Como ampliar unha hipoteca

Tipos de ampliacións de hipoteca e as súas características
O préstamo hipotecario pode modificarse para ampliar o seu prazo de amortización, incrementar o importe ou combinar ambas as dúas opcións. Calquera destas modificacións para ampliar unha hipoteca require negociar novas condicións co banco.
Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Ampliación do capital: Consiste en incrementar o importe do préstamo hipotecario, é dicir, dispor de máis fondos. Isto repercutirá en que aumentará o importe da cota que hai que pagar cada mes, sempre que non se amplíe o prazo.

Ampliación do prazo: Solicítase que se aumente o número de anos para a devolución do préstamo, para así facer fronte a unha cota mensual menor.

Ampliación do capital e do prazo: Combínase o incremento do capital do préstamo co aumento do prazo de devolución. Permite o acceso a novos fondos axustando a cota mensual á capacidade económica do debedor para devolver o préstamo.

Requisitos para ampliar hipoteca

Estas ampliacións hai que solicitalas ao banco onde se ten contratado o préstamo hipotecario. O banco pedirá unha serie de documentación/información para comprobar a situación financeira do solicitante. O banco aprobará ou denegará estas ampliacións en función dos seus propios criterios internos.
Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

Custos

Ampliar un préstamo hipotecario pode resultar máis barato que pedir un novo financiamento. Non obstante tamén leva asociados uns gastos tales como notaría, rexistro, comisións por modificación etc. Poden existir tamén outros gastos, por exemplo, se fose necesario realizar unha nova taxación do inmoble ou, cando corresponda, facer fronte a impostos, como o imposto de actos xurídicos documentados no suposto de ampliar o capital.
CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.