñible do IRPF, os aforradores cun padrón de ingresos irregular poden aproveitar os anos en que teñen maiores ingresos para faceren achegas puntuais máis elevadas e, así, reduciren a cantidade para tributar.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Outra das vantaxes das achegas puntuais é que, xa que é o investidor o que decide cal é o momento de investir, pode aproveitar mellor as flutuacións dos mercados e achegar diñeiro ao seu fondo cando a situación económica lle sexa máis favorable. Neste sentido, é conveniente atender a estratexia de investimento do plan de pensións contratado, xa que os plans de perfil máis arriscado e cunha alta porcentaxe de investimento en renda variable son os que se ven máis afectados polos cambios bolsistas. No entanto, hai que ter en conta que, sexan do tipo que foren, os plans de pensións son en xeral instrumentos de aforro a longo prazo e, polo tanto, menos sensibles aos movementos puntuais dos mercados que outros produtos de investimento. Tamén está demostrado que, a longo prazo, as estratexias de investimento periódico son as máis rendibles, aínda que sempre é posible aplicar unha estratexia que combine achegas regulares con achegas puntuais en caso de se daren condicións favorables.

É dicir, a estratexia de investimento puntual, máis flexible, é máis adecuada para aqueles con amplos coñecementos de mercados, que poidan entender cal é o momento máis apropiado para realizaren a achega. Non obstante, mesmo para os profesionais é complicado acertar sempre no que a momento de mercado se refire. Por iso, e pola vocación a longo prazo do plan, a estratexia máis segura para a maioría de partícipes é o investimento periódico, pois deste modo dilúese o risco de entrar nun pico de mercado, ao conseguirse un prezo medio (por exemplo, 12 compras, unha por mes, fronte a unha compra puntual).

Agora que xa sabes o que significan as achegas puntuais ao plan de pensións e as vantaxes deste tipo de estratexia de investimento, podes decidir que plan de pensións é o máis adecuado para ti. Se consideras que este tipo de produtos é un bo vehículo para investir os teus aforros, achégate a unha das nosas oficinas ou entra en bbva.es para descubrir a nosa oferta de plans de pensións e escoller o máis rendible para ti en función das túas circunstancias persoais.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?