Premiados pola xestión dos nosos fondos de investimento e plans de pensións

No BBVA queremos acompañar os nosos clientes e para iso buscamos solucións para canalizar o seu aforro e investimento.

A xestora de fondos de investimento e plans de pensións BBVA Asset Management conseguiu numerosos premios ao longo dos anos. E en 2019 recibiu dous dos premios máis prestixiosos da industria que outorga o diario Expansión:

  • Mellor Xestora de Asignación de Activos a BBVA Asset Management SGIIC.
  • Mellor Xestora de Fondos de Pensións a BBVA Pensiones EGFP.

Ademais, foi galardoada co premio ao Mellor Fondo de Pensións Multiactivo Agresivo co plan de pensións BBVA Plan 30, PPI.

Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Solucións para un obxectivo

No BBVA queremos acompañar os nosos clientes con solucións para canalizar o seu aforro e investimento.

Porque, á hora de investir, todos o facemos buscando sacar o máximo partido aos nosos aforros, para así poder cumprir os obxectivos vitais que queremos atinxir.

Por iso no BBVA puxemos o foco en ofrecer fondos de investimento e plans de pensións, propondo distintas solucións para diferentes perfís e tipos de clientes, cuns resultados moi consistentes ao longo do tempo.

Que é a asignación de activos?

A asignación de activos é o reparto que se realiza entre os distintos tipos de activos á hora de investir (bonos, accións, inmobiliario, divisas…). Este reparto farase tendo en conta en primeiro lugar o perfil de risco do investidor, de tal xeito que a renda variable terá un maior peso para solucións máis decididas e, pola contra, será menor para perfís máis conservadores.

Pero non só o perfil de risco é importante. Unha vez definidos os pesos, a xestión profesional será aquela capaz de achegar unha diversificación real que amplíe as fontes de rendibilidade a un tempo que distribúe o risco entre o maior número de activos, rexións, países, divisas… e unha xestión activa que acerte co mellor momento para investir nos devanditos activos segundo as expectativas do mercado.

O premio á Mellor Xestora de Asignación de Activos vén confirmarnos que estamos traballando no camiño correcto, para pór nas mans dos nosos clientes solucións axeitadas ás súas circunstancias que lles axuden a cumprir as súas metas.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Referentes en pensións

O premio á Mellor Xestora de Fondos de Pensións é un recoñecemento, non só á calidade dos nosos plans de pensións como solucións de aforro para a xubilación, senón tamén ao noso compromiso coa divulgación de contidos sobre planificación financeira e xubilación. Así tratamos de axudar a sociedade a tomar as mellores decisións para planificar o futuro a través da iniciativa A miña xubilación e coa ferramenta de planificación do futuro BBVA Future Planner.

Para o BBVA os galardóns son importantes pero o mellor premio é chegar a ser os xestores de confianza dos nosos clientes. A nosa recompensa maior é que se recoñeza a nosa accesibilidade e proximidade, é ofrecer solucións e non produtos e, por riba de todo, é a satisfacción de que os nosos clientes nos confíen as súas necesidades, obxectivos e soños por cumprir.

Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.